Silvina Paricio orienta

Este é un blog de orientación educativa e académico-profesional para consulta da comunidade educativa. Para orientarte neste blog, tes que seguir as categorías que están á dereita e premer na que che interese.

26/11/15

"Save syrian children". Impactante video

Esta curta amosa a brutalidade e o drama de toda unha xeneración de rapaces e rapazas sirios. Eles e elas representan tamén aos nenos e nenas doutras latitudes que están a ser víctima das guerras: iraquíes, sudaneses, ucranianos, libios, palestinos, ...

Fonte:  Compartido polo orientador Fernando Navarro en La botica del orientador

https://www.facebook.com/albertosardinas/videos/10153190543613011/
Silvina Paricio Tato en 23:03 1 comentario:
Compartir

Violencia de xénero. Cancións e videos


Cancións e videos de interese relacionados coa violencia de xénero 

Crimsaiz. "Te sientes que no eres nadie". Rap contra la violencia de género 2015


El final del cuento de hadas (El Chojin)


Malo (Bebe)


Caricia cruel


¿Hasta cuándo?


Secuelas


Propiedad privada. 1ª Parte


La despedida


Violencia de género y publicitad sexista


Mi película (por alumn@s IES Celso Díaz de Arnedo, en La Rioja)



IESO COLONOS contra la Violencia de Género 2015

Silvina Paricio Tato en 5:53 No hay comentarios:
Compartir

25/11/15

Silvina Paricio orienta, finalista en los Premios Educa 2015


¡¡¡Muchísimas gracias por los numerosos apoyos recibidos!!!


Este blog de orientación educativa -Silvina Paricio orienta- ha quedado como finalista en la primera fase de los Premios Educa 2015, en el puesto decimonoveno (19).


Comienza ahora una segunda etapa del concurso hasta el 6 de enero de 2016. 

Tu apoyo es ahora decisivo para mí.


Haz clic en  http://www.educa.net/finalistas-educacion-2015/.  Una vez allí, busca silvinaorienta.blogspot.com.es (puesto 19) y pincha en la mano que está a la derecha para apoyame con tu voto.

Un saludo muy afectuoso desde el ciberespacio y muchas gracias.
Silvina Paricio Tato en 19:48 No hay comentarios:
Compartir

Maltrato familiar. Materiais para o profesorado.


Recurso didáctico sobre o maltrato familiar obra do colectivo ARELA, con actividades específicas para poder abordalo na aula.

A guía ofrece ao profesorado unha visión xeral do maltrato familiar, cunha pequena definición de maltrato, o perfil dos e das adolescentes con conductas deste tipo e o das súas famiias.

A publicación incorpora actividades para levar directamente á aula e un listado de recursos de apoio para axudar aos alumnos e alumnas a dipoñer de pautas de actuación nas relacións familiares.

Accede aos materiais facendo clic na imaxe

http://www.educabarrie.org/sites/default/files/recurso_educativo/fich_guia/arelamaltratofamiliarcastellano.pdf

Silvina Paricio Tato en 16:41 No hay comentarios:
Compartir

"Non te deixes pisar". Violencia de xénero. Ampa Alhendín

Video en contra da violencia de xénero elaborado pola AMPA  Al-Hamdan, Asociación de Madres y Padres del C.E.I.P. Sagrado Corazón de Jesús de Alhendín (GRANADA).


Silvina Paricio Tato en 1:26 No hay comentarios:
Compartir

24/11/15

Relacións adolescentes contra a violencia de xénero

Actividade realizada polo alumnado de 3º ESO, 3º Diversificación e Formación Profesional Básica do I.E.S.O. Colonos, Gévora con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero o 25 de novembro.

Silvina Paricio Tato en 9:22 No hay comentarios:
Compartir

23/11/15

"Ninguém é Igual a Ninguém" (Nadie es igual a nadie). Curtametraxe protagonizada por nenos e nenas

Esta curtametraxe presenta a inclusión e a diversidade dunha maneira espontánea e divertida nunha escola de educación infantil onde nenos e nenas perciben as pequenas cousas que fan a diferenza. Filme que participou na III Mostra de Curta Metragem na cidade de Novo Hamburgo-RS e foi presentado no cine da cidade. 

A mensaxe que se pretende transmitir é amosar ao mundo que "Ninguém é igual a Ninguém", que o correcto é aceptarnos como somos, e que xustamente iso, que todos somos diferentes, é o que fai que o mundo sexa fermoso e cheo de cores.

Silvina Paricio Tato en 5:38 No hay comentarios:
Compartir

22/11/15

Violencia de xénero. Recursos e actividades

Agustín G. Lázaro, orientador do IES Fernando Savater (Jerez), presenta no seu blog unha completísima e moi variada recompilación de recursos e actividades de todo tipo para a conmemoración, o 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A información está perfectamente clasifcada en distintos apartados:
  1. Actividades para a titoría
  2. Novas de prensa para ler e comentar na clase 
  3. Videos
  4. Guías e propostas para o profesorado
  5. Actividades de anos anteriores
  6. Links a outras fichas de actividades e documentos
 Podes acceder á recompilación facendo clic na imaxe   


Fonte: elorientablog
Silvina Paricio Tato en 21:00 No hay comentarios:
Compartir

"Luka", por Suzanne Vega. Unha canción contra o abuso infantil e a violencia doméstica

"Luka" é unha canción grabada por Suzanne Vega e pubricada como 
single en 1987. É o seu éxito máis vendido nos Estados Unidos, chegando ao número 3 na Billboard Hot 100. Esta canción foi unha das primeiras en tratar o tema do abuso infantil e a violencia doméstica. Pódese empregar como introducción/elemento de motivación para abordar o tema do maltrato e abuso infantil nas titorías da ESO. Para isto, pódense empregar os materias incluidos neste mesmo blog baixo a etiqueta Maltrato infantil
Máis información sobre a canción nesta ligazón.


Silvina Paricio Tato en 18:01 No hay comentarios:
Compartir

21/11/15

Proceso avaliador das necesidades educativas do alumnado con altas capacidades. Guía

Mediante esta guía do CREENA (Centro de Recursos de Educación Especial de Navarra) preténdese ofertar aos centros educativos, en especial aos seus orientadores e orientadoras, algúns procedementos e instrumentos que lles axuden na tarefa de concretar as necesidades educativas no ámbito das Altas Capacidades.

Segundo o manual, o proceso avaliador consta de dúas fases claramente diferenciadas: a detección, e a avaliación psicopedagóxica. 

Antes de desenvolver o proceso avaliador das necesidades educactivas no alumnado con Altas Capacidades, hai un apartado de normativa foral, autonómica e estatal.

Nos anexos atópanse o modelo de informe psicopedagóxico e diferentes probas. 

Fai clic na imaxe para acceder á publicación

http://creena.educacion.navarra.es/equipos/altascapacidades/pdfs/guia_evaluacion_aacc.pdf

Fonte da información: Mónica Diz Orienta
Silvina Paricio Tato en 20:05 No hay comentarios:
Compartir

Campaña "Non á violencia de xénero" na web "Educando en igualdad"

Co gallo da celebración, o vindeiro 25 de novembro, do "Día Internacional contra a violencia de xénero", a páxina web de FETE-UGT Educando en Igualdad pon á disposición da comunidade educativa un conxunto de materiais de calidade moi variados para tratar o tema nas aulas. Podes acceder á compilación facendo clic na imaxe

http://www.educandoenigualdad.com/2015/10/29/campana-no-a-la-violencia-de-genero/
Silvina Paricio Tato en 18:54 No hay comentarios:
Compartir

"Pasando o tempo". Mochila con recursos didácticos para adolescentes

Recompilación de máis de 300 recursos educativos (infografías, viñetas, cómics e contos ilustrados) dirixida a un público adolescente. Froito dunha iniciativa da comunidade Orienta Galicia. Para difundir entre o aluimnado. Fai clic na imaxe para acceder. Atoparás unha mochila chea de materiais para o tempo de lecer.

https://drive.google.com/folderview?id=0B7CiB49EbIrsTGNRWjBOVWtrYTA&usp=sharing
Silvina Paricio Tato en 18:43 No hay comentarios:
Compartir

20/11/15

Aprendendo a vivir xuntos. Combatendo a discriminación nas escolas. Infografía

A discriminación é nas escolas é un feito moito máis frecuente do que poidamos supoñer. Nesta sinxela pero útil infografía atoparás algunhas das formas que adopta este fenómeno nas aulas.
 Fonte: El blog de Gesvin




Silvina Paricio Tato en 17:17 No hay comentarios:
Compartir

"Coñecendo o mundo con outro sentido". Sensibilización cara á discapacidade visual

Fermosa caricatura dunha rapaza con discapacidade visual. Un video para persoas que sí ven e que queren ver máis alá.

Silvina Paricio Tato en 16:57 No hay comentarios:
Compartir

19/11/15

Familias de diferentes nacionalidades e culturas que enriquecen os centros edcucativos. Guía

Guía dirigida al alumnado editada pola CEAPA (Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres del Alumnado). Nela, alumnos e alumnas de diferentes culturas e nacionalidades (Nader, Ricardo, Gabriel, Paula María, Sergio Antonio, Claudia Belén, Alejandro, Grecia Valentina e Raquel)  convídannos a coñecer as súas famiias, a súa cultura, os seus costumes... Publicación visualmente muy atractiva. Formato de cómic.

Accede á publicación facendo clic na imaxe


https://www.ceapa.es/sites/default/files/uploads/ficheros/publicacion/familias_de_diferentes_nacionalidades_y_culturas_ceapa_0.pdf
Silvina Paricio Tato en 19:33 No hay comentarios:
Compartir

18/11/15

"Contra viento y marea". Poñerse na pel dun refuxiado

Xogo educativo e interactivo da Agencia de la ONU para los Refugiados (ACNUR) pensado para reforzar os coñecementos e a comprensión do problema dos refuxiados. O xogador ou xogadora vive a fuxida dun xove, desde a opresión no seu país de orixe ata o exilio nalgún país de asilo, as situacións ás que ten que facer fronte e cómo se adapta á súa nova vida. Conta cunha Guía para o profesorado. Podes acceder ao xogo facendo clic na imaxe.

http://www.contravientoymarea.org/
Silvina Paricio Tato en 21:19 No hay comentarios:
Compartir

17/11/15

10 recursos educativos para combater o bullying

O bullying ou acoso escolar é unha problemática que se repite nas aulas dos diferentes países do mundo. Estamos a falar dun tema que debe previrse e tratarse dun xeito simultáneo nos centros educativos e nas familias.

Segundo o último informe de UNICEF (“Ocultos bajo la luz”, publicado en setembro de 2014), 1 de cada 3 estudantes do mundo de entre 13 e 15 anos ten sufrido acoso ou intimidación de forma sistemática. A pesar de que se trata dun fenómeno complexo, no que también inflúen a sociedade e a cultura, desde los centros educativos pode traballarse na prevención do mesmo.

O blog Tiching  ofrece un listado de 10 recursos (videos, artigos, películas, documentos de todo tipo) clasificados por idades para traballar co alumnado. Accede á recompilación facendo clic na imaxe.

http://blog.tiching.com/10-recursos-educativos-para-combatir-el-bullying/?utm_content=CMPRecursosBullying&utm_source=facebook.com&utm_medium=referral&utm_campaign=cm
Silvina Paricio Tato en 23:36 No hay comentarios:
Compartir

Prevención e detección do racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia nas aulas. Recursos

O Observatorio Español del Racismo y la Xenofobia, OBERAXE ven de publicar novos materiais para contribuir á prevención e detección do racismo, a xenofobia e a intolerancia nos centros educativos. Falamos, máis concretamente, dun manual e duns trípticos que conteñen as ideas principais do manual.

Con estas dúas publicacións, trátase de contribuir a mellorar a formación para a prevención e a detección do racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia nas aulas, reforzando a imaxe positiva da integración da poboación inmigrante e das minorías étnicas no ámbito da educación.

O manual describe, ao longo de seis capítulos as seguintes cuestións: por qué existen o racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia na nosa sociedade e, polo tanto, nas nosas escolas; cal é o diagnóstico da situación respecto da poboación migrante e outras minorías, así como o marco normativo de referencia; que estratexias hai dispoñibles para a xestión da diversidade na escola, a mellora da convivencia e o fomento da participación da comunidade educativa; cales son os sinais para detectar que se están a producir, ou se poden producir incidentes, ou incluso acoso discriminatorio no medio escolar; cales son os efectos destes incidentes e como facerlles fronte. O manual inclúe finalmente unha serie de boas prácticas presentadas por algunhas Comunidades Autónomas e organizacións.

As dúas publicacións son o resultado das accións levadas a cabo no marco do Proyecto europeo FRIDA "Formación para la prevención y detección del racismo, la xenofobia y formas inconexas de intolerancia en las aulas",
cofinanciado polo "Programa Progress sobre Empleo y Solidaridad" da Comisión Europea.

Poden ser empregados por docentes e outros profesionais do ámbito educativo formal que queiran educar no respecto á diversidade, pero tamén van dirixicos a responsable e técnicos de organizacións non gubernamentales, dinamizadores xuvenís, educadores sociais e, en xeral, a comunidade educativa en sentido amplo.

Accede ao manual facendo clic na imaxe

http://explotacion.mtin.gob.es/oberaxe/inicio_descargaFichero?bibliotecaDatoId=4070

Fai clic na imaxe para acceder ao tríptico

http://explotacion.mtin.gob.es/oberaxe/documentacion_descargaFichero?bibliotecaDatoId=4071
Silvina Paricio Tato en 21:41 No hay comentarios:
Compartir

Stop islamofobia. Guía para docentes

Guía editada polo Consejo de Europa. Vai dirixida ao colectivo docente para facilitar o traballo contra a islamofobia na aula. A islamofobia é o sentimento e actitude de rexeitamento e hostilidde cara ao Islam e, por extensión, ás persoas musulmanas e á súa realidade social.


Silvina Paricio Tato en 14:06 No hay comentarios:
Compartir

"Estudio y no me estreso". Recompilación de recursos




Presento aquí un novo Storify do Equipo de Tuitorientadoras y Tuitorientadores de Guardia. Desta vez inclúense frases, imaxes e recursos para aprender a aprender sen estrés. A iniciativa  ‪#‎estudioynomeestreso‬ foi coordinada pola orientadora Rosa Mesa del Moral.




Silvina Paricio Tato en 9:15 No hay comentarios:
Compartir

16/11/15

"O mía, o de nadie..." Documental sobre violencia de xénero




Unha reflexión sobre as causas da violencia machista a través das experiencias que relatan os seus protagonistas. Documental de Documentos TV. Fonte: Blog "Trafegando Ronseis".


Silvina Paricio Tato en 11:09 No hay comentarios:
Compartir

"Crecer junt@s". Guía prevención violencia xénero

Publicación editada polo Gobierno de Aragón. Inclúe un conxunto de medidas preventivas e educativas para reducir os casos de violencia en xeral e de xénero en particular. A guía quere implicar a familias e profesionais en xeral na promoción duns valores que favorezan a convivencia de xénero e a educación en igualdade, dotando ás mentes de rapaces e rapazas dunhas estructuras ideolóxicas que nada teñan que ver con actitudes sexistas e violentas.

Accede á guía facendo clic na imaxe

http://www.aragon.es/estaticos/GobiernoAragon/Organismos/Instituto%20Aragon%C3%A9s%20de%20la%20Mujer/Documentos/crecerjuntos.PDF


Silvina Paricio Tato en 2:13 No hay comentarios:
Compartir

15/11/15

"Ti decides en internet". Nova web

Páxina web desenvolvida pola Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) co fin de ofrecer informacións, consellos, materiais e recursos coas claves necesarias para o uso seguro e responsable dos datos persoais na Rede por parte de nenos e nenas e adolescentes. A web incorpora, entre os seus contidos, dúas guías:
  • unha para mozos e mozas, "No te enredes en internet"; e 
  • unha para familias e profesorado, "Guíales en internet" 
 Accede á web con toda a información facendo clic na imaxe

http://www.tudecideseninternet.es/agpd1/index.php
Silvina Paricio Tato en 20:52 No hay comentarios:
Compartir

A guerra de Siria explicada en 5 minutos. Video moi didáctico



Bo video que explica dun xeito ameno e didáctico as razóns do que acontece en Siria


Silvina Paricio Tato en 12:59 No hay comentarios:
Compartir

Tod@s somos París. Recursos para traballar na aula


Storify con recursos de todo tipo para traballar na aula os atentados terroristas do 13 de novembro de 2015 en París.

Silvina Paricio Tato en 2:02 No hay comentarios:
Compartir

14/11/15

Galicia: Segundas axudas para a adquisición de material escolar. Curso 2015-2016



A Consellería de Educación convoca axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016.

Requisitos
a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educción secundaria obrigatoria ou educació especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015-2016.
b) No estar incluido nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 1 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

Prazo
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (data de publicación da orde: 10/11/2015).

Lugar
As solicitudes (Anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admnistrativo común, utilizando o formulario normaizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. 

Máis información
Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas par a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/2016-

Ligazón á aplicación da web da Consellería para facer a solicitude
https://www.edu.xunta.es/axudaslibros/

Silvina Paricio Tato en 7:45 No hay comentarios:
Compartir

13/11/15

Protección de nenos e xoves con autismo contra a violencia e o abuso

Guía publicada pola Federación Autismo Burgos para protexer contra a violencia e o abuso aos nenos e xoves con TEA (Trastornos do Espectro Autista). A publicación, de 13 páxinas, enmárcase dentro do proxecto europeo SPEAK UP contra o abuso sexual infantil e vai dirixida a todas as persoas responsables da protección e do amparo de nenos e adolescentes con este trastorno. Segundo especifican os seus autores, no texto non se mencionan cadros lexislativos específicos por estar destinado a diferentes profesionais de toda Europa.

A guía empeza explicando pormenorizadamente as características do autismo -empregando o termo "autismo" para cubrir unha gama de diagnósticos que as persoas con autismo poden recibir, como o trastorno do espectro do autismo (TEA), o síndrome de Asperger (SA), o autismo infantil, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento (TGD), etc., e o seu diagnóstico diferencial, e aborda os distintos aspectos a ter en conta nas investigacións relacionadas coa defensa de nenos e adolescentes con autismo, indicando a continuación cómo identificar posibles sinais de abuso e/ou trato discriminatorio, así como os diversos aspectos a ter en conta á hora de obter información en persoas con dificultades na comunicación, e enumerando diversas pautas para apoialos e dotalos de ferramentas que lles permitan lidiar con situacións que expoñan a súa vulnerabilidade.

Accede ao documento facendo clic na imaxe 

http://speakup.progettisociali.it/docs/es/guide_one.pdf
 
Silvina Paricio Tato en 18:32 No hay comentarios:
Compartir

Galicia: Protocolo de actuación en urxencias sanitarias e enfermidades crónicas



As actuacións en urxencias sanitarias e a atención nos procesos e condicións de saúde que afectan ao alumnado por un tempo prolongado ou ao longo de toda a súa vida, son claves na construción dun clima escolar pacífico, positivo e respectuoso coa diversidade. No marco da Estratexia Galega para a Convivencia Escolar, ponse a disposición da comunidade educativa galega un Protocolo básico que será paulatinamente complementado por diferentes Addendas. Accede ao protocolo e a Addenda de Diabete facendo clic nas ligazóns correspondentes:

  • Protocolo de actuación en urxencias sanitarias e enfermidades crónicas
  • Addenda de Diabete 
Silvina Paricio Tato en 16:41 No hay comentarios:
Compartir

Fóra medos. Video

Video producido pola Fundación Triángulo, unha entidade sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é a igualdade social de gays, lesbianas, transexuais e bisexuais.
Silvina Paricio Tato en 6:33 No hay comentarios:
Compartir

12/11/15

Adolescentes e móbiles Guía para pais desesperados

Infografía sobre o uso e abuso do móbil para as familias

Fai clic na imaxe para ampliar e acceder a máis información

http://blog.uveni.com/adolescentes-movil-guia-padres/#prettyPhoto

Silvina Paricio Tato en 17:29 No hay comentarios:
Compartir

"Educando en Igualdad". Materiais para a aula

FETE-UGT, no seu compromiso coa igualdade, leva a cabo distintas actividades no ámbito educativo: Formación do profesorado, materiais didácticos, campañas de sensibilizaciónm, publicacións, etc. "Educando en Igualdad. Materiales para trabajar en el aula" é un espazo para ofrecer as diferentes contribucións que persoas expertas, comunidade educativa, profesorado e ONGs aportan no camiño cara a igualdade.

Accede á web facendo clic na imaxe

Silvina Paricio Tato en 16:46 No hay comentarios:
Compartir

Promoción da saúde sexual na mocidade

Guía editada en México no 2013. Está deseñada para as persoas que traballan con rapaces e rapazas para axudar a previr o risco de infeccións -VIH, ETS-, e embarazos non desexados. Todas estas cuestións son problemas sociais e de saúde moi frecuentes neste gurpo de idade. A publicación pretende, asemade, facilitar a aprendizaxe da toma de decisións responsable acerca da conducta sexual a través da resiliencia e da competencia social.

Accede á guía facendo clic na imaxe


https://drive.google.com/file/d/0B6e-U0pqCGo3b09jWjV5cnZ1Wnc/view

Silvina Paricio Tato en 14:57 No hay comentarios:
Compartir

11/11/15

"Sen pensalo dúas veces". Video conta a violencia de xénero


Ogallá na vida real as cousas aconteceran segundo pasan no video! Moitos sucesos desgraciados non ocorrerían. É necesaria a implicación de toda a sociedade para combater esta lacra.

Autoras: Saray Ferrer Hernández, Mª Dolores Olivares e Mª Luisa Segarra Martínez.
Profesora coordinadora: Elsa Plasencia Ortega
IES Carrús (Elche, Alicante)

Silvina Paricio Tato en 21:18 No hay comentarios:
Compartir

9 curtas que nos axudarán a comprender mellor os nosos sentimentos


Ás persoas cóstanos moito comprender que as emocións teñen que ser experimentadas, comprendidas, manexadas e, por enriba de todo, expresadas. Xeralmente, o que facemos por convención social é precisamente o contrario: fuxir delas e non comprender os nosos sentimentos. Así, castigamos con crueldade a nosa maneira de sentir, reprimindo especialmente aos nenos e nenas e a aqueles adultos aos que caracteriza unha certa sensibilidade e capacidade especial con relación á demostración das súas emocións.

Por iso, comprender e manexar as nosas emocións máis alá do socialmente desexable é unha tarefa pendente para casi todo o mundo.

Para traballar estes aspectos, temos moitas e moi estupendas ferramentas na nosa man. Un exemplo son as curtametraxes e os videos que pretenden axudarnos a reflexionar e a liberar aqueles sentimentos que non conseguimos tolerar.

1. O amor é unha fermosa casualidade
A curtametraxe animada Lucky You é un claro exemplo de que o amor pode cambialo todo e de que sempre chegará aquela persoa que cunha aperta e un sorriso recompoña cada parte rota da nosa alma.


2. Valorar a amizade, superar as diferenzas e axudar
Non sempre é doado superar as dificultades e, ás veces, hay diferenzas que nos parecen imposibles de solventar. Esta curtametraxe danos unha lección sobre a amizade e a importancia de permanecer ao lado de aquelas persoas ás que queremos e que nos queren. Non mirar polos defectos, tolerar aquelo que nos frustra, non xulgar nen traicionar aos nosos amigos é a base dunha amizade verdadeira capaz de resistir cada vaivén e cada adversidade que debuxe a vida.


3. As diferenzas nos achegan se sabemos escoitalas
A curtametraxe "La luna" de Pixar encerra moitas ensinanzas. Traballar en equipo e ter en conta cada punto de vista pode ser complicado, pero se atendemos aos demáis, podemos conseguir cousas marabillosas. Do mesmo xeito, esta curta amósanos que enfadándonos somentes conseguimos perder a oportunidade de compartir momentos fermosos, e de sentir e de disfrutar da vida.


4. O poder da amizade cun mesmo
Para acadar unha boa autoestima, debemos traballar a tolerancia cara a nos mesmos. A través desta curta, achegarémonos a nos mesmos e comprenderemos cómo destruimos a nosa propia autoimaxe en pos duns ideais que nos impoñen e que nos aceptamos sen pensar. Somos seres completos, coas nosas virtudes e defectos. Non é a nosa imaxe a que nos define, senón os nosos pensamentos e a capacidade que temos de aceptarnos tal e como somos. Unicamente a aceptación faranos mellores.


5. O valor da paciencia
Ás veces non somos conscientes de como podemos facer mal aos que están arredor de nos cos nosos actos e comentarios impulsivos. É importante cultivar a paciencia, pois ela nos achegará ao equilibrio emocional.


6. ¿Cerebro ou corazón? O eterno dilema
Nunca temos que perder de vista que os sentimentos cobran máis sentido cun pouquiño de cordura. Igual pasa ao revés. Así, cando se nos plantexa o dilema de facer ou non caso da nosa parte máis visceral, temos que pensar que considerarnos globalmente sempre é algo que fará máis rica a nosa vida e as nosas decisións.


7. Saber apreciar o que temos
Fermosa curtametraxe que ten que axudarnos a valorar o que temos, deixar as envexas a un lado e disfrutar da nosa vida sen mirar para a do veciño. Aprendamos a convivir có que a vida nos regala e valoremos o que temos antes de perdelo.


8. Mira a esencia, non as apariencias
As apariencias esfúmanse como o fume que vende o protagonista desta curtamentraxe. Así, facendo caso á expresión popular "las apariencias engañan", teríamos que comezar a buscar na profundidade das persoas. O que amosamos pode cambiar, o que sentimos non.


9. Non escoitamos para comprender, escoitamos para contestar
Se queremos que nos escoiten, é importante que cultivemos a nosa capacidade de facelo. As relacións requiren de reprocidade e de tolerancia, algo que xeralmente descoidamos. Por iso, para aprender a convivir con outras persoas, temos que escoitar a súa outra verdade, e non só a nosa razón. A comunicación é indispensable para escoitar ao outro.


Todas estas curtas nos axudan non só a comprender os nosos sentimentos e emocións, senón tamén a ter moi presentes os nosos valores e a poñelos en práctica sen deixarnos guiar por aqueles sentimentos que non nos aportan nada bo.

Fonte: La mente es maravillosa

Silvina Paricio Tato en 18:03 2 comentarios:
Compartir

"Carol, una chica de mi instituto". Diversidade afectivo sexual para adolescentes

Guía sobre diversidade afectivo-sexual para adolescentes editada pola FELGTB (Federación Estatal de Lesbianas, Gays, Transexuais e Bisexuais). Trátase dun cómic que narra diversas historias curtas con Carol, unha rapaza lesbiana, como protagonista. Nel preséntanse diferentes situacións ás que teñen que facer fronte as persoas LGTB (lesbianas, gays, transexuais e bisexuais). As historietas acompáñanse de breves textos explicativos.

Accede ao cómic facendo clic na imaxe

 http://www.felgtb.org/rs/113/d112d6ad-54ec-438b-9358-4483f9e98868/c76/filename/comic-carol.pdf
 
Silvina Paricio Tato en 16:48 No hay comentarios:
Compartir

10/11/15

Protocolo actualizado acoso escolar e ciberacoso Xunta de Galicia


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia pon a disposición dos centros educativos no portal Educonvives.gal unha versión actualizada do protocolo xeral de prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar. Tanto o documento como os anexos que o acompañan, pretenden facilitar e axilizar a súa posta en práctica, recollendo estratexias de prevención e de actuación, así como a lexislación relativa a todo o procedemento.

Por outra banda, no marco da Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020, esta mesma Consellería proporciona aos centros docentes unha ferramenta para desenvolver o procedemento corrector de condutas contrarias ás normas de convivencia, que guía a actuación do profesorado nestes casos. Esta ferramenta consta dunhas orientacións que pretenden dar resposta ás cuestións máis frecuentes que se formulan os centros cando se enfrontan a unha situación desta índole, e uns modelos normalizados que recollen o procedemento que cómpre seguir para a súa tramitación. Acompáñanse estes dous documentos cun mapa gráfico que ilustra todo o proceso.
  • Procedemento corrector de condutas contrarias ás normas de convivencia

    • Procedemento corrector: mapa (pdf)
    • Procedemento corrector: modelos normalizados (pdf)
    • Procedemento corrector: modelos normalizados (doc)
    • Procedemento corrector: orientacións (pdf)
  • Protocolo xeral para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar, actualizado (pdf)

  • Protocolo xeral para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar, actualizado (doc)

  • Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020 (pdf)

  • Lei de convivencia e participación da comunidade educativa (DOG 15 de xullo de 2011)
  • Decreto que desenvolve a lei de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar (DOG 27 de xaneiro de 2015)
Silvina Paricio Tato en 23:25 No hay comentarios:
Compartir

"Frena el rumor". Guía anti-rumores

Guía práctica publicada polo Goberno Vasco para combater os rumores, os estereotipos e os prexuizos cara a inmigración. Recurso de utilidade para as titorías da ESO. 

Accede á guía facendo clic na imaxe

http://www.frenaelrumor.org/data/files/pdfs/guia-frenaelrumor.pdf
Silvina Paricio Tato en 21:41 No hay comentarios:
Compartir

9/11/15

Ciberbullying. Guía rápida para a prevención do acoso por medio das novas tecnoloxías

A violencia entre iguais é unha cuestión preocupante que ten adquirido, nos últimos tempos, un novo perfil, o ciberbullying, como forma moderna de acoso empregando as novas tecnoloxías. É un asunto importante que ten lugar, principalmente, a través de Internet, aínda que cada vez se produce más con móbiles e videoconsolas.  

Podes acceder á guía facendo clic na imaxe 

http://www.ararteko.net/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/1_1218_3.pdf
Silvina Paricio Tato en 23:16 No hay comentarios:
Compartir

Por unha sociedade libre de violencia de xénero. Web

Completísima web do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad con todos os recursos contra a violencia de xénero, unificando materiais e medios.

http://nomasvg.com/noticias/todos-los-recursos-contra-la-violencia-de-genero-en-una-sola-web/
Silvina Paricio Tato en 20:17 No hay comentarios:
Compartir

Respostas educativas ao alumnado con altas capacidades intelectuais

Guía editada pola Comunidad de Madrid e coordinada por Mª Victoria Reyzábal. Consta de 4 capítulos, unha sección de anexos (normativa e glosario) e unha ampla bibliografía. A publicación está destinada a orientar ao profesorado sobre cómo elaborar as Adaptacións Curriculares de ampliación ou enriquecemento para este alumnado.

Accede facendo clic na imaxe

https://arcequierosaber.files.wordpress.com/2012/01/respuestas-educativas-altas-capacidades-madrid.pdf

Fonte: Arce Quiero saber
Silvina Paricio Tato en 18:46 No hay comentarios:
Compartir

"El príncipe y el mendigo". Conto para reforzar a aprendizaxe do español

De Kansas (Estados Unidos) chégame esta proposta didáctica do sitio LunaEva.com, concebida para o seu uso por familias hispanas. Trátase do conto "El príncipe y el mendigo" Para recibir gratuitamente o video e o libro dixital narrado, é preciso rexistrarse. 

Accede a unha pequena mostra de páxinas do conto facendo clic na imaxe

http://www.lunaeva.com/sitio/boletin.html
Silvina Paricio Tato en 4:07 No hay comentarios:
Compartir

Qué é a violencia machista? Por unha vida libre de violencias machistas

O video "Por unha vida libre de violencia machista" foi realizado por Juventud SIN futuro para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. Un material idóneo para suscitar o debate sobre o tema nas horas de titoría.

A violencia machista non se ve refelctida unicamente nos golpes, senón tamén nos celos, no control, na coerción e no acoso. Dáse hoxe, ademais de na rúa e no noso centro de traballo ou estudo, nas redes sociais. Os novos medios de exercer a violencia machista cólanse a través destas novas formas de comunicación e actúan directamente sobre as nosas vidas. Esta nova forma de entender e exercer o machismo pasa desapercibida para a maioría da sociedade, pois é algo que se ten instalado, sen nos darnos conta, no noso día a día.

É necesario acabar coa violencia machista en todas as súas formas, combatela e expulsala dos nosos corpos e espazos, pois nos fai presas da inseguridade e do medo. Porque ser presionadas, controladas, acosadas, oprimidas, forzadas e culpabilizadas, é violencia.  

#PorUnaVidaLibreDeViolenciasMachistas

Silvina Paricio Tato en 2:06 No hay comentarios:
Compartir

8/11/15

Listado de portais de emprego: xerais e por sectores

No blog de José Carlos Muñoz Parreño , orientador laboral, atopamos un completísimo listado de portais de emprego, tanto xerais como por sectores. A relación acompáñase dunha serie de consellos acerca de como xestionar a información.

http://muñozparreño.es/listado-definitivo-portales-empleo-generales-sectores/?utm_campaign=shareaholic&utm_medium=twitter&utm_source=socialnetwork

Silvina Paricio Tato en 12:59 No hay comentarios:
Compartir

Campaña contra a violencia de xénero. Video

Video contra a violencia de xénero correspondente á campaña promovida polo Goberno de España no ano 2011. De utilidade para as titorías, moi especialmente, para conmemorar, o 25 de novembro, o Día Internacional contra a violencia de xénero.

Silvina Paricio Tato en 12:13 No hay comentarios:
Compartir

7/11/15

Xoves e TIC: usos e novas formas de relación

Ponencia realizada en Madrid o 6 de novembro de 2015 no marco das Xornadas FEPA 18 (Federación de Entidades con Proyectos y Pisos Asistidos).


Jóvenes y Tic: usos y nuevas formas de relación from SobrePantalles.net Prevenció, informació i reflexió sobre usos 2.0
Silvina Paricio Tato en 8:14 No hay comentarios:
Compartir

Recursos contra o antixitanismo. Guía

Guía editada pola Federación Autonómica de Asociaciones Gitanas de la Comunidad Valenciana ¡Gitanízate! Con ela preténdese dotar de recursos visibles ás persoas de a pé, xitanas e non xitanas, para que saiban, en primeiro lugar, qué e o antixitanismo e qué relación garda co racismo en xeral; en segundo lugar, cómo sentar as bases teóricas desde as que situar o antixitanismo desde unha perspectiva antirracista; e finalmente, cómo, ónde e mediante qué recursos denunciar os casos de antixitanismo e a qué organizacións recorrer para obter a protección e a defensa necesarias. 

Accede á publicación facendo clic na imaxe

http://gitanizate.com/panel/data/adjuntos/27042015204308.pdf
 
Fonte: Información proporcionada por Cathryn Teasley , profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña.
Silvina Paricio Tato en 2:12 No hay comentarios:
Compartir
‹
›
Inicio
Ver versión web

Datos persoais

Mi foto
Silvina Paricio Tato
Orientadora no IES ELVIÑA (A CORUÑA). Orientadora educativa en diversos centros de primaria e secundaria dende o ano 1998. Catedrática de Francés de Ensino Secundario. Doutora en Psicopedagoxía.
Ver todo mi perfil
Con la tecnología de Blogger.