Silvina Paricio orienta

Este é un blog de orientación educativa e académico-profesional para consulta da comunidade educativa. Para orientarte neste blog, tes que seguir as categorías que están á dereita e premer na que che interese.

13/11/15

Protección de nenos e xoves con autismo contra a violencia e o abuso

Guía publicada pola Federación Autismo Burgos para protexer contra a violencia e o abuso aos nenos e xoves con TEA (Trastornos do Espectro Autista). A publicación, de 13 páxinas, enmárcase dentro do proxecto europeo SPEAK UP contra o abuso sexual infantil e vai dirixida a todas as persoas responsables da protección e do amparo de nenos e adolescentes con este trastorno. Segundo especifican os seus autores, no texto non se mencionan cadros lexislativos específicos por estar destinado a diferentes profesionais de toda Europa.

A guía empeza explicando pormenorizadamente as características do autismo -empregando o termo "autismo" para cubrir unha gama de diagnósticos que as persoas con autismo poden recibir, como o trastorno do espectro do autismo (TEA), o síndrome de Asperger (SA), o autismo infantil, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento (TGD), etc., e o seu diagnóstico diferencial, e aborda os distintos aspectos a ter en conta nas investigacións relacionadas coa defensa de nenos e adolescentes con autismo, indicando a continuación cómo identificar posibles sinais de abuso e/ou trato discriminatorio, así como os diversos aspectos a ter en conta á hora de obter información en persoas con dificultades na comunicación, e enumerando diversas pautas para apoialos e dotalos de ferramentas que lles permitan lidiar con situacións que expoñan a súa vulnerabilidade.

Accede ao documento facendo clic na imaxe 

http://speakup.progettisociali.it/docs/es/guide_one.pdf
 
Silvina Paricio Tato en 18:32
Compartir

No hay comentarios:

Publicar un comentario

‹
›
Inicio
Ver versión web

Datos persoais

Mi foto
Silvina Paricio Tato
Orientadora no IES ELVIÑA (A CORUÑA). Orientadora educativa en diversos centros de primaria e secundaria dende o ano 1998. Catedrática de Francés de Ensino Secundario. Doutora en Psicopedagoxía.
Ver todo mi perfil
Con la tecnología de Blogger.