Silvina Paricio orienta

Este é un blog de orientación educativa e académico-profesional para consulta da comunidade educativa. Para orientarte neste blog, tes que seguir as categorías que están á dereita e premer na que che interese.

12/9/14

Galicia: Guía da LOMCE

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia ven de publicar no seu portal educativo unha Guía da LOMCE. Inclúe dous tipos de información: 

a) Os textos normativos de referencia, que son os seguintes:
  • Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE)-Texto consolidado

  • Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa

  • Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia

  • Decreto polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos (Borrador).

    A versión definitiva do anterior decreto atópase no DOG de 15 de setembro.

 b) un documento informativo que recolle os novos currículos de Ed. Primaria e de FP Básica en Galicia:
  • Aspectos básicos da LOMCE. Novos currículos de educación primaria e de Formación Profesional básica en Galicia

    Fonte: Web da Consellería de Educación da Xunta de Galicia

Silvina Paricio Tato en 18:06
Compartir

No hay comentarios:

Publicar un comentario

‹
›
Inicio
Ver versión web

Datos persoais

Mi foto
Silvina Paricio Tato
Orientadora no IES ELVIÑA (A CORUÑA). Orientadora educativa en diversos centros de primaria e secundaria dende o ano 1998. Catedrática de Francés de Ensino Secundario. Doutora en Psicopedagoxía.
Ver todo mi perfil
Con la tecnología de Blogger.