6/8/13

Titoría e orientación



Recopilación de recursos educativos e materiais para a titoría e a orientación educativa, así como webs e recursos TICs.

Para acceder á información, fai clic na imaxe

5/8/13

Becas, axudas e subvencións

Web do Ministerio de Educación con información sobre becas, axudas, subvencións, premios. De interese para o alumnado.

Desafiando ó autismo

Páxina web destinada a divulgar información científica e material de traballo sobre trastornos do espectro autista e outros trastornos do desenvolvemento. Foi creada por dúas nais con fillos autistas. Útil para as familias.
 
 
 
Para acceder á ligazón, fai clic na imaxe
 
 
 

Trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH)


Folleto onde se explica de maneira clara e sinxela en que consiste o déficit de atención con hiperactividade.

Internet sen acoso

Web informativa onde se explica que é o ciberacoso, cales son as súas consecuencias, como actuar nestes casos e enderezos para denuncialo. Recurso moi útil para centros escolares.
 
 
Para acceder á web, fai clic na imaxe

1/8/13

NEX: Novo espazo xuvenil

Web do Concello de A Coruña con información sobre emprego, participación, sexualidade, vivenda, lecer e tempo libre, educación, bolsas e axudas, concursos e premios, cursos, oposicións... Podes solicitar información sobre calquera tema que che interese.

 
Fai clic na imaxe para acceder
 

Xuventude.net: Web de orientación e información para mozos e mozas

Esta web pretende ser o medio a través do cal poidades realizar accións sociais, facervos voluntario, asociarvos ou simplemente, pasar o tempo libre. Queremos que nos consultedes, que nos sigades a través das redes sociais,  ser o voso referente informativo e que desfrutedes cos nosos programas. Traballamos arreo para estar en contacto con vos e servos de utilidade.
 
 
 

Fai clic na imaxe para acceder á información.
 

24/7/13

Todo FP.es


Portal do Ministerio de Educación especializado en información sobre a Formación Profesional. Conveniente a súa consulta se optas por estes estudos.

Para acceder ó portal, fai clic na imaxe 

23/7/13

Protocolo básico de intervención contra o maltrato infantil

Este protocolo foi elaborado polo Observatorio de Infancia e publicado polo Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales (2008)

Para acceder á información, fai clic na imaxe
 

20/7/13

Oferta PCPIs 2013-2014


 
Nas seguintes ligazóns podes atopar a oferta dos PCPI para o curso 2013-2014, clasificados por provincia e concello, así como os perfís de programas de cualificación profesional inicial autorizados na modalidade C mixta:

Webs de Formación Profesional das Comunidades Autónomas

Para acceder á información, fai clic na imaxe.

3/7/13

Cine e valores

Selección de películas secuenciadas a través das diferentes etapas educativas desde Educación Infantil ata a Educación de Adultos, pasando por Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos. Cada película dispón ficha técnica e dunha proposta didáctica para traballar na aula. Interesante para traballar nas titorías.
Fonte: http://www.apoclam.org (Asociación profesional de orientadores de Castilla-La Mancha).

2/7/13

A ciberconvivencia: uso responsable das tecnoloxías e cidadanía dixital



Web elaborada por Mábel Villaescusa e dirixida ó profesorado. Nela atoparás recursos para traballar o tema do uso responsable das tecnoloxías e da cidadanía dixital, isto é, a ciberconvivencia. Moi útil para traballar nas titorías:
  • Información sobre tendencias, novidades... nas páxinas IMPRESCINDIBLES para estar ó día.
  • ACTIVIDADES (a maioría interactivas) para traballar co alumnado e VÍDEOS.
  • Materiais para traballar sobre a IDENTIDADE DlXITAL e reputación online.
  • Materiais específicos sobre CIBERACOSO.
  • Materiais para orientar ás FAMILIAS.
  • En PARA SABER MÁIS atoparás algunhas ligazóns de formación do profesorado neste tema.
  • Por último, atoparás os RESULTADOS a enquisas feitas para ó profesorado e alumnado.



PROBAS LIBRES FP


A orde pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos de Formación Profesional establece a realización de dúas convocatorias.
 
Os prazos de presentación de solicitudes son:
 
1ª convocatoria: 10 ao 20 de xullo de 2013 
2ª convocatoria: 10 ao 20 de maio de 2014

20/6/13

O paso de Primaria a Secundaria. Guía para as familias


Folleto elaborado por Jesús Jarque no que se resumen os principais cambios que deben ter en conta os pais e nais cando os fillos e fillas empezan a Secundaria.

Para acceder á información, fai clic na imaxe

18/6/13

Traballar a interculturalidade a través das "curtas".

O uso do hyjab


Videoteca educativa sobre todas as materias

Recursos para traballar técnicas de estudo

Web sobre hábitos de estudo e técnicas de aprendizaxe. Útil para empregar nas titorías. Descríbense un total de 10 pasos a seguir. Ademáis ofrece ferramentas de consulta sobre: como estudar con método; como controlar a ansiedade; a realización de exames; facer presentacións orais...
 
Fonte: Universidade Miguel Hernández coa colaboración da Generalitat Valenciana.
 
 
Para acceder á información, fai clic na imaxe
 

Táboa da oferta de prazas e notas de corte no Sistema Universitario Galego. Curso 2013-2014

Se vas facer a preinscripción no Sistema Unversitario de Galicia, esta táboa será moi útil para ti. Nela recóllense as prazas que quedaron en setembro, se non se cubriron todas as prazas ofertadas ... Toda a información a ter en conta.

16/6/13

Ciberbullying: Ciberacoso escolar entre menores

Páxina web con numerosas informacións e recursos sobre o ciberacoso. Inclúe definición, guía práctica, consellos básicos, bibliografía e test para país e nais.
 

Para acceder á información, fai clic na imaxe "ciberbullying"
 
 

15/6/13

Estudar un ciclo de Formación Profesional (grao medio e grao superior)


Os estudos de Formación Profesional están en proceso de actualización como consecuencia da implantación da Lei 8/2013, para a mellora da calidade educativa (LOMCE) pola que se crean os novos ciclos de Formación Profesional Básica que substitúen aos Programa de Cualificación Profesional Inicial.

Nesta entrada imos ocuparnos únicamente dos ciclos de grao medio e superior. Estes ciclos están organizados en módulos con contidos teórico-prácticos que teñen como finalidade a adquisición das competencias necesarias para unha inserción laboral satisfactoria e o desempeño de diversas profesións.


1. ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

Teñen acceso a un CM os que posúan o título de ESO ou equivalente, un PCPI ou a superación da proba de acceso. 
Terase en conta a nota media acadada nos estudos que se acreditan.

2. ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR

Teñen acceso a un CS os que posúan o título de Bacharelato, equivalente ou proba de acceso superada. 
No caso de que houbera máis solicitudes que prazas, terase en conta que o alumno/a cursara una modalidade de bacharelato preferente. 
Terase en conta a nota acadada nos estudos que se acreditan.

Para a admisión debe realizarse unha solicitude:

Xuño: Prazo ordinario (se se cumpren os requisitos de acceso en xuño).

Setembro: Prazo extraordinario (se se cumpren os requisitos de acceso en setembro).

Para máis información sobre a FP de grao medio e superior en Galicia, consulta as seguintes ligazóns:


Se queres acceder a un ciclo de FP noutra Comunidade Autónoma, fai clic nas seguintes ligazóns: 

12/6/13

CIBERBULLYING: Guía de recursos para centros educativos en casos de ciberacoso

La intervención en los centros educativos: Materiales para equipos directivos y acción tutorial 
 
Autor: José Antonio Luengo Latorre. Jefe del Gabinete Técnico del Defensor del Menor. Comunidad de Madrid.

10/6/13

Manuais de axuda para a detección de Dificultades de Aprendizaxe

Colección de tres manuais publicados pola Consejería de Educación de la Junta de Andalucía que facilitan o traballo de docentes e orientadores unificando criterios de diagnóstico e intervención psicopedagóxica cos alumnos que presentan dificultades de aprendizaxe.

O primeiro volume, Definición características y tipos, describe as problemáticas consideradas como dificultades de aprendizaxe.

 
 

No segundo volume, Procedimientos de evaluación y diagnósticos, ofrécense diversos procesos para a avaliación e diagnóstico das diferentes dificultades de aprendizaxe que poidan presentarse.
 
 
 
No terceiro volumen, Criterios de intervención pedagógica, danse a coñecer diversas vías de intervención psicopedagóxica, protocolos e demáis actuacións xerais acompañados de diversas orientacións ó profesorado e á familia. 
 
 
 
 



EducaTolerancia: Recursos educativos para a atención á diversidade




Páxina web con numerosos recursos descargables en PDF: Tolerancia, interculturalidade, diversidade, dereitos humanos, racismo e xenofobia, violencia, sexismo, homofobia, familias monoparentais, transfobia.
 
Para acceder á información, fai clic na imaxe.

31/5/13

Vivir en saúde. Claves para estar ben. Guía para pais e nais



A FUNDACIÓN MAPFRE elaborou a guía “VIVIR EN SALUD: CLAVES PARA ESTAR BIEN". Guía para las familias” , dirixida a pais e nais.

¿Qué obxectivos persigue?

• Concienciar da importancia dunha correcta nutrición e da práctica da actividade física regular para os vosos fillos e para vós.

• Adquirir unha serie de conceptos e hábitos saudables dentro do ámbito da actividade física, a alimentación e a hixiene.

Esta guía se fundamenta en tres grandes bloques de contidos que son os piares dunha vida saudable:
  1. A alimentación
  2. A actividade
  3. A hixiene (postural,corporal e bucal)
A publicación foi realizada grazas á Asociación madrileña de entrenadores personales (AMEP) e de Ice Salud. Conta co aval do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, da AESAN, ademáis do Ministerio de Agricultura. Alimentación y Medio Ambiente.

 

27/5/13

Como estudar para un exame, hábitos de estudo, mapas conceptuais, o segredo da memoria

Metaaprendizaje.net é un proxecto de ASFAGEN (Asociación para el Fomento del Aprendizaje Generativo) que imparte cursos para “aprender a aprender” e que este ano ven de editar  unha serie de vídeos que nos ensinan diversas cuestións sobre as técnicas de estudio de interese para o alumnado de secundaria.

En concreto, o primeiro vídeo enlazado explica de maneira didáctica sete pasos que o estudante debe realizar para entender e estudar un material de clase:
1.Preparar o material a estudar.
2.Revisar o material para facerse unha idea xeral.
3.Facerse preguntas antes de leer.
4.Leer todo o material para facernos unha idea xeral.
5.Usar as técnicas de estudo: resumo, mapas mentais, síntese,…
6.Transmitir os conceptos tratados.
7.Repasar.



Hábitos de estudo



Mapas conceptuais



O segredo para mellorar a memoria





20/5/13

Campaña sobre o bo uso de Internet (en inglés con subtítulos)

GROOMING: El grooming de niños por Internet es un nuevo tipo de problema relativo a la seguridad de los menores en Internet, consistente en acciones deliberadas por parte de un adulto de cara a establecer lazos de amistad con un niño o niña en Internet, con el objetivo de obtener una satisfacción sexual mediante imágenes eróticas o pornográficas del menor o incluso como preparación para un encuentro sexual, posiblemente por medio de abusos contra los niños.



14/5/13

CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES

Se vas  estudar un ciclo formativo ou unha modalidade de bacharelato que non se oferta na túa localidade, podes solicitar praza nas residencias de estudantes que hay en Vigo, Ourense e A Coruña.
Podes entregar a solicitude nos propios centros ou por correo ordinario dentro do prazo de 1 mes.

18/4/13

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DE TÍTULOS DE FP NO 2013 EN GALICIA

O martes 16 de abril publicouse a orde pola que se regulan as Probas libres para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de FP na Comunidade Autónoma de Galicia para o 2013.
O obxectivo destas probas é que as persoas participantes obteñan directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren que alcanzaron os obxectivos establecidos no currículo correspondente.
REQUISITOS XERAIS DOS PARTICIPANTES:
- Ter 18 anos, para os títulos de técnico.
- Ter 20 anos, para os títulos de técnico superior, ou 19 no caso de posuír xa o título de técnico.
- Non estar matriculado/a en ciclos de FP nin ter causado baixa no presente curso académico.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 19 ao 30 de abril de 2013.
LUGAR DE ENTREGA DE SOLICITUDES: No centro onde se imparta o ciclo formativo solicitado en primeiro lugar, constando por orde de preferencia, os ciclos formativos, os centros onde se impartan, e a súa oferta vinculada ata un máximo de 6 opcións.
CALENDARIO DAS PROBAS: En xuño.