30/3/14

Dez consellos para o manexo da clase

Guía elaborada por Edutopia.org onde se recollen e explican pormenorizadamente dez bos consellos para mellorar a xestión da aula:

  1. Crea unha comunidade
  2. Crea un ambiente seguro, agradable e disciplinado na clase
  3. Inclúe ao alumnado na elaboración de regras, normas, rutinas e consecuencias
  4. Crea unha variedade de canles de comunicación
  5. Tes que ser sempre tranquilo, xusto e coherente
  6. Coñece ao teu alumnado
  7. Fai fronte aos conflictos rapidamente e con intelixencia
  8. Incorpora rituais positivos na clase
  9. Mantén o sentido da realidade
  10. Traballa cos pais e titores


 Fonte: Orientación Andújar

28/3/14

Recurso de orientación académico-profesional

No Portal de Educación da Junta de Castilla y León atopamos este recurso para que o alumnado deseñe o seu propio itinerario formativo en función dos seus estudos previos. 

Contémplanse os seguintes casos:
  • Non teño ESO
  • ESO
  • Bacharelato
  • PCPI
  • Técnico (FP de Grao Medio)
  • Técnico (FP de Grao Superior)
  • Estudos universitarios
Para acceder ao portal, fai clic na imaxe

http://www.educa.jcyl.es/adultos/es/orientacyl

Intervención educativa no alumnado con TDAH na ESO

Guía editada pola Consejería de Educación da Región de Murcia da que son autores Mª Dolores Alcaraz, José Manuel Cartagena, Lorenzo A. Hernández, Concepción Riquelme, Mª Jesús Ruiz e Verónika Sabater. Centrada na etapa de Educación Secundaria Obrigatoria, nela abórdase a atención educativa e psicopedagóxica a este alumnado, así como as bases dun modelo de escola inclusiva fundamentada na convicciòn de que estes alumnos poden aprender se se producen as actuacións metodolóxicas e didácticas adecuadas.

Máis concretamente, as cuestións tratadas na publicación son as seguintes:
  • Fundamentos teóricos do TDAH
  • Protocolo de coordinación de actuacións educativas e sanitarias
  • Orientacións e pautas do orientador educativo
Inclúe tamén unha sección de Anexos especialmente útil para profesionais da orientación:
  • Modelo de entrevista á familia
  • Escala de Conners revisada (20 items)
  • Protocolos de observación na aula
  • Entrevista ao alumnado
  • Protocolo de avaliación para o TDAH
  • Decálogo para a atención educativa ao alumnado con TDAH
  • Carta dun alumno con TDAH ao seu profesor
  • Información sobre o TDAH e autorización para o desenvolvemento do protocolo de coordinación de actuacións educativas e sanitarias
Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://diversidad.murciaeduca.es/publicaciones/tdah/doc/1.tdahESO-completo.pdf

Vía Orientación Cascales

27/3/14

Guía de atención á diversidade

Conxunto moi completo de recursos editados polo CeDeC (Centro Nacional de Desarrollo Curricular en Sistemas no Propietarios) cuxos destinatarios son as familias e profesionais da educación.

O seu obxectivo é ofrecer un conxunto de materiais que permitan a calquera persoa achegarse ás distintas realidades que conforman o constructo denominado xenéricamente "Atención á Diversidade". 

Os recursos refírense a necesidades educativas especiais, dificultades de aprendizaxe e altas capacidades intelectuais.

Para acceder ao índice da guía, fai clic na imaxe

http://descargas.pntic.mec.es/cedec/atencion_diver/index.html

Tamén podes acceder a tres dos apartados facendo clic nas ligazóns que siguen:

26/3/14

Experimento "bullying". Vídeo

Moitas persoas non fan nada cando ven a un home que está sendo víctima de "bullying". Pero unha rapaza, que non parece moi grande ou forte, decide poñerse en pé e non quedar calada.

"Guía S.O.S contra el 'grooming'. Padres y educadores"

Guía de primeiros auxilios editada polo INTECO (Instituto Nacional de Tecnoloxías da Educación) cuxo obxectivo é axudar ás familias e profesionais da educación a coñecer que é o "grooming" (acoso sexual a menores por parte de adultos en Internet), como detectalo, cales son os pasos para denuncialo e todos os axentes que están dispostos a colaborar para elo. Proporciona tamén ferramentas de prevención e de educación que deben poñerse en marcha no momento en que os menores entran en contacto coa tecnoloxía.

Para acceder á publicación, fai clic na imaxe

http://menores.osi.es/sites/default/files/SOS_grooming.pdf

Fonte: chaval.es

24/3/14

Bullying. Curtametraxe

Curtametraxe sen palabras realizada por Camila Toledo, Agustina Fernández e Melisa Olaguibet, coa colaboración de Florencia Sesto, alumnas do Colexio Normal 9-001 de San Martín (Mendoza, Argentina). Foi o gañador, de entre 48 propostas, do Primeiro Concurso Sobre Violencia Escolar da Zona Leste "Jóvenes, Aulas y Comunidad en Paz", organizado pola Escola Nº 4-208 Prof. Domínguez de Junín.



23/3/14

Alumnado con cancro. Protocolo de actuación na escola

Publicación editada pola Asociación de Familias de Niños con Cáncer de Castilla-La Mancha (AFANION) en colaboración coa Fundación ONCE. O seu obxectivo é apoiar aos profesionais da educación que teñen que facer fronte a esa experiencia, xa que cando a un alumno se lle diagnostica un cancro, no centro educativo xurden moitas dúbidas no que atinxe á abordaxe da situación. Un alumno que é diagnosticado de cancro segue a ser o noso alumno e, aínda que a enfermidade conleve unha escolarización irregular, é de esperar que voltará á aula para seguir cun ritmo normal. A continuidade escolar durante o tratamento, tanto no hospital como na casa, é fundamental para o seu equilibrio emocional, xa que transmite a mensaxe de esperanza de que hai un futuro. 

Para acceder ao protocolo, fai clic na imaxe

https://www.cop-cv.org/db/cke_uploads/files/Gu%C3%ADa%20ni%C3%B1os%20c%C3%A1ncer.pdf

Maltrato infantil. Programa de sensibilización no ámbito escolar

Publicación coeditada por Rea (Asociación castellano leonesa para la defensa de la infancia y la juventud) e a Gerencia de Servicios Sociales de Castilla y León. Parte da premisa da necesidade de abordar o tema do maltrato infantil directamente na aula, do mesmo xeito que se lles ensina aos rapaces e rapazas a protexerse doutros perigos como o tráfico ou os accidentes domésticos. Os destinatarios son os mestres e mestras de Educación Infantil e Primaria e, a través deles, o alumnado deses niveis educativos como víctimas potenciais de maltrato e/ou abuso.

O libro está dividido en varias partes claramente diferenciadas: Introducción, Presentación e Anexos.  A primeira parte, titulada "Guía para los maestros y maestras" proporciona os conceptos básicos sobre maltrato infantil, resalta a importancia do mestre nestes temas, enumera os principais indicadores de malos tratos, describe que facer e como tratar ao rapaz maltratado e tamén como actuar inicialmente cos pais maltratadores. A segunda parte está dedicada a potenciar e promover, desde o ámbito escolar, estratexias de prevención do maltrato infantil, partindo de dotar aos rapaces e rapazas das competencias interpersoais necesarias. Para elo proporciona ao profesorado orientacións e suxerencias de estratexias e actividades a realizar para concienciar e desenvolver no alumnado as habilidades e conductas necesarias para protexerse e actuar ante posibles situacións de maltrato. Finalmente, nos Anexos inclúense os principais enderezos de interese, os aspectos lexislativos oportunos e a bibliografía máis relevante para profundizar nestes temas.

Para acceder á publicación, fai clic na imaxe

http://www.fapmi.es/imagenes/subsecciones/REA_MI_Programa%20sensibilizacion.pdf





22/3/14

Diversidade. Guía familias

Guía editada por Cruz Roja Juventud e dirixida ás familias con membros menores de 18 anos. Os obxectivos perseguidos son os seguintes:
  • Ofrecer información, recursos e ferramentas sobre temas relacionados coa diversidade cultural para traballar desde a casa valores como o respecto e a igualdade.
  • Favorecer a interacción interxeneracional, convertindo aos membros adultos da familia en parte activa da educación en valores da infancia e a xuventude.
  • Estimular a conciencia crítica fronte aos temas plantexados na guía, como a interculturalidade, os dereitos humanos e a educación para a paz.
  • Informar a nenos, nenas, mozos e mozas sobre a interculturalidade, a través do apoio dos seus familiares adultos.
A guía estructúrase en catro módulos: orientacións xerais para a vida cotiá referidas á diversidade sociocultural; os dereitos humanos; a educación intercultural; e a educación para o desenvolvemento.  

Para acceder á guía. fai clic na imaxe

http://www.cruzrojajuventud.es/pls/portal30/docs/PAGE/CRJ/RECURSOS_DIDACTICOS/RD_EDUCACION_PARA_EL_DESARROLLO_Y_COOPERACION_INTERNACIONAL/GU%CDA%20DIVERSIDAD%20-%20FAMILIAS/GU%CDA%20DIVERSIDAD.%20FAMILIAS.PDF



Fonte: cruzrojajuventud.es

20/3/14

Programa sobre BULLYING/ACOSO ESCOLAR

Programa de "Para todos la 2" sobre o bullying. Inclúe unha reportaxe e unha entrevista a Javier Pérez, presidente da Asociación "No al Acoso Escolar" O obxectivo do programa é concienciar e sensibilizar sobre esta problemática que causa un importante sufrimento a mozos e mozas nas escolas.


Fonte: Blog Entre pasillos y aulas

Tecnoadiccións en adolescentes. Guías

A Fundación Mapfre elaborou, en colaboración co centro de seguridade en Internet "Protégeles" e o Grupo Siena, unhas guías didácticas para profesorado e familias nas que se establecen as pautas necesarias para tratar os síntomas das tecnoadiccións, evitar riscos futuros e reducir o nivel de dependencia dos mozos e mozas cos dispositivos electrónicos.
 
A guía para o profesorado informa sobre o uso adecuado da TIC, e proporciona ferramentas para diferenciar e afrontar o uso, abuso e adicción. Inclúe ademáis fichas didácticas para traballar na aula. Dirixida a educadores de mozos e mozas entre 11 e 16 anos.
 
A guía para as familias constitúe un punto de información e apoio para desenvolver una boa saúde dixital no contorno familiar.

Para acceder ás guías, fai clic nas respectivas imaxes

GUÍA PARA O PROFESORADO

http://www.fundacionmapfre.org/fundacion/es_es/images/tecnoadicciones-profesores_tcm164-48990.pdf
 
GUÍA PARA AS FAMILIAS
 
http://www.fundacionmapfre.org/fundacion/es_es/images/tecnoadicciones-familias_tcm164-48988.pdf
 
 

19/3/14

Residencias universitarias e colexios maiores España

Neste portal atoparás información sobre todas as residencias universitarias e colexios maiores de España.

Para acceder á información, fai clic na imaxe

http://dondememeto.com/

Guía selectividade

O portal "Y ahora qué?" ofrécenos unha guía da selectividade. Nela atoparás información sobre as datas, notas de corte, exames e ponderacións. 

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://yaq.es/selectividad

16/3/14

Notas de corte en España 2014

En Educaweb.com atoparás as Notas de corte para acceso á todas as universidades. Máis concretamente, se fas clic na imaxe, poderás consultar as seguintes cuestións:
  • Como se calcula a nota media de selectividade?
  • Notas de corte por estudos universitarios
  • Notas de corte por provincias

http://www.educaweb.com/contenidos/educativos/selectividad/notas-corte/

Estudos universitarios en España

En Educaweb.com atópase información sobre os estudos universitarios en España. Máis concretamente, se fas clic na imaxe poderaste enteirar das seguintes cuestións:
  • As ensinanzas universitarias no Espazo Europeo de Educación Superior
  • Oferta de titulacións por ramas de coñecemento
  • Vías de acceso á Universidade
  • Normativa

http://www.educaweb.com/contenidos/educativos/estudios-universitarios/

14/3/14

Cuestionarios de autocoñecemento

Presentamos nesta entrada un conxunto de tests e cuestionarios para facilitar o autocoñecemento do alumnado de cara á toma de decisións académico-profesionais. É importante subliñar que ccarecen de valor diagnóstico, aínda que posúen un valor orientativo para o alumnado e as familias.


"Rompiendo esquemas"

Programa editado polo Instituto Asturiano da Muller (2007) para a orientación académica e profesional desde a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Nel abórdanse as seguintes cuestións:
  • Autocoñecemento
  • Coñecemento do sistema educativo
  • Coñecemento do mercado laboral
  • Toma de decisións
  • Corresponsabilidade
  • Centralidade no emprego
Para acceder á publicación, fai clic na imaxe

http://www.educarenigualdad.org/media/pdf/uploaded/old/Mat_131_Rompiendo_Esquemas_caliopeI.pdf

Fonte: educarenigualdad.org; Orientación psicopedagógica (Alberto del Mazo)

Protocolo de actuación escolar ante o ciberbullying

Este protocolo é o resultado do traballo dun conxunto de profesionais que, agrupados baixo o nome de EMICI (Equipo Multidisciplinar de Investigación del Ciberbullying), tratan de dar resposta a un problema que se manifesta día a día na nosa sociedade e, por ende, nas aulas: o ciberbullying.

Tecnoloxías como Internet e a telefonía móvil son hoxe en día unha ferramenta importante para a formación, a socialización, o ocio e o desenvolvemento dos máis pequenos.

Do mesmo xeito, a súa enorme capacidade posta ao servizo de usuarios con intencións nocivas ou con escasas competencias no seu manexo pode supoñer a aparición de situacións nas que uns menores vense lesionados polas accións doutros.

Nos últimos tempos, diversos factores veñen propiciando unha maior presencia do ciberbullying nos centros escolares: incorporación máis temperá ao uso das TIC, maiores posibilidades de accesibilidade e portabilidade son algúns dos factores que poden considerarse catalizadores de problemas de ciberconvivencia.

O ciberbullying é un fenómeno sixiloso de graves consecuencias que se desenvolve polo xeral fóra do alcance da observación tradicional pero que non por elo é menos lesivo que o bullying tradicional.

Require unha resposta tan contundente como proporcional e acertada. A presente guía, en forma de protocolo, pretende aportar pautas e procedimento para unha eficiente atención escolar ás situacións de ciberbullying.

Fonte: Blog Crea y aprende con Laura


13/3/14

"Pipas": curta sobre o valor de estudar

"Pipas" reflicte a importancia de aprender e amosa o fracaso escolar da sociedade a través da mirada de dúas rapazas novas que manteñen unha interesante conversa. Cando a vexas, ademáis de rir un rato, quedarás convencido de que é mellor estudar.

Corto PIPAS from Manuela Moreno on Vimeo.

A familia ante momentos difíciles

Guía editada pola Consellería de Familia e Asuntos Sociais da Comunidade de Madrid. Trátase dunha publicación sinxela dirixida a pais e nais para axudarlles a superar os momentos difíciles que xurden no contorno familiar. Aborda unha gran variedade de temas: embarazo adolescente, morte dun familiar, pai ou nai no paro, consumo de drogas, bebida, separación, etc.

Para acceder á publicación, fai clic na imaxe

http://www.madrid.org/cs/Satellite?blobcol=urldata&blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=filename%3DGUIA1-FAMILIA+MOMENTOS+DIFICILES-WEB.pdf&blobkey=id&blobtable=MungoBlobs&blobwhere=1220685084061&ssbinary=true

"Yo tomo tu mano". Vídeo contra a homofobia

Vídeo de curta duración que incide na necesidade de combater a discriminación de carácter homófobo. De utilidade para o profesorado-titor nos cursos superiores da ESO.


12/3/14

Alcohol, tabaco e drogas na adolescencia

Vídeo que explica, de maneira pormenorizada, cales son os efectos do alcohol, do tabaco e das drogas sobre a saúde dos adolescentes. Útil para empregar e debater as titorías dos cursos superiores da ESO.

)

CONVOCADAS PROBAS CELGA 2014


A Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de publicar a Orde do 6 de Marzo pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de Lingua Galega , niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2014. 

PRAZO  DE SOLICITUDE: Do 12 de marzo ao 11 de abril de 2014.

DATAS DAS PROBAS:
  • Celga 4: 14 de xuño de 2014.
  • Celga 2: 15 de xuño de 2014.
  • Celga 3: 21 de xuño de 2014.
  • Celga 1: 22 de xuño de 2014.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTAS PROBAS NA SEGUINTE LIGAZÓN:

Drogas, fillos adolescentes e dúbidas: como actuar?

Manual editado polo Concello de Palma con consellos destinados ás familias. Parte da base de que a prevención do abuso de drogas é unha tarefa de todos e que os pais e nais constitúen unha peza fundamental para axudar aos seus fillos e fillas a non caer nesa trampa. Aborda as seguintes cuestións:
  • Por que un manual de drogas para pais
  • Coñecedes ao voso fillo/a?
  • Sabedes cales son as drogas que coñecen os vosos fillos?
  • O xogo da balanza: perigos e praceres
  • Como saber se o voso fillo consume drogas e que facer ante isto?
  • Que fai que o voso fillo decida consumir ou non?
  • A diversión
  • Os amigos, o grupo, a pandilla
  • Onde apenden os vosos fillos
  • A familia, pode previr o consumo de drogas dos fillos?
  • Os nosos adolescentes precisan normas urxentemente
  • Falade con eles
  • Onde informarse e buscar axuda
Para acceder ao manual, fai clic na imaxe

http://www.scoop.it/t/orientacion-al-dia/p/4017250496/2014/03/08/drogas-hijos-adolescentes-y-dudas-como-actuar

Fonte: Orientación al día. Scoop.it de Alberto del Mazo

11/3/14

Opcións académicas ao rematar 3º ESO




http://buscatucamino.com/blog/?page_id=718
O orientador Víctor Cuevas ofrece este interesante esquema que explica as opcións que se lle presentan ao alumnado despois de cursar 3º ESO.

Para ampliar o esquema, fai clic na imaxe


 Fonte: Busca tu camino. Blog de orientación

9/3/14

"Qué me está pasando": a sexualidade na adolescencia

Sinxelo e didáctico vídeo para adolescentes que explica a través de debuxos animados os cambios na sexualidade que se producen cando se chega á pubertade sen perder de vista que a sexualidade está presente ao longo de toda a vida do ser humano.


Que me esta pasando from zumkat on Vimeo.

8/3/14

Maltrato entre alumnos

Portal dedicado ao maltrato entre iguais do que son autores Jordi Collell e Carme Escudé. Pretende aportar elementos que axuden a comprender o fenómeno, propostas didácticas e orientacións para traballar desde a escola. Inclúe ademáis un conxunto de guías prácticas e consellos para as familias. Versión en catalán e castelán.

Para acceder á web, fai clic na imaxe



7/3/14

A sexualidade de rapaces e rapazas con discapacidade. Guía familias

"Apuntes de educación sexual. Sobre la sexualidad de niños y niñas con discapacidad" é unha guía editada pola CEAPA (Confederación Estatal de Asociacións de Pais e Nais) e destinada ás familias. Trátase dun texto sinxelo que asume as seguintes premisas:
  1. A sexualidade das persoas con discapacidade tense asociado frecuentemente a problemas. Precisamente por elo é un tema do que se fala pouco pero do que hai que falar.
  2. A sexualidade forma parte de todas as persoas e, por suposto, tamén das persoas con discapacidade. Ao igual que todas as sexualidades, ista tamén se educa.
  3. O obxectivo perseguido é proporcionar orientacións para contribuir a que rapaces e rapazas aprendan a coñecerse, a aceptarse, e a que as expresións da súa erótica sexan fonte de satisfacción e non de problemas.
Pódese acceder á guía facendo clic na imaxe

https://www.ceapa.es/c/document_library/get_file?uuid=784c641e-c050-4e31-9816-654795527f01&groupId=10137

Fonte: ceapa.es

Convocatoria das probas específicas para acceder ao INEF (Universidade da Coruña)


 

Axudar a fillos e fillas contra as drogas: Guía familias

O Goberno de Navarra editou a guía "Ayudar a hijos e hijas frente a las drogas. Guía para las familias". Nela ofrécese información e pautas aos país e nais para o manexo do problema do consumo de drogas en adolescentes de entre 12 e 18 anos.

A guía divídese nunha serie de capítulos que tratan as causas que promoven o consumo de drogas en adolescentes, que se pode facer desde a familia para previr este problema, como saber se o teu fillo está a consumir drogas, como afrontar as situación asociadas ao consumo,  e información sobre as diferentes sustancias e falsas creencias.

O texto subliña a importancia do papel da familia á hora de desenvolver os factores de protección ao consumo de drogas mediante o establecemento dunha adecuada comunicación cos fillos e fillas e a adopción de normas e límites razoables sobre o seu comportamento.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe


Probas de acceso a ciclos formativos. Convocatoria 2014

Publicouse a Orde de 5 de marzo de 2014  pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014.


1. PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRAO MEDIO.
1.1 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
DO 31 de MARZO ao 11 de ABRIL
1.2 DATA DA PROBA: 4 de XUÑO de 2014
9:00 HORAS: PRESENTACIÓN
DE 10:00 A 13:00 HORAS: PARTE MATEMÁTICA E PARTE SOCIOLINGÜÍSTICA
DE 16:00 A 18:00 HORAS: PARTE CIENTÍFICO-TÉCNICA


2. PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRAO SUPERIOR
2.1 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
DO 10 ao 21 de MARZO
2.2 DATA DA PROBA: 7 de MAIO de 2014
9:00 HORAS: PRESENTACIÓN
DE 10:15 A 13:30 HORAS: MATEMÁTICAS, LINGUA GALEGA E LINGUA CASTELÁ
DE 16:00 A 18:30 HORAS: MATERIAS ESPECÍFICAS.


Para máis información sobre as características destas probas, criterios de avaliación e modelos de exames, visita as entradas As probas de acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio e As probas de acceso a Ciclos de Grao Superior neste blogue.
Consulta tamén o Calendario das probas

6/3/14

Contidos educativos dixitais para traballar a igualdade

O Portal educativo da Junta de Extremadura ofrece unha selección de recursos dixitais para traballar a igualdade entre homes e mulleres no primeiro curso da ESO. As actividades propostas son as seguintes:
  • Igualdade entre homes e mulleres
  • Acabemos cos estereotipos sexistas!
  • Existe a violencia de xénero
  • Prevención fronte á violencia
  • Desigualdades sexistas en distintos países
  • Identidade sexual
  • Igualdade
  • O papel da muller na historia
  • Mozos e mozas iguais
  • Linguaxe sexista
Para acceder aos materiais, fai clic na imaxe

http://conteni2.educarex.es/?sd=266
Fonte: educarex

Recursos para traballar o Día Internacional da Muller

Excelente recompilación de materiais para traballar na aula o 8 de marzo, Día Internacional da muller. Recursos para distintos niveis: Primaria e Secundaria.

Para acceder aos recursos, fai clic na imaxe

http://www.pinterest.com/nlg4/d%C3%ADa-internacional-da-muller/

5/3/14

Cómic. Educar para a igualdade

Excelente cómic editado polo Concello de Gijón para tratar o tema da igualdade entre homes e mulleres. Bo recurso para empregar nas titorías nos cursos inferiores da ESO.

Para acceder ao cómic, fai clic na imaxe

https://docs.google.com/file/d/0B-dzfXgHabhkdmtRb2ZtOVRMYlU/edit

4/3/14

A adopción. Guía para pais e nais


Guía publicada pola CEAPA (Confederación Española de Asociacións de país e nais de alumnos) co obxecto de orientar ás familias que teñen un fillo ou filla adoptado.


Para acceder á guía en pdf, fai clic nesta ligazón