"Apuntes de educación sexual. Sobre la sexualidad de niños y niñas con discapacidad" é unha guía editada pola CEAPA (Confederación Estatal de Asociacións de Pais e Nais) e destinada ás familias. Trátase dun texto sinxelo que asume as seguintes premisas:
- A sexualidade das persoas con discapacidade tense asociado frecuentemente a problemas. Precisamente por elo é un tema do que se fala pouco pero do que hai que falar.
- A sexualidade forma parte de todas as persoas e, por suposto, tamén das persoas con discapacidade. Ao igual que todas as sexualidades, ista tamén se educa.
- O obxectivo perseguido é proporcionar orientacións para contribuir a que rapaces e rapazas aprendan a coñecerse, a aceptarse, e a que as expresións da súa erótica sexan fonte de satisfacción e non de problemas.
Pódese acceder á guía facendo clic na imaxe
Fonte: ceapa.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario