1/10/13

Cadernos de titoría

Estes Cadernos de Titoría foron elaborados polos Grupos de Traballo de Orientadores e Orientadoras da provincia de Cádiz.
Caderno de Titoría
3º Ciclo de Primaria
"Nos vamos a la ESO"



Caderno de Titoría
1º ESO



Caderno de Titoría
2º ESO
 

  
Caderno de Titoría
3º ESO
 
 
  
Caderno de Titoría
4º ESO
  
 

Video sobre o bullying: "¿Conoces a alguien como Fito?"

Editado pola Consejería para la igualdad y bienestar da Junta de Andalucía.
 

29/9/13

Clarificando o rol e as funcións do orientador/-a educativo/-a

Axudas para a realización de estudos universitarios durante o curso 2013/14 no SUG

 
 
Publicouse no DOG e 27 de setembro de 2013 a Orde pola que se convocan axudas para a realización de estudos universitarios durante o curso 2013/14 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
 
Prazo: un mes
 
Presentación de solicitudes:
a) por vía electrónica a través do formulario ED441 disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es
b) en papel, utilizando o formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
 
Consultas: no enderezo orientación.sug@edu.xunta.es
 
Requisitos: consultar a Orde.

27/9/13

Diapositivas sobre o acoso escolar



Fonte: Orientación Compartida

Protocolo Xeral de prevención, detección e tratamento do Acoso Escolar e Ciberacoso

 
Nesta ligazón atópase a información referida ó acoso escolar e ciberacoso publicada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Contén un conxunto de anexos modificables que indican os pasos a seguir polos centros escolares nestes casos e o  Protocolo Xeral de prevención, detección e tratamento. 
 
Para acceder á información, fai clic na imaxe

25/9/13

Modificación de conducta


Conxunto de recursos sobre a modificación de conducta. Moi útil para docentes e familias. Publicado polo Goberno de Canarias.
 
 

A tartamudez: Guía para docentes

 
Editada pola Viceconsejería de Sanidad da Comunidade de Madrid e a Fundación Española de la tartamudez, esta guía aborda as seguintes cuestións: definición, causas, características do neno/adolescente que a sofre, pautas para intervir na escola e como interactuar co alumno que tartamudea.
 
Para acceder á guía, fai clic na imaxe

Guías para a avaliación de destrezas lectoras en Primaria e Secundaria

Dúas guías, publicadas pola Junta de Andalucía, que nos ofrecen ferramentas de avaliación e diagnóstico para identificar as dificultades do alumnado nas distintas destrezas lectoras.

Guía de evaluación de destrezas lectoras de Educación Primaria ofrece, como instrumentos para a avaliación periódica das destrezas lectoras, a proba utilizada en ESCALA (Escritura, cálculo y lectura en Andalucía 2010-2011) para segundo curso, así como a aplicada na avaliación do Plan de lectura e bibliotecas escolares (2009-2010) para sexto curso.
 
Pódese acceder á guía facendo clic na imaxe
 
 

Guía de evaluación de destrezas lectoras de Educación Secundaria ofrece, como instrumento para a avaliación periódica das destrezas lectoras, a proba aplicada na avaliación do plan de lectura e bibliotecas escolares (2009-2010) para cuarto curso.

 
Pódese acceder á guía facendo clic na imaxe
 

 
Fonte: Profe PT

24/9/13

Proxecto Intercambia: Educar en feminino e en masculino

 
Este proxecto ofrece una multitude de recursos didácticos para traballar a coeducación e a educación para a igualdade de oportunidades. Contén, ademáis, un banco de recursos TIC. Útil para traballar nas titorías.

É una iniciativa do CNIIE (Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa) e do Instituto da Muller.

Para acceder ao proxecto, fai clic na imaxe

23/9/13

Recompilación de recursos sobre o Trastorno de déficit de atención con/sin hiperactividade

O trastorno por déficit de atención con ou sen hiperactividade é un trastorno frecuente que interfire no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Debido á sua prevalencia entre o alumnado e as súas implicacións cara a realización das taefas escolares, a maioría das Comunidades Autónomas teñen pubricado guías e protocolos sobre cómo actuar.
 
 

Monográfico sobre a Formación Profesional




Contén as seguintes informacións: Estudar FP, probas de acceso, acreditación de experiencia laboral, as profesións de FP con máis emprego, o acceso á Universidade desde a FP e a FP a distancia.
 
 


Guía de educación emocional para familiares e educadores

Podes acceder á guía facendo clic na imaxe





Especialmente indicada para o alumnado con TDAH



Edita: Asociación Elisabeth d'Ornao para el Trastorno de déficit de atención e hiperactividad.

Fresa e chocolate. Guía sobre a bisexualidade

 
Fresa y chocolate nace baixo a necesidade de botar un raio de luz sobre unha das orientacións sexuais menos coñecidas pola nosa sociedade heteronormativa: A Bisexualidade.
 
Editada pola Asociación NO TE PRIVES, Colectivo de Lesbianas, Gays, Transexuais e Bisexuais da Rexión de Murcia.
 
O tema da bisexualidade é unha materia pendente para o movimiento LGTB. A diferencia de outras orientacións sexuais, bótase de menos unha cultura bisexual na literatura e no cine.

 
 
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
 

20/9/13

Caderno de Técnicas de Estudo

Editado por Familiae Psicoterapia. Pode empregarse como se fose unha presentación. Contén exercicios prácticos. Moi útil para as titorías (especialmente en 3º e 4º ESO).

19/9/13

Graos universitarios con máis saídas profesionais

Nesta ligazón atoparás información sobre as carreiras con mellores saídas profesionais

Fonte: Blog Orientaguía

Blog "El mundo del superdotado"

Blog adicado ao alumnado con altas capacidades. Contén interesantes pautas de actuación e multitude de orientacións.

Para acceder á información, fai clic na imaxe
 

16/9/13

Guías sobre necesidades educativas especiais

Colección de guías editadas pola Consejería de Educación da Junta de Andalucía. Para acceder, fai clic nas distintas imaxes.
 
1. Necesidades específicas de apoyo educativo

 
2. Altas capacidades
 
  
3. Guía limitacións na mobilidade
 
 
4. Trastornos graves de conducta 
 


5. Trastornos xerais do desenvolvemento
  

 
6. Síndrome de Down
 

7. Discapacidade auditiva
 
  
8. Discapacidade visual e xordocegueira
 
 
9. Enfermidades raras e crónicas
  
  
10. Discapacidade intelectual
 
 
 
11. Dificultades específicas de aprendizaxe. Dislexia
 
 
 

15/9/13

Guía para a atención educativa do alumnado con Trastornos na Linguaxe Oral e Escrita

Editada pola Consejería de Educación, Ciencia y Tecnología. Junta de Extremadura. Coa colaboración dos logopedas dos Equipos de Atención Temperá de Cáceres e Badajoz.     
 
 
Para acceder á guía, fai clic na imaxe

 

Guía didáctica sobre transexualidade

Editada polo COGAM de Madrid (Colectivo de lesbianas, gays, bisexuales e transexuales) 
 
 
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
 
Fonte: La botica del orientador, de Fernando Navarro

14/9/13

Premios nacionais de educación no ensino non universitario. Convocatoria 2013/14


O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ven de publicar no BOE de 20 de Agosto a convocatoria 2013 dos Premios Nacionais de Educación.
 
Os premios agrúpanse nas seguintes categorías: 

1. Premios Nacionais de Educación para centros docentes
  • Premios Nacionais ao Fomento da Convivencia Escolar e Mención “Irene: La paz empieza en casa”, para a prevención i erradicación da violencia e a promoción da igualdade entre homes e mulleres. 
  • Premios Nacionais ao Uso de Tecnoloxías Aplicadas á Educación. 
  • Premios Nacionais á Inclusión do Alumnado con Necesidades Educativas Especiais. 
  • Premios Nacionais ao Desenvolvemento de Competencias de Lectoescritura e Audiovisuais. 
  • Premios Nacionais á Xestión Medioambiental e Sostenibilidade. 
  • Premios Nacionais á Saúde Integral.
  • Premios Nacionales á Mellora do Éxito Educativo. 
2. Premios Nacionais de Educación á carreira académica de investigación e innovación educativa
 
3. Premios Nacionais de Educación a proxectos de entidades para a promoción educativa
 
4. Premios Nacionais de Educación aos equipos docentes
  • Premios Nacionais á Utilización das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) na Docencia. 
  • Premios Nacionais á Colaboración no ámbito de las TIC. 
5. Premios Nacionais de Educación ao rendemento académico do alumnado
  • Premios Nacionais de Bacharelato. 
  • Premios Nacionais de Educación Secundaria Obligatoria. 
  • Premios Nacionais de Ensinanzas Artísticas Profesionais. 
  • Concurso Hispanoamericano de Ortografía. 
O prazo de presentación finaliza o 24 de setembro e a súa tramitación pode facerse a través da sede electrónica do Ministerio.

12/9/13

Blogues de titoría con numerosos recursos

Aquí tedes unha selección de ligazóns adicadas á titoría. Atoparedes numerosos materiais e recursos prácticos para empregar na titoría grupal.

-  web do Departamento de Orientación do IES Santa Eulalia de Mérida. Presenta materiais por etapas: Etapa de E.S.O. Etapa de Bacharelato
-  web do Departamento de Orientación IES Bartolomé J. Gallardo, creada polo orientador Manuel Mª Calderón. Presenta documentos de apoio á titoría ademáis de propostas de actividades organizadas por niveis e trimestres para a ESO e Bacharelato.
- web do Departamento de Orientación San Juan de la Cruz. Ten documentos para as distintas etapas.
- blog da orientadora 
Mónica Diz: Recursos para traballar a competencia social.
- blog
Orientaguía do orientador Claudio Castilla (selecciona no menú o tema "titoría"): Vídeos titoriales.
- blog
Orienta San José.
- web do Gobierno de Navarra: Actividades de titoría sobre a educación en valores, propostas para traballar películas e documentais. 
-  web Educarueca: 32 actividades para tutoría para traballar a titoría a través dos valores. 

7/9/13

TDAH: Guía para docentes

Guía moi completa sobre o "Trastorno de déficit de atención e hiperactividade". Elaborada pola Fundación Cantabria ayuda al Déficit de Atención e Hiperactividad. Contén un protocolo de detección, así como os criterios de diagnóstico establecidos no DSM-IV.
 
 

4/9/13

Sextorsión: Unha forma de violencia sexual dixital

Qué é o sexting? É o envío de contidos de tipo sexual (principalmente fotografías e/ou vídeos), producidos xeralmente polo propio remitente, a outras persoas mediante teléfonos móviles. A consecuencia do sexting pode ser a sextorsión (unha forma de chantaxe).
Sirvan como exemplo estes vídeos de "Pantallas amigas".







Máis información en sexting.es

27/8/13

"Ni ogros ni princesas": Guía para a educación afectivo-sexual na ESO

 
Esta Guía foi elaborada por profesionais do ámbito educativo que levan a cabo o proxecto de Educación Afectivo-Sexual nun centro escolar da rede pública. É unha proposta desde o profesorado para o profesorado.
 
Para acceder ó documento, fai clic na imaxe

22/8/13

Probas de avaliación inicial para Secundaria. Curso 2013/14


Nesta web atoparás unha amplísima recompilación de probas de avaliación inicial para a etapa de Secundaria: Lingua, Matemáticas, alumnado con necesidade específica de apoio educativo e español como segunda lingua para inmigrantes.

Fonte: Orientación Andújar
 
 
 

Protocolo de detección e intervención nas Dificultades de Aprendizaxe

 
Este protocolo para a detección das dificultades de aprendizaxe comeza describindo este proceso, así como as súas consecuencias a medio e longo prazo para o alumnado que as padece. O protocolo aporta dous cuestionarios-escalas de observación, así como indicacións para o tratamento e axuste da resposta educativa en cada caso.
 


Fonte: Junta de Andalucía

Oferta educativa das escolas oficiais de idiomas de Galicia a partir do curso escolar 2013/14


A Consellería de Cultura, Educación e Orenación Universitaria fai pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2013/14.Podes consultar toda a oferta formativa no DOG do día 12 de agosto de 2013.

Gradomania: Web sobre os estudos universitarios

En gradoMania atoparás a información máis completa sobre as novas Carreiras Universitarias e Graos, aprobadas e en trámite, adaptadas ó Espacio Europeo de Educación Superior, tamén coñecido como "Plan Bolonia".
Accede á web facendo clic na imaxe

20/8/13

BECAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN. CURSO 2013/14

 
 
Publicouse no BOE a Resolución de 13 de agosto de 2013 pola que se convocan becas de carácter xeral para o vindeiro curso 2013/2014 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios universitarios e non universitarios.

PRAZOS DE SOLICITUDE:
Becas universitarias: ata o 15 de outubro de 2013
Becas non universitarias: ata o 30 de setembro de 2013

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: A solicitude de beca debe ser presentada vía internet. É preciso rexistrarse previamente na sede electrónica


 

15/8/13

OFERTA DE PCPI PARA O CURSO 2013/14


Publicouse a Orde do 7 de agosto de 2013 pola que se establece a oferta de programas de cualificación profesional inicial en centros públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro curso 2013/14.

Guía para atopar traballo en Internet

 O obxectivo desta guía para atopar emprego é reunir nun mesmo sitio todos os recursos que nos ofrece Internet para á percura de emprego. Deste xeito evitarás ter que andar buscando información en moitos sitios ó mesmo tempo. Gracias a "35Webs" e á colaboración de varios bloggers podes ter una valiosa guía para atopar traballo completa, actualizada e moi eficaz.


Para acceder á guía, fai clic na imaxe

12/8/13

PRAZOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA NOS PCPI EN GALICIA CURSO 2013/14

Publicouse a Resolución do 31 de Xullo de 2013 pola que se determinan os prazos de admisión e matrícula nos Programas de Cualificación Profesional Inicial en Galicia para o curso 2013/14. 

PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZA E PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN: Desde o 2 ata o 11 de setembro de 2013 ás 13:00h.

PUBLICACIÓN DE LISTADOS DE ADMITIDOS: 13 de setembro.

 
PRAZO DE MATRÍCULA: Dende o 13 ata o 17 de setembro.
 
 

PREMIOS ESO AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSONAL CURSO 2012/13

A Consellería de Educación publicou hoxe a Orde de 22 de xullo de 2013 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e superación persoal correspondentes ao curso 2012/13. 


DOTACIÓN: 20 premios de 750 € cada un.

REQUISITOS:
1. Cursar durante o curso 2012/13 cuarto curso de ESO polo réxime ordinario en calquera centro da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en ESO.
3. Merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno failiar e sociocultural.
4. O perfil obxecto destes premios correspóndese co alumnado:
a) Que procede de contornos socioculturais desfavorecidos ou de contornos familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta cara conseguir rematar os seus estudos.
b) En proceso de superación de enfermedades crónicas ou con disapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.
 
PRAZO: Ata o 20 de setembro de 2013
 
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
  • Tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel utilizando o formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

9/8/13

A atención ao alumnado con dislexia no sistema educativo



O Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, a través do CNIIE (Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa) editou a obra “A atención ao alumnado con dislexia no sistema educativo no contexto das necesidades específicas de apoio educativo”.
Constitúe o primeiro estudo propio da Rede Eurydice España-REDIE. Pretende ser un achegamento ao sistema educativo español das dificultades específicas de aprendizaxe en xeral, e da dislexia en particular, cunha visión vertebrada e de conxunto das diferentes actuacións das Administracións educativas españolas.

Pódese descargar esta publicación nos seguintes enlaces:

6/8/13

Recursos educativos



Web do INTEF (Instituto Nacional de Teconoloxias Educativas e Formación do Profesorado. Ministerio de Educación)

Desde esta páxina pódense atopar milleiros de recursos educativos para o profesorado e para a comunidade educativa.

Desde o menú da esquerda accédese a materiais segundo os colectivos de destino, mentras que no centro agrúpanse por criterios de actualidade e por niveis educativos.
 
Para acceder á web, fai clic na imaxe

Titoría e orientación



Recopilación de recursos educativos e materiais para a titoría e a orientación educativa, así como webs e recursos TICs.

Para acceder á información, fai clic na imaxe

5/8/13

Becas, axudas e subvencións

Web do Ministerio de Educación con información sobre becas, axudas, subvencións, premios. De interese para o alumnado.

Desafiando ó autismo

Páxina web destinada a divulgar información científica e material de traballo sobre trastornos do espectro autista e outros trastornos do desenvolvemento. Foi creada por dúas nais con fillos autistas. Útil para as familias.
 
 
 
Para acceder á ligazón, fai clic na imaxe
 
 
 

Trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH)


Folleto onde se explica de maneira clara e sinxela en que consiste o déficit de atención con hiperactividade.

Internet sen acoso

Web informativa onde se explica que é o ciberacoso, cales son as súas consecuencias, como actuar nestes casos e enderezos para denuncialo. Recurso moi útil para centros escolares.
 
 
Para acceder á web, fai clic na imaxe

1/8/13

NEX: Novo espazo xuvenil

Web do Concello de A Coruña con información sobre emprego, participación, sexualidade, vivenda, lecer e tempo libre, educación, bolsas e axudas, concursos e premios, cursos, oposicións... Podes solicitar información sobre calquera tema que che interese.

 
Fai clic na imaxe para acceder
 

Xuventude.net: Web de orientación e información para mozos e mozas

Esta web pretende ser o medio a través do cal poidades realizar accións sociais, facervos voluntario, asociarvos ou simplemente, pasar o tempo libre. Queremos que nos consultedes, que nos sigades a través das redes sociais,  ser o voso referente informativo e que desfrutedes cos nosos programas. Traballamos arreo para estar en contacto con vos e servos de utilidade.
 
 
 

Fai clic na imaxe para acceder á información.