19/2/14

Recursos para traballar a educación emocional na ESO

"Llevarme bien conmigo mismo. Competencia emocional": Interesante webquest sobre a importancia do autocoñecemento e o control das emocións e os impulsos para ter unha boa autoestima.

http://agrega.juntadeandalucia.es/visualizar/es/es-an_2010040613_9102918/false

 "¿Por qué tenemos sentimientos negativos?": Conxunto de actividades sobre educación emocional dirixidas ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria . Os contidos que se traballan fan referencia ás emocións negativas, como a ira, a envexa, os celos, o enfado, a ansiedade, etc. Neste conxunto de actividades hai exercicios que permiten construir a aprendizaxe e ir comprobando o que se aprendeu.


http://conteni2.educarex.es/mats/101226/contenido/

"Tengo emociones positivas": Conxunto de actividades sobre educación emocional dirixidas ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria. Os contidos que se traballan fan referencia ás emocións positivas, como a ledicia, o humor, o amor, etc. Neste conxunto de actividades hai exercicios que permiten construir a aprendizaxe e ir comprobando o que se aprendeu.

http://conteni2.educarex.es/mats/101225/contenido/

"Dar para ser felices": Título dun capítulo de La mirada de Elsa, unha sección do programa Redes emitido en La 2 de Televisión Española o 9 de xuño de 2013. Céntrase na felicidade, buscando definicións e diferentes maneiras de entendela.




Fonte: Tiching.com

Guía para o desenvolvemento de habilidades sociais en adolescentes

Guía elaborada pola asociación de apendizaxe "Mind the Gap" no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente da Comisión Europea Grundtvig (2007-2013). Trátase dun documento de carácter fundamentalmente práctico que recolle intervencións realizadas con xoves adultos (entre 16 e 25 anos) cun baixo nivel de habilidades sociais. 

A finalidade do proxecto é compartir, comparar e avaliar os diferentes procedimentos e metodoloxías de ensinanza das habilidades sociais coa finalidade de mellorar a calidade da formación que se oferta. Por outra banda, espérase que a guía sexa de utilidade para os profesionais que traballan con xoves en risco de exclusión social.

A guía está composta por catro seccións relacionadas cos catro temas que foron considerados chave para a adquisición e o desenvolvemento de habilidades sociais:
  • Autoestima e autocoñecemento
  • Comunicación interpersoal e resolución de conflictos
  • Orientación laboral
  • Educación intercultural e cidadanía europea



Manual sobre Técnicas de Estudo

"Programa de estudio eficaz" é un manual  publicado pola editorial Santillana e dirixido ao profesorado que pode ser tamén empregado polo alumnado dun certo nivel (Bacharelato e estudos posteriores). Contén información sobre técnicas de estudo, a preparación das avaliacións e a presentación de traballos. Máis concretamente, os contidos abordados son os seguintes:
  • Técnicas de estudo
    • Subliñar
    • Infererir as ideas principais
    • Resumir
    • Organización gráfica da información: esquemas e táboas
  • Avaliacións
    • Repasar contidos
    • Repasar procedimentos
    • Reflexionar sobre a propia aprendizaxe
  • Presentación de traballos
    • Buscar información
    • Presentar traballos escritos
    • Presentar exposicións orais

18/2/14

Curtametraxes sobre violencia de xénero

O Servizo da Muller do Concello de Sevilla elaborou unha serie de curtametraxes deseñadas para tratar temas ou aspectos específicos considerados como importantes para a comprensión da complexa problemática social da violencia de xénero, así como para o desenvolvemento do traballo de prevención e sensibilización fronte a esta problemática en calquera das súas manifestacións. Este material audiovisual pode moi ben ser empregado nos centros educativos.

Fonte: sevilla.org

Mujeres en prostitución. Las esclavas del siglo XXI


Aprende a valorar lo mucho que vales 


El maltrato no es solo cuando te ponen un ojo morado


El Romanticismo, un merengue envenenado


Momentos-resumen de la campaña #ÉchaleCabeza 


Buen uso de redes sociales e internet 


Guía de intervención con menores víctimas de violencia de xénero

Esta guía, editada polo Instituto Canario de Igualdade, xurde da necesidade de orientar a profesionais que traballan na atención a mulleres e menores víctimas de violencia de xénero dotándoos dun instrumento de consulta. Nela abórdase a conceptualizacion da violencia de xénero en menores como víctimas directas, os seus dereitos, as pautas de intervención e a atención ás necesidades dos equipos profesionais para unha intervención de calidade. Contén ademáis unha programación de actividades nas que se ilustran experiencias de traballo realizadas con nenos e nenas neste campo.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.gobiernodecanarias.org/opencms8/export/sites/icigualdad/resources/documentacion/GuiaViolenciaMenores.pdf

17/2/14

Guías didácticas sobre igualdade

"IGUALES PARA HOY": Guías didàcticas para secundaria e bacharelato sobre igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Multitude de informacións e actividades prácticas. Idóneas para traballar nas titorías. 

Para acceder aos distintos niveis, fai clic nas imaxes

Guía 1º e 2º ESO

http://www.educacionenvalores.org/IMG/pdf/IgualesParaHoy_1y2ESO.pdf


Guía 3º e 4º ESO

http://www.educacionenvalores.org/IMG/pdf/IgualesParaHoy_3y4ESO.pdf


Guía Bacharelato

http://www.educacionenvalores.org/IMG/pdf/IgualesParaHoy_bachillerato.pdf


Cuestionarios de intereses académico-profesionais

Presentamos aquí varios cuestionarios sobre intereses académico-profesionais destinados ao alumnado. O seu obxectivo é fomentar a reflexión sobre un mesmo e axudar a coñecerse un pouco mellor.

"GRAN RECORRIDO":

Duración: 15 a 25 minutos. Elaborado por educaweb.com. Para o alumnado maior de 15 anos. Poderás analizar con el os teus gustos, valores, características persoais, etc. Tamén te indica o campo profesional máis axustado ao teu perfil e os posibles itinerarios formativos que tes que seguir (Ciclos Formativos de FP, Universidade, etc.). Tes que acceder como usuario non rexistrado. Podes imprimir os resultados.

Para acceder ao cuestionario, fai clic na imaxe

http://www.educaweb.com/orientacion/intereses-profesionales/

"PROYECTO ORION":

Duración: 15 a 25 minutos. A utilizar a partir dos 14 anos. Este cuestionario (para Secundaria e Bacharelato, da Universidade Pontificia de Comillas) avalía os teus intereses, as túas aptitudes e o teu historial académico e persoal. Ao final presenta cales son os principais estudos que poden ser de interese para ti. Tes que acceder como "invitado".

Para acceder ao cuestionario, fai clic na imaxe

http://web.upcomillas.es/myvip/Alumnos/Default.aspx


"CUESTIONARIO DE INTERESES PROFESIONALES":

Incluido no Programa Ibercaja Orienta. Despois de rematar o cuestionario, recibirás un dossier informativo cos teus resultados. Tes que rexistrarte para facelo.

Para acceder ao cuestionario, fai clic na imaxe

http://orienta.cepymearagon.es/ZonaJ%C3%B3venes/CuestionariodeInteresesProfesionales.aspx
Fonte: Blog Orientaguía

"TEST DE AUTOEVALUACIÓN":

Duración: 5 minutos. Consta dun  total de 22 preguntas sobre as túas cualidades e intereses. Ao final amósanse aqueles grupos de profesións que mello encaixan coas túas preferencias e un conxunto de sectores económicos onde se desempeñan habitualmente esas profesións.

Para acceder ao cuestionario, fai clic na imaxe
http://web.educastur.princast.es/proyectos/itepasas/test-de-autoevaluacion.php


Fonte: educastur.es

Documentos frecuentes de uso académico-administrativo


https://docs.google.com/file/d/0B4kxH9HDVZCbZWI3b3pUZVdXbW8/preview?pli=1

Recompilación de formularios e impresos de uso académico-administrativo -publicados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia- que facilitan a recollida e intercambio de información entre os diferentes membros da comunidade educativa: centro, profesorado, familias e alumnado.

Para acceder aos documentos, fai clic na imaxe

14/2/14

A Formación Profesional Básica na LOMCE

Aprobada e xa en vigor a LOMCE, o vindeiro curso 2014/15 empezarán os novos Ciclos de Formación Profesional Básica que sustitúen aos actuais Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI). Nesta presentación explícanse as características destes Ciclos.


13/2/14

Razóns para estudar

Recompilación de 10 vídeos con razóns para estudar expostas polo alumnado e por algúns personaxes famosos cos que se identifica. Aconséllase o seu visionado para favorecer o proceso de toma de decisións académico-profesionais.




Fonte: Conta en YouTube de Claudio Castilla

12/2/14

Educación en valores

Web da Delegación Territorial de Educación, Cultura e Deportes de Málaga. Contén numerosos recursos de educación en valores sobre as seguintes temáticas:
  • Convivencia
  • Igualdade
  • Interculturalidade
  • Solidariedade, cooperación e cultura da paz
  • Medio ambiente
  • Boas prácticas
De utilidade para o profesorado-titor.

Para acceder á web, fai clic na imaxe

http://lnx.educacionenmalaga.es/valores/recursos-convivencia/

10 principios sobre parentalidade positiva e bo trato

Sinxelo documento de só catro páxinas elaborado por Save the Children co apoio do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Dirixido a pais e nais, contén 10 principios básicos para exercer unha parentalidade positiva.



Orientacións para afrontar os conflictos e dificultades familiares

"Orientaciones para afrontar los conflictos y dificultades familiares. Manual para padres y madres" é unha guía editada pola CEAPA (Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos) da que son autores Pedro Uruñuela e Mª Luz Sánchez García-Arista. O seu obxectivo é axudar a pais e nais a abordar, enfocar e xestionar os conflictos de maneira adecuada e positiva, co fin de que se convirtan nunha ferramenta útil para o desenvolvemento persoal e grupal, de cara á mellora e solución das dificultades que conleva a convivencia. A información se distribúe en cinco grandes capítulos:
  1. Os conflictos na familia
  2. A comunicación na familia
  3. Desenvolver as competencias emocionais
  4. Como facer fronte aos momentos difíciles da familia
  5. Como facer fronte aos problemas conyugais? Medidas de orientación e mediación
Para acceder á información, fai clic na imaxe

http://www.juntadeandalucia.es/educacion/webportal/abaco-portlet/content/e266794f-251f-45c8-a511-e1e540ae8659

Fonte: Web Escuela de Familias de la Junta de Andalucía

11/2/14

O suicidio de Amanda Todd. Vídeo

Hai algún tempo xa, a morte dunha adolescente de 15 anos de idade que relatara a súa experiencia como víctima de anos de bullying nun vídeo que subiu a Internet causou un grande impacto en Canadá.

A moza expresou no vídeo que un descoñecido a ameazara e a convencera para que deixase ver os seus peitos na webcam do seu ordenador. A foto acabou nunha páxina de Facebook á que se foron agregando os seus amigos.

A estudante contou que pasou dunha ansiedade extrema a facerse cortaduras a sí mesma. Unha sobredose de antidepresivos mandouna de novo ao hospital.

Expertos en ciberbullying chamaron a reforzar a lexislación neste tema para permitir á policía que busque aos acosadores que actúan a través de Internet.

Aquí tes a o caso de Amanda Todd.

Web temática sobre o ciberacoso

No portal educativo da Junta de Castilla y León atópase esta web temática sobre o ciberacoso que da forma ao seu Plan de prevencion do ciberacoso e promoción de navegación segura en centros escolares. A web inclúe unha introducción, a fundamentación teórica, os antecedentes, a protección legal dos menores fronte ao ciberacoso, o fomento dun bo uso dos medios informáticos, un glosario e ligazóns de inerese e, por último, unha sección de aplicacións e descargas onde podemos atopar unha guía para o alumnado, unha guía para as familias e unha guía para profesorado e centros escolares.

Para acceder á web, fai clic na imaxe

http://www.educa.jcyl.es/es/webs-tematicas/ciberacoso


MANUAL DO BO USO DOS MEDIOS INFORMÁTICOS

Manual by Silvina Paricio Tato




GUÍA DO ALUMNADO



GUÍA DA FAMILIA




GUÍA PARA PROFESORADO E CENTROS ESCOLARES








CONVOCATORIA DE VACANTES NO EXÉRCITO DE TERRA, NA ARMADA E NO EXÉRCITO DO AIRE

O Ministerio de Defensa ven de publicar vacantes para o ingreso no Exército de Terra, na Armada e no Exército do Aire.

En Galicia ofértanse 102 prazas en Pontevedra para o Exército de Terra, e 49 prazas na Zona Norte (Ferrol, Tuy, Marín, San Sebastián e Bilbao) para a Armada.

O prazo de presentación de solicitudes para participar nas probas de selección remata o 28 de febreiro.

Poden presentarse xoves dos dous sexos con idades comprendidas entre 18 e 28 anos (non cumprir 29 anos antes do 16 de xuño), con nivel de estudos de Graduado en ESO.



9/2/14

Guía de boas prácticas inclusivas

Guía editada por Save the Children co obxecto de amosar como se poden desenvolver no contexto dos centros educativos as boas prácticas inclusivas. Save the Children aposta por un modelo educativo no que todos os rapaces e rapazas aprendan xuntos, independentemente das súas condicións persoais, sociais ou culturais, poidendo así optar ás mesmas oportunidades de aprendizaxe e desenvolvemento. Para acadalo, os implicados nos distintos ámbitos educativos (administracións competentes, responsables dos centros, doutras entidades educativas e o resto da comunidade) teñen que establecer as condicións necesarias para identificar as barreiras existentes para a participación e aprendizaxe dos nenos, nenas e adolescentes, e implementar as medidas necesarias para superalas.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.savethechildren.es/docs/Ficheros/633/Guia_de_Buenas_Practicas_en_Educacion_Inclusiva_vOK.pdf

Pasos a seguir na toma de decisións académico-profesionais

No blog Busca tu camino, do que é autor o orientador Víctor Cuevas, atoparás un mapa conceptual que te axudará na toma de decisións sobre os estudos. Tamén podes consultar  unha guía de ocupacións e outra de novas profesións. para que coñezas o mercado de traballo. Inclúense, así mesmo, os requisitos para acceder a distintos estudos e profesións: 
http://buscatucamino.com/blog/?page_id=326
  • FP
  •  Universidade
  •  Idiomas
  •  Arte Dramático
  •  Oficios da cultura
  •  Restauración de bens culturais
  •  Música
  •  Danza 
  • Artes Plásticas e Deseño
  • Policía (Local, Autonómica, Garda Civil)
  • Militar profesional
  • Outras profesións (azafata, piloto, controlador
 Para acceder ó blog, fai clic na imaxe ou na ligazón

Español para o alumnado inmigrante

Completísima páxina web con recursos prácticos para o ensino do español ao alumnado estranxeiro. Inclúe exercicios de vocabulario, gramática, e numerosos exercicios de escoita baseados en programas de televisión, fragmentos de vídeos culturais, trailers de películas, cancións, anuncios ...

Para acceder á web, fai clic aquí

Fonte: La botica del orientador

Manual para disfrutar dos nosos fillos e filas

Sinxela animación con consellos para pais e nais sobre como deben relacionarse cos seus fillos e fillas.
Fonte: Recollido en orientacioncondesa


8/2/14

Discapacidade psíquica: Guía

A Guía para la atención educativa a los alumnos y alumnas con discapacidad psíquica asociada al retraso mental é unha publicación da Consejería de Educación y Ciencia da Junta de Andalucía. A resposta educativa para este alumnado inclúe a prevención; a detección e intervención temprana; a valoración do grao de desenvolvemento das capacidades; o emprazamento máis acorde coas devanditas necesidades específicas; a adaptación do currículum e o nivel de competencia curricular; o estilo de aprendizaxe e a motivación para aprender; e a delimitación dos apoios e recursos ordinarios e especializados.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.juntadeandalucia.es/educacion/portal/com/bin/portal/Contenidos/Consejeria/PSE/Publicaciones/Alumnado_con_Necesidades_Educativas_Especiales/Guia_Alumnado_Retraso_Mental/guxa_alumnos_discapacidad_psxquica_asociada_al_retraso_mental.pdf

Fonte: Orientrazos

7/2/14

Privacidade, sexting e ciberacoso: Vídeos

"Menores OSI" é unha iniciativa posta en marcha pola Oficina de Seguridad del Internauta co obxectivo de fomentar a seguridade en Internet entre a xente nova. No seu portal atopamos varios vídeos protagonizados por adolescentes onde se abordan temas como a privacidade nas redes sociais, o sexting e o ciberacoso. Idóneo para empregar nas titorías da ESO.

Para acceder ao portal cos vídeos, fai clic na imaxe

https://menores.osi.es/13-17/videos

Fonte: menores.osi

Masculin@s - Feminin@s

Proposta de actividades para traballar, sobre a base de múltiples imaxes, o tema de "xénero".  Adecuada para o alumnado de Bacharelato. Elaborada polo educador social Eduardo Dopico Prego.

"El acoso escolar es violencia, ¡no lo permitas!"

Material audiovisual elaborado por Save the Children para loitar contra o acoso escolar, que é considerado unha forma de exercer a violencia. Inclúe unha recompilación de videos onde os protagonistas son rapaces e rapazas. Tamén ofrece folletos informativos para profesorado, familias e alumnado. Nestes materiais se explica que é o acoso escolar e o ciberacoso, que tipos de acoso escolar e ciberacoso existen e que podemos facer para evitalo. Especialmente adecuados para traballar o tema nos primeiros cursos da ESO na hora de titoría presencial co alumnado.

Podes acceder aos materiais facendo clic na imaxe

http://www.savethechildren.es/acoso-escolar/home.php

Intereses profesionais: test

Descubre, con este Test de Intereses Profesionais, as ocupacións máis semellantes ás túas motivacións.

Para acceder ao test, fai clic na imaxe


http://w28.bcn.cat/___ch___/_pit/_app.php?gAppId=pit&gInterfaceLanguage=es&gEnvironment=singleWeb


Fonte: Las tutorías del MC

6/2/14

Guía de resposta fronte á aparición de conductas desafiantes

Documento elaborado polo equipo de conducta do CREENA (Centro de recursos de Educación Especial de Navarra) co obxectivo de proporcionar ao profesorado pautas de actuación co alumnado que presenta conductas desafiantes na aula. Consta de catro páxinas. Nas tres primeiras se presentan unha serie de items sobre que facer e que evitar nesas situacións. Na última figura unha táboa-resumo dos puntos anteriores.



Conflicto e mediación

Sinxela presentación sobre o conflicto e a mediación como estratexia de resolución do mesmo.



5/2/14

Guía de dislexia para educadores

A Asociación Madrid con la Dislexia y otras DEA (Dificultades Específicas de Aprendizaje) publicou a guía "La dislexia en el aula: lo que todo educador debe saber" co obxectivo de dar a coñecer ao profesorado, famillias e alumnado os recursos e adecuacións curriculares necesarios para os rapaces e rapazas que presentan Dificultades Específicas de Apendizaxe. Nela abórdanse os seguintes contidos:
  • Que é a dislexia?
  • Signos e síntomas xerais
  • Detección por etapas e evolución
  • Avaliación e diagnóstico
  • Aspectos sociais e emocionais
  • Estratexias para a aula. Consellos e ferramentas
  • O papel dos pais
  • Ensinanza Multisensorial e Estructurada da linguaxe
  • Recursos e lecturas adicionais
Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.madridconladislexia.org/guia-de-dislexia-para-educadores/

Guía de boas prácticas TIC para as familias

Esta guía, editada pola Consejería de Educación da Junta de Castilla y León, ofrece información de interese para as familias, con pautas e consellos para o uso adecuado das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) no contorno familiar e escolar. Aínda que foi publicada como apoio ás actuacións de Red de Escuelas Digitales de Castilla y León. Siglo XXI, as recomendaciones que figuran nela son aplicables a calquera ordenador con conexión a Internet.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/web-guia/index.html


4/2/14

Técnicas de estudo: ¿Como mellorar as miñas notas?

Neste vídeo elaborado por Orientaronda aprenderás como podes mellorar as túas notas. Atoparás unha serie de consellos prácticos para encarar o estudo e obterás información sobre como facer un esquema, un resumo e un subliñado e como memorizar (regras mnemotécnicas).



Fonte: OrientaGuía

Habilidades sociais: Vídeos

Se presentan aquí un total de 3 vídeos que explican, de maneira sinxela e asequible para o alumnado, en que consisten as habilidades sociais. Útil para os primeiros cursos da ESO.





3/2/14

TDA-H: Resposta educativa

A publicación "Ideas clave en la respuesta educativa para el alumnado con TDA-H", editada pola Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha, ten como obxectivo a mellora da calidade de educación do alumnado con TDA-H, co fin de que acade o máximo desenvolvemento posible de todas as súas capacidades: individuais e sociais, intelectuais, culturais e emocionais. Consta dun total de 10 capítulos nos que se abordan as seguintes cuestións:
  1. Introducción
  2. Detección temperá
  3. Intercambio de información e traballo colaborativo
  4. Formación
  5. Medidas de centro e aula
  6. Medidas curriculares
  7. Avaliación
  8. Outras medidas
  9. TIC e TAC no TDA-H
  10. Para saber máis

1/2/14

Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia elaborou, coa finalidade de establecer unhas pautas comúns de actuación, o Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia, que ten un carácter básico e de referencia, de xeito que cada centro educativo, dentro da súa competencia e autonomía, pode adaptalo á súa realidade.

En consecuencia co anterior, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dentro das súas competencias, ditou as Instrucións do 31 de xaneiro de 2014, co propósito de trasladar o protocolo xeral e de facilitar a súa aplicación nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia. 


 

 Para acceder ás instruccións, ao protocolo e aos seus anexos, tes que facer clic en cada unha das ligazóns
  
Nota: Os anexos están en formato word para facilitar a adaptación dos mesmos ao contexto do centro. As instruccións, o protocolo e a presentación están en pdf.