11/10/13

Técnicas para estudar. Mellorar a concentración e o rendemento

Razóns para estudar

Colección de 7 videos editada polo CeDec (Centro Nacional de Desarrollo Curricular en sistemas no propietarios. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte). Nos distintos vídeos se expoñen diversos argumentos que xustifican a necesidade de estudar.
 
 

Falta de concentración nos estudos


Neste post atoparás consellos para aumentar a túa concentración nos estudos. Espero que sexan de utilidade.
 
Para acceder á información, fai clic na imaxe


8/10/13

Videos sobre ocupacións e profesións

Videos sobre ocupacións



Videos sobre profesións

Fonte:  http://orientaguia.wordpress.com/2013/10/07/de-profesion/

"Guía para evitar riesgos en la red"

Guía elaborada polo Observatorio para a Convivencia Escolar na Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia. (2013).
 
Concebida para alumnado, docentes e familias co fin de dar resposta informativa e preventiva á realidade dunha sociedade inmersa no uso das novas tecnoloxías. Nela trátase dos riscos que ese uso pode conlevar para os/as adolescentes, como pode ser o acceso a contidos inapropiados. Incide así mesmo na importancia do control parental. Inclúe ademáis una relación de enderezos web sobre o tema.

Premer na foto para descargar a guía
 
 

7/10/13

La orientación en la sociedad de la información y del conocimiento



Juan Antonio Planas Domingo, presidente da Confederación das Organizacións de Psicopedagoxía e Orientación en España, fala da orientación educativa nesta entrevista publicada por Aula de Secundaria, blog de Graó.

Adolescencia e sexting: guía

O obxectivo desta guía -elaborada por Pantallas amigasINTECO (2011)- é, por una banda, dar a coñecer un fenómeno, o  sexting, que está presente na nosa sociedade; e informar a adultos e menores acerca dos riscos que pode implicar.
 
Por outra banda, proporciona pautas a seguir para a súa identificación e prevención e, no seu caso, a súa denuncia perante as autoridades, prestando especial atención ós máis novos.
 
O sexting consiste na difusión ou publicación de contidos (principalmente fotos ou videos) de tipo sexual, producidos polo propio remitente, empregando para elo o teléfono móvil ou ben outro dispositivo tecnolóxico como pode ser a webcam.
 
 
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
 

Fonte: sexting.es
 

2/10/13

Udicom: Unidades Didácticas de educación compensatoria

Publicación editada pola Consejería de Educación y Cultura da Región de Murcia, Dirección General de Formación Profesional, Innovación y Atención a la Diversidad, Centro de Profesores y Recursos de Torre-Pacheco e CEIP Joaquín Carrión Valverde.

Comprende un conxunto de 11 Unidades Didácticas destinadas ao alumnado inmigrante e minorías étnicas que non entenden nin falan castelán ou presentan escaso vocabulario.

As actividades propostas axústanse á seguinte secuencia:
  • Exposición Xeral da Unidade Didáctica
  • Observación e indagación vivencial do contido
  • Plasmación en papel.
Os obxectivos prioritarios de todas as actividades serán o coñecemento, a comprensión e a utilización de vocabulario, xunto coa construcción de frases.

Para acceder á información, fai clic na imaxe



 

1/10/13

Cadernos de titoría

Estes Cadernos de Titoría foron elaborados polos Grupos de Traballo de Orientadores e Orientadoras da provincia de Cádiz.
Caderno de Titoría
3º Ciclo de Primaria
"Nos vamos a la ESO"



Caderno de Titoría
1º ESO



Caderno de Titoría
2º ESO
 

  
Caderno de Titoría
3º ESO
 
 
  
Caderno de Titoría
4º ESO
  
 

Video sobre o bullying: "¿Conoces a alguien como Fito?"

Editado pola Consejería para la igualdad y bienestar da Junta de Andalucía.
 

29/9/13

Clarificando o rol e as funcións do orientador/-a educativo/-a

Axudas para a realización de estudos universitarios durante o curso 2013/14 no SUG

 
 
Publicouse no DOG e 27 de setembro de 2013 a Orde pola que se convocan axudas para a realización de estudos universitarios durante o curso 2013/14 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
 
Prazo: un mes
 
Presentación de solicitudes:
a) por vía electrónica a través do formulario ED441 disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es
b) en papel, utilizando o formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
 
Consultas: no enderezo orientación.sug@edu.xunta.es
 
Requisitos: consultar a Orde.

27/9/13

Diapositivas sobre o acoso escolar



Fonte: Orientación Compartida

Protocolo Xeral de prevención, detección e tratamento do Acoso Escolar e Ciberacoso

 
Nesta ligazón atópase a información referida ó acoso escolar e ciberacoso publicada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Contén un conxunto de anexos modificables que indican os pasos a seguir polos centros escolares nestes casos e o  Protocolo Xeral de prevención, detección e tratamento. 
 
Para acceder á información, fai clic na imaxe

25/9/13

Modificación de conducta


Conxunto de recursos sobre a modificación de conducta. Moi útil para docentes e familias. Publicado polo Goberno de Canarias.
 
 

A tartamudez: Guía para docentes

 
Editada pola Viceconsejería de Sanidad da Comunidade de Madrid e a Fundación Española de la tartamudez, esta guía aborda as seguintes cuestións: definición, causas, características do neno/adolescente que a sofre, pautas para intervir na escola e como interactuar co alumno que tartamudea.
 
Para acceder á guía, fai clic na imaxe

Guías para a avaliación de destrezas lectoras en Primaria e Secundaria

Dúas guías, publicadas pola Junta de Andalucía, que nos ofrecen ferramentas de avaliación e diagnóstico para identificar as dificultades do alumnado nas distintas destrezas lectoras.

Guía de evaluación de destrezas lectoras de Educación Primaria ofrece, como instrumentos para a avaliación periódica das destrezas lectoras, a proba utilizada en ESCALA (Escritura, cálculo y lectura en Andalucía 2010-2011) para segundo curso, así como a aplicada na avaliación do Plan de lectura e bibliotecas escolares (2009-2010) para sexto curso.
 
Pódese acceder á guía facendo clic na imaxe
 
 

Guía de evaluación de destrezas lectoras de Educación Secundaria ofrece, como instrumento para a avaliación periódica das destrezas lectoras, a proba aplicada na avaliación do plan de lectura e bibliotecas escolares (2009-2010) para cuarto curso.

 
Pódese acceder á guía facendo clic na imaxe
 

 
Fonte: Profe PT

24/9/13

Proxecto Intercambia: Educar en feminino e en masculino

 
Este proxecto ofrece una multitude de recursos didácticos para traballar a coeducación e a educación para a igualdade de oportunidades. Contén, ademáis, un banco de recursos TIC. Útil para traballar nas titorías.

É una iniciativa do CNIIE (Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa) e do Instituto da Muller.

Para acceder ao proxecto, fai clic na imaxe

23/9/13

Recompilación de recursos sobre o Trastorno de déficit de atención con/sin hiperactividade

O trastorno por déficit de atención con ou sen hiperactividade é un trastorno frecuente que interfire no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Debido á sua prevalencia entre o alumnado e as súas implicacións cara a realización das taefas escolares, a maioría das Comunidades Autónomas teñen pubricado guías e protocolos sobre cómo actuar.
 
 

Monográfico sobre a Formación Profesional




Contén as seguintes informacións: Estudar FP, probas de acceso, acreditación de experiencia laboral, as profesións de FP con máis emprego, o acceso á Universidade desde a FP e a FP a distancia.