4/3/14

Maltrato infantil. Guía para a cidadanía

"Detección y notificación de casos de maltrato infantil. Guía informativa para la ciudadanía" é unha publicación editada pola Federación de Asociacións para a Prevención do Maltrato Infantil (fapmi) que ten como obxectivo aunar, a través dun documento sinxelo e descriptivo, aquela información que resulta imprescindible para favorecer un mínimo coñecemento da realidade do maltrato á infancia, e daquelas prácticas que, dun xeito xeral, poden promover maior implicación social para a detección temperá e a prevención, eliminando algún mitos erróneos e creenzas populares que tradicionalmente teñen obstaculizado unha actitude verdadeiramente proactiva por parte da cidadanía.

O documento aborda as seguintes cuestións:
  • Maltrato infantil: definición e tipoloxías
  • Prevención
  • Consecuencias
  • Protocolo de actuación
  • Detección
  • Notificación
  • Valoración do caso
  • Referencias bibliográficas e documentais
  • Anexos, onde se inclúe unha relación de indicadores básicos de maltrato infantil; e os obxectivos, validez e marco normativo do protocolo de actuación.
Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.fapmi.es/imagenes/subsecciones1/SOIC_Guia%20Ciudadano_Maquetada_30-03-11.pdf

Fonte: fapmi.es


1/3/14

Protocolos de diagnóstico e intervención psicopedagóxica

Conxunto de catro guías orientadas ao diagnóstico, intervención e recuperación de rapaces e rapazas desde os 0 ata os 18 anos que presentan diferentes ritmos de aprendizaxe, problemas específicos, desfases madurativos ou trastornos emocionais. Editadas por Clínica Ambiental.

Fai clic nas distintas imaxes para acceder ás guías



A primeira guía céntrase no desenvolvemento dos nenos e nenas de 0-5 anos. Empeza abordando a avaliación e diagnóstico psicopedagóxico, analizando posteriormente o rol docente e presentando técnicas e instrumentos que poidan entregarse. Finaliza revisando o crecemento e desenvolvemento físico e madurativo desta etapa.

http://www.clinicambiental.org/docs/publicaciones/GUIA1.pdf


A segunda guía céntrase no periodo que vai dos 6 aos 11 anos. Parte de suxestións para a estimulación e reeducación psicomotriz, pasando posteriormente a análise da evolución dos debuxos e destes últimos como indicadores de conflito a nivel persoal, familiar, comunitario e social. Fai un pequeño repaso ás características da infancia, rematando cunha análise dos problemas de aprendizaxe.


http://www.clinicambiental.org/docs/publicaciones/GUIA2.pdf


A terceira guía empeza abordando o desenvolvemento na adolescencia a nivel cognitivo, físico, emocional, social e psicosexual, pasando a describir o crecemento durante este periodo. Remata cunha descripción dos instrumentos a empregar na avaliación psicopedagóxica.




http://www.clinicambiental.org/docs/publicaciones/GUIA3.pdf


A cuarta guía céntrase en ofrecer información sobre a importancia do apoio aos adolescentes. A continuación inclúe recomendacións específicas en relación ás temáticas que con máis frecuencia se presentan na adolescencia: alimentación, consumo de alcohol, tabaco, drogas, etc.
http://www.clinicambiental.org/docs/publicaciones/gu%C3%ADa%204%20ADOLFO%20baja.pdf

28/2/14

Coidado coa webcam

Web elaborada por "Pantallas Amigas" para a prevención dos riscos asociados ao emprego inadecuado das cámaras web.

Para acceder á información, fai clic na imaxe

http://www.cuidadoconlawebcam.com/index.shtml




27/2/14

Nenos e nenas con TDAH. Pautas para pais e nais

Guía editada pola CEAPA (Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres del Alumnado) co obxectivo de aportar a pais e nais información e orientacións sobe o Trastorno por Déficit de Atención e/ou Hiperactividade (TDAH) para promover a evolución positiva dos seus fillos e fillas, controlando e canalizando de maneira adecuada os sus síntomas. Neste documento dase resposta a varias preguntas frecuentes: que é o TDAH; como se diagnostica e avalía; cal é o seu tratamento; que necesidades poden presentar os nenos e nenas con este trastorno; como será a súa evolución.

Niños y Niñas con TDAH CEAPA by Silvina Paricio Tato



Fonte: fundadeps.org

26/2/14

Guía de atención á discapacidade na Universidade 2014

Guía publicada pola Fundación Universia co obxectivo de informar sobre os Servizos de Atención á Discapacidade existentes nas universidades españolas e impulsar deste xeito o acceso de xoves con discapacidade aos estudos superiores.

Preséntanse nela un total de 76 Servizos de Atención á Discapacidade correspondentes a outras tantas universidades. Para cada un deles especifícase teléfono, enderezo web e correo electrónico. 

Ofrécese así mesmo información sobre os programas e becas que oferta a Fundación para universitarios con discapacidade.

Fonte: autismomadrid.es (recollido tamén en Orientatierra)


25/2/14

Pero...se eu non lle fixen nada

Curtametraxe idónea para traballar a prevención da violencia de xénero en mozos e mozas.



Fonte: Suxerida pola orientadora Natalia Longo na súa conta de twitter

Pautas para previr o consumo de drogas nos nosos fillos e fillas

"¿Cómo fomentar en nuestros hijos e hijas habilidades sociales de comunicación, asertividad y autoestima como herramientas frente a la presión del grupo? Pautas para prevenir el consumo de drogas en nuestros hijos e hijas desde una parentalidad preventiva" é o título da guía que aquí presentamos, publicada pola CEAPA (Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos). O seu destinatario son lóxicamente as familias.

A parentalidade preventiva é considerada como un proceso que se inicia no mesmo momento do nacemento. O obxectivo da guía é informar aos pais e nais sobre cómo poden dotar aos seus fillos e fillas das ferramentas necesarias para facer fronte ás situacións difíciles que se lles poidan presentar cando cheguen a adolescencia pola presión do grupo de iguais (consumo de alcohol, tabaco e outras drogas). Estas ferramentas son catro: as habilidades sociais, a comunicación, a asertividade e a autoestima.

http://www.ceapa.es/c/document_library/get_file?uuid=2af05ba1-e354-4221-8e94-bdf50109bcfc&groupId=10137
Fonte: ceapa.es

23/2/14

Guía de novas profesións

Aquí tes un diccionario-guía de novas ocupacións organizadas por sectores. Trátase de ocupacións emerxentes provocadas por diversas causas: novas demandas do mercado laboral, evolución de ocupacións tradicionais, etc. En total preséntase información de 200 ocupacións cunha ficha de información por ocupación.

Cada ficha abarca os seguintes contidos:
  • descripción
  • tarefas
  • vias de acceso
  • formación complementaria
  • tendencias do mercado
Faise ademáis unha identificación e descripción do sector ao que pertence cada nova ocupación.

Para acceder ao diccionario, fai clic na imaxe

http://www.educastur.princast.es/fp/hola/ocupaciones/flash/index.html

Fonte: educastur.es

Trastornos graves de conducta

Ficha dedicada aos trastornos graves de conducta. Dividida en catro apartados: que é, cales son as súas causas, como actuar, e para saber máis. Forma parte dos contidos de Atención á Diversidade elaborados polo CeDeC.

Para acceder ao recurso, fai clic na imaxe. Vai ata o final da páxina e preme en "previsualizar"


Trastornos graves de conducta

Fonte: agrega.educacion.es

Abre os ollos: o amor non é cego

Material para traballar a prevención da violencia de xénero publicado polo Instituto Andaluz da Muller da Consellería para a Igualdade e Benestar Social e destinado a adolescentes, profesorado e familias. A guía está orientada á toma de conciencia respecto das formas de violencia de xénero que poden estar vivindo algunhas rapazas adolescentes e/ou xoves nas súas relacións de parella.

Entre os contidos abordados figuran os seguintes:
  • Cando o amor é violencia, como detectala?
  • Novos ámbitos nas relacións de parella: as redes sociais e Internet.
  • Como saír dunha relación que non nos gusta.
  • Outros tipos de relacións de parella son posibles.
  • Decálogo para as familias: como darnos conta? que facer?
  • Decálogo para o profesorado: como darnos conta? que facer?
A guía inclúe así mesmo un conxunto de dinámicas para traballar co alumnado e unha relación de recursos relacionados coa temática.



Fonte: Blog de Orientación Educativa y Tutoría

21/2/14

Recursos para educar en valores de igualdade entre homes e mulleres

O blog Entre pasillos y aulas ofrece unha excelente recompilación de recursos para tratar o tema da igualdade de xénero nas aulas. Moi útil para o profesorado-titor.


Para acceder aos recursos, fai clic na imaxe ou na ligazón de arriba

http://entrepasillosyaulas.blogspot.com.es/2014/02/recursos-para-educar-en-valores-de.html


Guía para mellorar a inclusión do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

O obxectivo desta guía, editada pola CEAPA (Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais) é, como indica o seu subtítulo, contribuir a unha mellor comprensión do alumnado con necesidades educativas especiais e axudar á súa inclusión e á das súas familias.

Pretende dar respostas sinxelas e recursos útiles para solventar as dúbidas que pais e nais se plantexan cando os seus fillos e fillas lles fan preguntas en relación aos seus compañeiros e compañeiras de centro que teñen necesidades específicas de apoio educativo.

A súa orixinalidade radica en presentar a este alumnado a través da historia ficticia dun rapaz ou rapaza que é descrito dende a visión dun compañeiro ou compañeira de aula. Abórdanse deste xeito algunhas das necesidades educativas especiais máis comúns:
  • Trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH)
  • Trastornos do espectro autista (TEA)
  • Síndrome de Down
  • Trastorno específico da linguaxe (TEL)
  • Trastornos de aprendizaxe
  • Parálise cerebral
  • Discapacidade auditiva
  • Discapacidade visual
  • Altas capacidades intelectuais
  • Síndrome de Asperger
Para descargar a guía, fai clic na imaxe


http://www.ceapa.es/c/document_library/get_file?uuid=7213150d-d908-4b3a-989a-8e74c51202fb&groupId=10137

Fonte: ceapa.es

19/2/14

Recursos para traballar a educación emocional na ESO

"Llevarme bien conmigo mismo. Competencia emocional": Interesante webquest sobre a importancia do autocoñecemento e o control das emocións e os impulsos para ter unha boa autoestima.

http://agrega.juntadeandalucia.es/visualizar/es/es-an_2010040613_9102918/false

 "¿Por qué tenemos sentimientos negativos?": Conxunto de actividades sobre educación emocional dirixidas ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria . Os contidos que se traballan fan referencia ás emocións negativas, como a ira, a envexa, os celos, o enfado, a ansiedade, etc. Neste conxunto de actividades hai exercicios que permiten construir a aprendizaxe e ir comprobando o que se aprendeu.


http://conteni2.educarex.es/mats/101226/contenido/

"Tengo emociones positivas": Conxunto de actividades sobre educación emocional dirixidas ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria. Os contidos que se traballan fan referencia ás emocións positivas, como a ledicia, o humor, o amor, etc. Neste conxunto de actividades hai exercicios que permiten construir a aprendizaxe e ir comprobando o que se aprendeu.

http://conteni2.educarex.es/mats/101225/contenido/

"Dar para ser felices": Título dun capítulo de La mirada de Elsa, unha sección do programa Redes emitido en La 2 de Televisión Española o 9 de xuño de 2013. Céntrase na felicidade, buscando definicións e diferentes maneiras de entendela.




Fonte: Tiching.com

Guía para o desenvolvemento de habilidades sociais en adolescentes

Guía elaborada pola asociación de apendizaxe "Mind the Gap" no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente da Comisión Europea Grundtvig (2007-2013). Trátase dun documento de carácter fundamentalmente práctico que recolle intervencións realizadas con xoves adultos (entre 16 e 25 anos) cun baixo nivel de habilidades sociais. 

A finalidade do proxecto é compartir, comparar e avaliar os diferentes procedimentos e metodoloxías de ensinanza das habilidades sociais coa finalidade de mellorar a calidade da formación que se oferta. Por outra banda, espérase que a guía sexa de utilidade para os profesionais que traballan con xoves en risco de exclusión social.

A guía está composta por catro seccións relacionadas cos catro temas que foron considerados chave para a adquisición e o desenvolvemento de habilidades sociais:
  • Autoestima e autocoñecemento
  • Comunicación interpersoal e resolución de conflictos
  • Orientación laboral
  • Educación intercultural e cidadanía europea



Manual sobre Técnicas de Estudo

"Programa de estudio eficaz" é un manual  publicado pola editorial Santillana e dirixido ao profesorado que pode ser tamén empregado polo alumnado dun certo nivel (Bacharelato e estudos posteriores). Contén información sobre técnicas de estudo, a preparación das avaliacións e a presentación de traballos. Máis concretamente, os contidos abordados son os seguintes:
  • Técnicas de estudo
    • Subliñar
    • Infererir as ideas principais
    • Resumir
    • Organización gráfica da información: esquemas e táboas
  • Avaliacións
    • Repasar contidos
    • Repasar procedimentos
    • Reflexionar sobre a propia aprendizaxe
  • Presentación de traballos
    • Buscar información
    • Presentar traballos escritos
    • Presentar exposicións orais

18/2/14

Curtametraxes sobre violencia de xénero

O Servizo da Muller do Concello de Sevilla elaborou unha serie de curtametraxes deseñadas para tratar temas ou aspectos específicos considerados como importantes para a comprensión da complexa problemática social da violencia de xénero, así como para o desenvolvemento do traballo de prevención e sensibilización fronte a esta problemática en calquera das súas manifestacións. Este material audiovisual pode moi ben ser empregado nos centros educativos.

Fonte: sevilla.org

Mujeres en prostitución. Las esclavas del siglo XXI


Aprende a valorar lo mucho que vales 


El maltrato no es solo cuando te ponen un ojo morado


El Romanticismo, un merengue envenenado


Momentos-resumen de la campaña #ÉchaleCabeza 


Buen uso de redes sociales e internet 


Guía de intervención con menores víctimas de violencia de xénero

Esta guía, editada polo Instituto Canario de Igualdade, xurde da necesidade de orientar a profesionais que traballan na atención a mulleres e menores víctimas de violencia de xénero dotándoos dun instrumento de consulta. Nela abórdase a conceptualizacion da violencia de xénero en menores como víctimas directas, os seus dereitos, as pautas de intervención e a atención ás necesidades dos equipos profesionais para unha intervención de calidade. Contén ademáis unha programación de actividades nas que se ilustran experiencias de traballo realizadas con nenos e nenas neste campo.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.gobiernodecanarias.org/opencms8/export/sites/icigualdad/resources/documentacion/GuiaViolenciaMenores.pdf

17/2/14

Guías didácticas sobre igualdade

"IGUALES PARA HOY": Guías didàcticas para secundaria e bacharelato sobre igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Multitude de informacións e actividades prácticas. Idóneas para traballar nas titorías. 

Para acceder aos distintos niveis, fai clic nas imaxes

Guía 1º e 2º ESO

http://www.educacionenvalores.org/IMG/pdf/IgualesParaHoy_1y2ESO.pdf


Guía 3º e 4º ESO

http://www.educacionenvalores.org/IMG/pdf/IgualesParaHoy_3y4ESO.pdf


Guía Bacharelato

http://www.educacionenvalores.org/IMG/pdf/IgualesParaHoy_bachillerato.pdf