28/10/14

Guía de intervención na aula para alumnado con epilepsia

Guía destinada ao profesorado da que son autores Mónica García Establés, Víctor del Toro Alonso e Andrea Uceda Alonso. Idea da Fundación Síndrome de West levada a cabo gracias á colaboración de Viropharma. Cunha linguaxe sinxela e ilustracións obra de José María Gallego aporta pautas para a actuación dos profesionais co alumnado afectado pola epilepsia.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

https://drive.google.com/file/d/0B3b75EczJ6vscE54NzBvSGRKak0/view

Fonte: Blog Profe PT

Menores expostos á violencia de xénero

Guía informativa e de consulta, editada pola Diputación de Alicante, que aborda o tema da repercusión en menores da exposición a situacións de violencia de xénero.

É unha realidade que a violencia de xénero no fogar non só afecta á muller que a padece. Se hai menores, éstes convírtense en testemuñas directas e involuntarias dos malos tratos, o que pode determinar que nun futuro eles mesmos sexan víctimas ou ben actúen como maltratadores.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://adolescentesinviolenciadegenero.com/download/docentes/guia-menores-violencia-de-genero.pdf

27/10/14

Consellos para atopar emprego

A fundación Adecco presenta dúas guías que recollen consellos prácticos de utilidade cando se busca un emprego: como redactar un currículum vitae, como elaborar unha carta de presentación, como abordar unha entrevista de traballo, etc.

Fai clic nas imaxes para acceder ás guías

GUÍA BÁSICA PARA ENCONTRAR EMPLEO

http://www.adecco.es/_data/BuscarTrabajo/pdf/GuiaBasicaParaEncontrarEmpleo.pdf

GUÍA PARA ENTREVISTAS EXITOSAS

http://www.adecco.es/_data/BuscarTrabajo/pdf/GuiaEntrevistasExitosas.pdf

Fonte: Orientación Cascales

25/10/14

Guía para pais de adolescentes con autismo

Guía para padres de adolescentes con autismo. ¿Cómo motivar a mi hijo?, publicación editada por Autismo Burgos e escrita por Vanesa Martínez e Sandra García. Inclúe distintos casos prácticos, indicando aos pais que estratexias deben adoptar fronte as diferentes dificultades que poden presentar os seus fillos.


Para acceder á publicación, fai clic na imaxe

http://autismodiario.org/wp-content/uploads/2014/10/Gu%C3%ADa-para-padres-de-Adolescentes-con-Autismo-.pdf

24/10/14

Guía práctica do titor/-a

Web de Inmaculada Ruz, orientadora, docente e doutora en Ciencias da Educación pola UMA (Universidade de Málaga). Os materiais incluidos nela son froito da súa investigación no campo da acción titorial, investigación que culminou coa súa tese de doutoramento. Comprende un documento-guía para orientar sobre as características da páxina, así como un caderno do titor/-a, cadernos para o alumnado da ESO, cronogramas para a planificación do traballo, ligazóns a actividades e páxinas de interese, e materiais diversos.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

https://sites.google.com/site/guiapracticadeltutor/



Fonte: Blog La botica del orientador

Decálogo para un uso responsable de Twitter polo alumnado

Resume animado de Pantallas Amigas sobre o uso responsable de Twitter polo alumnado

Programa "Y tú, ¿qué sientes?"

O programa de prevención "Y tú, ¿qué sientes?", editado pola FAD (Fundación de Ayuda contra la Drogadicción) consiste no tratamento de aspectos emocionais das persoas a través de diferentes soportes (textos, imaxes, cancións, películas, etc.) que permitan a análise e a reflexión destes aspectos sen ter que poñer en xogo as propias emocións. O obxectivo é, xa que logo, aprender a xestionar as emocións. O material compónse dunha guía didáctica explicativa e de catro dossieres que abranguen catro ámbitos emocionais. Os destinatarios son o alumnado entre 14 e 18 anos.



Para acceder aos dossieres, fai clic nas distintas imaxes

EL AMOR Y EL DESAMOR

<p  style=" margin: 12px auto 6px auto; font-family: Helvetica,Arial,Sans-serif; font-style: normal; font-variant: normal; font-weight: normal; font-size: 14px; line-height: normal; font-size-adjust: none; font-stretch: normal; -x-system-font: none; display: block;">   <a title="View GUÍA DE APLICACIÓN  PROGRAMA YTQS on Scribd" href="http://www.scribd.com/doc/208348772"  style="text-decoration: underline;" >GUÍA DE APLICACIÓN  PROGRAMA YTQS</a></p><iframe class="scribd_iframe_embed" src="https://www.scribd.com/embeds/208348772/content?start_page=1&view_mode=scroll&show_recommendations=true" data-auto-height="false" data-aspect-ratio="undefined" scrolling="no" id="doc_4276" width="100%" height="600" frameborder="0"></iframe>

EL ABURRIMIENTO Y LA DIVERSIÓN



EL BUEN ROLLO Y EL MAL ROLLO

https://es.scribd.com/doc/208348768/PROGRAMA-Y-TU-QUE-SIENTES-BUEN-ROLLO-MAL-ROLLO

LA VIOLENCIA Y EL RESPETO

https://es.scribd.com/doc/208348779/PROGRAMA-Y-TU-QUE-SIENTES-VIOLENCIA-RESPETO

Fonte: tutoriasenred.com

22/10/14

A titotía na FP Básica: Recursos e materiais

Portal web creado pola Junta de Andalucía. Aporta pautas para a planificación e desenvolvemento da titoría presencial na Formación Profesional Básica. Inclúe recusos e materiais específicos. Tamén se ocupa da titoría lectiva do alumnado con necesidades educativas especiais que cursa estas ensinanzas.

Fai clic na imaxe para acceder ao portal



21/10/14

Resumen LOMCE 2014 Santillana

Seguindo o consello do orientador Claudio Castilla no seu blog Orientaguía, incluimos aquí unha pequena guía elaborada pola editorial Santillana que presenta dun xeito resumido e visualmente atractivo os cambios que implica a LOMCE nas distintas etapas do sistema educativo.

Accede á información facendo clic na imaxe

http://www.santillana.es/recursos/resumen_lomce/files/assets/common/downloads/Resumen%20Lomce.pdf

Fonte: Web da editorial Santillana

Diferencia entre alumnado con N.E.A.E. y alumnado con N.E.E.

O pedagogo Jesús Jarque ven de escribir no seu blog Familia y cole un clarificador artigo no que aborda a diferencia entre alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ACNEAE) e alumnado con necesidades educativas especiais (ACNEE). O artigo inclúe unha imaxe que permite apreciar a relación entre os dous conceptos:




Instrumentos para a avaliación psicopedagóxica do alumnado con TDAH

A avaliación das aprendizaxes é un tema destacado en todos os manuais sobre o TDAH na escola. O interese radica na complexidade que amosa o alumnado con TDAH nas actividades de avaliación. É moi frecuente que pais e nais teñan queixas polos malos resultados nos exames a pesares de que o seu fillo ou filla "o sabía".

As probas estandarizadas -como as que presentamos neste documento do INTEF (Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado, dependente do MECD)- son instrumentos que só deben ser aplicados e interpretados por persoal cualificado. Os datos e información resultantes teñen que ser confidenciais e están suxeitos á lei de protección de datos.

Para acceder ao documento, fai clic na imaxe

http://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2014/09/Instrumentos-para-la-evaluaci%C3%B3n-psicopedag%C3%B3gica-en-el-TDAH.pdf

20/10/14

Aprende a mirar. Unidade Didáctica: Mulleres e publicidade

Unidade didáctica froito do traballo de varias profesoras de Castellón e orientada á consecución da igualdade e á sensibilización e reflexión crítica sobre ela na aula. Toma como referencia o tratamento discriminatorio da muller na publicidade.

A unidade divídese en dúas partes. A primeira describe con detalle diversos aspectos: xustificación, obxectivos, contidos, metodoloxía e avaliación. Na segunda, preséntanse 5 bloques temáticos, unha bibliografía e un anexo con imaxes de anuncios. O último bloque resérvase para unhas reflexións finais e a avaliación. Pola súa banda, os anteriores desenvolven temas como os medios de comunicación e a publicidade; o sistema sexo-género, roles e estereotipos; a publicidade sexista; lexislación e normativa. Ao final de cada un deles aparecen propostas de actividades de ensinanza e aprendizaxe. 

Esta unidade foi publicada en 2008 pola Fundación Isonomía e a Universitat Jaume I.


Para acceder ao documento, fai clic na imaxe

http://repositori.uji.es/xmlui/bitstream/handle/10234/86269/PDF-GyMT-Mujeres_y_publicidad-2008.pdf?sequence=1

Que quero ser: Guía de graos

Que quero ser: Guía de graos era o nome dunha excelente web financiada por MAPFRE que tiña como obxectivo axudar a futuros estudantes universitarios e ás súas familias a elexir estudos de grao. O portal pechou, pero unha parte da información puido ser rescatada gracias ao interese dun grupo de orientadores e, máis concretamente, de Claudio Castilla, que a inclúe no seu blog Orientaguía. Así, podes descargar e consultar as fichas correspondentes aos diferentes graos: descripción, obxectivos, plan de estudos, acceso, centros onde estudar, perspectivas de futuro, etc. A información se presenta organizada arredor das 5 grandes ramas de coñecemento ás que pertencen os graos:

19/10/14

Vídeo e posterior actividade para tratar o acoso escolar na clase

O maltrato entre compañeiros e compañeiras, tamén coñecido como bullying, é o acoso continuado a unha persoa por parte doutra, co consentimento explícito ou implícito do resto do grupo, que coñece o que está a pasar e actúa apoiando ou ignorando o abuso e a victimización. 

O medo da víctima, a falta de recursos para evitar as ameazas e humillacións e o medo a contar a situación acaban encerrándoa nunha perigosa soidade.

Para atallar unha relación de maltrato entre iguais é fundamental que todo o mundo tome cartas no asunto.

Mira o vídeo Un día más para reflexionar e realizar a actividade que ven despois.




Responde ás seguintes preguntas:
  1. Como actuarías nesta situación? Intervirías ou non? Por qué?
  2. Como pensas que se sinte o protagonista?
  3. Que pensas da reacción da nai?
  4. Pensas que é un feito natural que os compañeiros traten dese xeito ao rapaz?
  5. No vídeo vése a alguén que trata de axudalo. Quen é? Por que o fai? Que consecuencias trae a axuda para quen a ofrece?
  6. Que pensas de todo o que viches?
  7. Para rematar esta tarefa de reflexión, escribe un eslogan pensando nunha suposta campaña que o teu colexio leve adiante para previr o acoso escolar.

Coñecemos en que consiste o trastorno de déficit de atención e hiperactividade. CRTVG

Programa televisivo A Revista, informativo da TVG (Televisión Galega) emitido o 14-10-2014, onde se aborda o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade.

17/10/14

Ruptura da parella. Guía para facerlle fronte

Esta guía, da que é autor o psicólogo José Manuel Aguilar Cuenca, pretende aportar pautas a pais e nais para abordar a separación ou divocio dun xeito maduro, procurando facer o menor mal posible a fillos e fillas. A edición da publicación correspóndelle ao Defensor del Menor na Comunidade de Madrid. Nela apórtanse pautas de actuación así como indicacións sobre o que non debe facerse. Igualmente explícase dunha maneira sinxela como afecta aos rapaces e rapazas a ruptura segundo a idade que teñan e a maneira na que estea a desenvolverse o proceso.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

Fonte: http://psicoglobalia.com , recollida no blog Orienta2


http://www.psicoglobalia.com/wp-content/uploads/2012/10/Ruptura_de_la_Pareja.pdf

Ciberbullying. Previr e actuar. Guía recursos didácticos

José Antonio Luengo Latorre é o autor desta guía que é unha actualización doutra editada hai tres anos pola Oficina del Defensor del Menor. Trátase dunha ferramenta útil para  acción titorial (Inclúe varias Unidades Didácticas con material audiovisual para traballar na aula). O capítulo 6 contén un protocolo de actuación nos casos de ciberbullying nos centros escolares. Nesta ocasión, o editor é o Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid. http.//copmadrid.org

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

12/10/14

Estupendos vídeos contra os malos tratos na escola

A través do blog Entre pasillos y aulas, do orientador Miguel Ángel Valverde Gea, chégannos estes 10 magníficos vídeos contra o acoso e os malos tratos na escola (campaña sueca "Friends"). Excelente recurso para tratar o tema nas titorías de ESO. Xunto cos vídeos preséntanse ao final un conxunto de actividades a desenvolver polo profesorado-titor.

1. Rödhårig (Pelirrojo)
Tiempo: 50 seg.
Mensaje: Vi hjälper elever att själva stoppa mobbning: Ayudamos a los estudiantes a detener el acoso escolar.


2. Hårda Ord (Palabras duras)
Tiempo: 50 seg.
Ord Känns mer än man tror: Las palabras son más (importantes) de lo que crees.


3. Fotbollen (Fútbol)
Tiempo: 1m. 01seg.
Mensaje: Varje dag slocknar en dröm: Cada día, se marcha un sueño.


4. Vägen till skolan (Camino a la escuela)
Tiempo: 52 seg.
Hjälp oss göra Vägen till skolan lättare. Stöd vard arbete mot mobbning: Ayúdanos a hacer el camino a la escuela más fácil. Mensaje: Apoya el trabajo de hacer frente a la intimidación.


5. Hålla käften (Cállate)
Tiempo: 1m. 10seg.
Mensaje: För alla barn som lever i det tysta: Para todos los niños que viven en el silencio.


6. Osynlig (Invisible)
Tiempo: 46 seg.
Mensaje: Vi hjälper elever att själva stoppa mobbning: Ayudamos a los estudiantes a detener el acoso escolar.


7. Fula Ord (Palabras feas)
Tiempo: 1m. 01seg.
Mensaje: We help students to put an end to bullying: Ayudamos a los estudiantes a que pongan fin a la intimidación.


8. Mot Mobbning (Contra el bullying)
Tiempo: 1m.
Mensaje: Med ny teknik foljer mobbarna med hem: Con las nuevas tecnologías los matones siguen en casa.


9. Som påHögstadiet (Igual que en la escuela secundaria)
Tiempo: 45 seg.
You haven't forgotten, have you, what it was like in school. No ha olvidado, lo que pasaba en la escuela, ¿verdad?


10. Tillsammans (Juntos)
Tiempo: 1 m.
Mensaje: Tillsammans kan vi sta upp mot mobbningen. Juntos podemos resistir contra el acoso escolar.


11/10/14

O alumnado con sobredotación intelectual

O libro "El alumnado con sobredotación intelectual. Conceptualización, evaluación y respuesta educativa" parte da premisa de que o alumnado con sobredotación intelectual presenta necesidades específicas de apoio educativo que están a demandar unha resposta adaptada e que cubra as devanditas necesidades. Iste material facilita a práctica dos profesionais da educación e da orientación que atenden a este alumnado. Está editado pola Consellería de Educación da Junta de Andalucía.

A publicación consta de cinco capítulos nos que son tratados diferentes aspectos relacionados coa atención educativa de dito alumnado:
  • En primeiro lugar, faise unha definición de sobredotación intelectual, e de diferentes conceptos relacionados coa concepción de altas capacidades intelectuais definida na LOE, así como as implicacións que isto ten na detección e caracterización do alumnado sobredotado intelectualmente.
  • En segundo término, ofrécense pautas para identificar, determinar e describir ao rapaz ou rapaza con sobredotación intelectual, incluindo unha descripción exhaustiva de diversos instrumentos e recursos útiles na detección e avaliación deste alumnado.
  • Finalmente, os capítulos 3, 4 e 5 tratan a resposta educativa que desde os centros docentes se pode articular para os alumnos e alumnas con sobredotación intelectual, a partir do coñecemento e a identificación das necesidades educativas específicas que istos presentan. Apórtanse estratexias e información sobre programas e modelos de traballo para levar a cabo esta tarefa.
Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.juntadeandalucia.es/educacion/portal/com/bin/Contenidos/PSE/orientacionyatenciondiversidad/orientacion/elalumnadoconsobredotacionintelectual/1181901879305_libro_el_alumnado_con_sobredotacion.pdf