18/6/15

Calendario escolar en Galicia para o curso 2015/2016

Publicouse a Orde de 8 de xuño pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2015-16 nos centros sostidos con fondos públicos.



INICIO E REMATE DO CURSO:
  • No 2ª ciclo de Educación Infantil, Educación Especial e Educación Primaria: Do 10 de setembro ao 22 de xuño.
  • En Educación Secundaria e Formación Profesional: Do 15 de setembro ao 22 de xuño. 
  • En Ensinanzas de Réxime Especial: Do 15 de setembro ao 30 de xuño.
VACACIÓNS:
  • Nadal: 21 de decembro de 2015 ao 6 de xaneiro de 2016.
  • Entroido: días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016. 
  • Semana Santa: 21 ao 28 de marzo de 2016.
DÍAS NON LECTIVOS: 
  • Día do Ensino: 30 de Outubro de 2015. 
  • Festivos locais ou de ámbito estatal. 

15/6/15

Instruccións do proceso de admisión a ciclos formativos 2015-16 Galicia

Actualizada toda a información relativa ao proceso de admisión a ciclos formativos para o curso 2015-2016.




Para acceder ás informacións, fai clic nas distintas ligazóns
(Normativa reguladora, instruccións xerais, calendario de admisión)
- Admisión grao superior

Prazo de admisión de solicitudes:
- Do 17 de xuño ao 2 de xullo de 2015 en período ordinario para quen cumpra os requisitos en xuño.
- Do 1 ao 11 de setembro de 2015 en período extraordinario.
 

12/6/15

Dictame de escolarización

O pedagogo Jesús Jarque explica nun clarificador artigo publicado en Mundo Primaria en que consiste o dictame de escolarización e quen debe elaboralo.

Accede ao artigo facendo clic na imaxe

http://www.mundoprimaria.com/pedagogia-primaria/dictamen-de-escolarizacion.html


5/6/15

Axudas para libros de texto de 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de ESO


A Consellería de Educación convoca axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, en 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2015/16. 

Requisitos:
Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado.
Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes:
a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: ata o 1 de xullo de 2015
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED330B
Máis información no DOG do 1 de xuño de 2015 e en http://www.edu.xunta.es/web/node/14932

1/6/15

Novo portal web LOMCE creado polo MECD

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ven de crear un novo portal web adicado á LOMCE co obxectivo de achegar á cidadanía esta lei educativa. Inclúe o desenvolvemento da normativa nas distintas comunidades autónomas.

Podes acceder ao portal facendo clic na imaxe

http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/mc/lomce/inicio.html

11/5/15

"30 días para la selectividad. La guía"

Breve guía (15 páxinas) de examtime con consellos prácticos para preparar a selectividade.

Accede á guía facendo clic na imaxe

https://s3-eu-west-1.amazonaws.com/examtime-guides/un-mes-para-la-selectividad.pdf

6/5/15

Sabes negociar co teu fillo adolescente? Guía para pais e nais

Guía práctica para pais e nais escrita por Emilio Pinto e compartida por psicopedia.org. Ofrece unha serie de estratexias e consellos de gran utilidade para a negociación con adolescentes.

Fai clic na imaxe para acceder á guía

http://psicopedia.org/wp-content/uploads/2014/04/Negociar-con-tu-hijo-adolescente.pdf

4/5/15

INSTRUCIÓNS PARA ACCESO E ADMISIÓN DO ALUMNADO ÁS ENSINANZAS SUPERIORES DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS 2015/2016

A Consellería de Educación publicou as instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

A inscrición para a proba específica farase na secretaría da Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, no prazo comprendido entre o 28 de abril e o 9 de xuño, ambos incluídos.

MÁIS INFORMACIÓN:

30/4/15

Esquema coas opcións na ESO LOMCE

Comparto este esquema, elaborado pola orientadora Mábel Villaescusa, onde se resumen, dun xeito moi clarificador, cales son as opcións que se presentan na ESO coa LOMCE. Fai clic na imaxe para amplialo.


Fonte: La botica del orientador

29/4/15

Adaptacións curriculares. Web

Web elaborada por Chicho Rodríguez Zarallo onde pode atoparse abundante material para a realización de adaptacións curriculares nas distintas etapas.
 
Fai clic na imaxe para acceder á web

http://www.adaptacionescurriculares.com/materiales.html

28/4/15

PROBAS DE ACCESO A ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES 2015-2016



Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran dezanove anos no ano 2015.

A inscrición realizarase na secretaría dos seguintes centros educativos entre o e o día 28 de abril e 28 de maio, ambos inclusive:

  • Conservatorio Superior de Música da Coruña.
  • Conservatorio Superior de Música de Vigo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
  • Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
 A proba de acceso realizarase o día 5 de xuño ás 9.00 horas no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:

– 9.00 h: presentación.

– Das 9.30 ás 10.30 h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

– Das 10.30 ás 11.30 h: Lingua Castelá e Literatura.

– Das 12.00 ás 13.00 h: Lingua Galega e Literatura.

– Das 13.00 ás 14.00 h: Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 h: Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

INSTRUCIÓNS ACCESO E ADMISIÓN ESTUDOS SUPERIORES ARTE DRAMÁTICA 2015/2016

A Consellería de Educación publicou as instrucións para o acceso e admisión do alumnado aos estudos superiores de Arte Dramática para o curso 2015/2016. 

A inscripción para a proba específica ten que facerse na secretaría da Escola Superior de Arte Dramática sita en Vigo no prazo comprendido entre o 28 de abril  e o 16 de xuño, ambos incluídos. 

MÁIS INFORMACIÓN:

INSTRUCIÓNS ACCESO E ADMISIÓN NOS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO 2015

A Consellería de Educación publicou as instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2015/16.

A inscrición para a proba específica farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción, no prazo comprendido entre o 28 de abril e o 28 de maio, ambos os dous incluídos.

MÁIS INFORMACIÓN:

26/4/15

Proxecto Ambezar 2. Recursos para a atención á diversidade

Aplicación realizada polo grupo Ambezar e editada pola Junta de Andalucía creada coa intención de axudar a profesorado e profesionais da orientación a dar unha resposta adecuada á atención á diversidade proporcionando para elo valiosos materiais.

Accede facendo clic na imaxe

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/ambezar/index.html



22/4/15

Guía para alumnado con TEA. Transición de Primaria a Secundaria

Guía creada por The National Autistic Society e traducida pola iniciativa da Federación Autismo Andalucía. Está dirixida a familias e profesionais da educación coa finalidade de axudar a nenos e nenas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) na transición entre as etapas de Primaria e Secundaria.

Accede á guía facendo clic na imaxe

http://autismodiario.org/wp-content/uploads/2011/04/Transici%C3%B3n-de-educaci%C3%B3n-primaria-a-secundaria-para-alumnos-con-Trastornos-del-Espectro-del-Autismo.jpg

Fonte: espectroautista.info, recollido no blog Orienta2

21/4/15

A ESO e o Bacharelato na LOMCE. Presentación

Comparto esta presentación elaborada por Juan Antonio Frías Soria, autor do blog Departamentos de orientación. Nela nos ofrece os cambios introducidos pola LOMCE na Ensinanza Secundaria (ESO e Bacharelato).