Dende o equipo de Tuitorientadoras y Tuitorientadores de Guardia compartimos no mes de xaneiro tuits, infografías e recursos educativos abertos co hashtag en Twitter #sinpeligrosenlaRED. A iniciativa foi coordinada pola orientadora Mónica Diz e dou como resultado unha recompilación con Storify que ofrecemos aquí.
Este é un blog de orientación educativa e académico-profesional para consulta da comunidade educativa. Para orientarte neste blog, tes que seguir as categorías que están á dereita e premer na que che interese.
30/1/16
28/1/16
Galicia: Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017
De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición.
Accede á información facendo clic aquí
27/1/16
Grooming: ciberacoso sexual a nenos e nenas e adolescentes e a súa prevención
Vídeo de Pantallas amigas que describe cómo se produce o "grooming" (ciberacoso sexual a nenos e nenas e adolescentes) en Internet e aporta algunhas recomendacións para a prevención.
24/1/16
Vídeos sobre Formación Profesional
No blog da orientadora Mónica Diz Besada atopamos unha interesante recompilación de vídeos sobre as distintas familias da Formación Profesional.
Accede facendo clic aquí

20/1/16
10 recursos para reflexionar sobre a paz na aula
No blog aulaPlaneta atopamos unha selección de 10 recursos para traballar na aula o tema da paz. Fai clic na imaxe para acceder
17/1/16
Web do Ministerio de Defensa: opcións nas Forzas Armadas
Web do Ministerio de Defensa con información sobre as opcións para ingreso nas Forzas Armadas.
Accede facendo clic na imaxe
Eliximos o noso futuro: vídeos sobre estudos e profesións
Canal de YouTube do Proxecto Orienta Galicia cunha lista de reproducción de màis de cen vídeos sobre estudos e profesións.
Accede facendo clic na imaxe
Guías para protexer a privacidade dos menores en Internet: adolescentes e familias
A Agencia Española de Protección de Datos publicou dúas guías para concienciar a menores de entre 10 e 14 anos e aos seus pais e nais e profesorado sobre a importancia de protexer a privacidade na rede. Accede facendo clic nas respectivas imaxes.
Guía para menores: "No te enredes en internet"
Guía para pais e nais e profesorado: "Guíales en internet"
10/12/15
10 de decembro: Día Internacional dos Dereitos Humanos. Materiais para a aula
Presento, nesta entrada, unha excelente recompilación de actividades para celebrar o 10 de decembro o Día Internacional dos Dereitos Humanos realizada polo compañeiro orientador Juananfrias, ao que felicito polo bo traballo realizado. Inclúo, de seguido, unha cita textual do seu blog, texto no que contextualiza o evento.
"Mañana, 10 de diciembre
se celebra el Día Internacional de los Derechos Humanos. La
Asamblea General de las Naciones Unidas proclamó el 10 de diciembre de 1950,
como Día de los Derechos Humanos para señalar a la atención de "Los
pueblos del mundo" la Declaración Universal de los Derechos Humanos como
ideal común de todos los pueblos y todas las naciones. A pesar de todo, aún son
evidentes las violaciones de dichos derechos en muchas partes del mundo.
Enlace."
Accede ao conxunto das actividades facendo clic na imaxe
6/12/15
Grupos e iniciativas sobre a orientación en rede: cómo participar
Unha vez máis temos que dar as gracias ao noso compañeiro orientador Albefrto del Mazo por visibilizar o traballo dos e das profesionais da orientación educativa nas redes sociais. Curiosamente, él está detras dun bo número deses proxectos e iniciativas, motivo polo que xa lle foi concedido o Premio Educaweb 2014. A presentación que incluimos aquí, ademáis de recoller proxectos de traballo colaborativo en rede de profesionais da orientación, constitúe unha chamada á participación e colaboración neles. Parabéns, Alberto, polo teu encomiable traballo! Sen a túa dinamización e coordinación activa, moitos destes proxectos non terían visto a luz. Parábéns polo teu traballo a prol da orientación educativa!!!
Orientación educativa: comunidades virtuales y proyectos colaborativos en red from Alberto Del Mazo
Excelente ocasión, tamén, para dar a coñecer o magnífico blog sobre orientación e educación administrado por Alberto que leva por nome "queduquequeducuando" e que, como ben nel se dí, ten "mais preguntas que respostas". Podes acceder facendo clic na imaxe:
3/12/15
Protocolo de atención educativa domiciliaria en Galicia
Protocolo, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para a atención educativa do alumnado que deba permanecer convalecente no domicilio por lesión, doenza prolongada ou enfermidade crónica sempe a criterio médico. Neste protocolo determínanse os procesos de solicitude, tramitación, elaboración, coordinación e seguimento do programa individualizado, e a participación e apoio das familias. Así mesmo, facilítanse modelos dos principais documentos necesarios.
1/12/15
Termómetro de violencia de xénero
No Portal de la Junta de Castilla y León atópase un termómetro de violencia onde cada quén pode ir testando diferentes graos de violencia de xénero que se corresponden con determinados comportamentos. Accede e proba facendo clic na imaxe.
26/11/15
"Save syrian children". Impactante video
Esta curta amosa a brutalidade e o drama de toda unha xeneración de rapaces e rapazas sirios. Eles e elas representan tamén aos nenos e nenas doutras latitudes que están a ser víctima das guerras: iraquíes, sudaneses, ucranianos, libios, palestinos, ...
Fonte: Compartido polo orientador Fernando Navarro en La botica del orientador
Violencia de xénero. Cancións e videos
Cancións e videos de interese relacionados coa violencia de xénero
Crimsaiz. "Te sientes que no eres nadie". Rap contra la violencia de género 2015
El final del cuento de hadas (El Chojin)
Malo (Bebe)
Caricia cruel
¿Hasta cuándo?
Secuelas
Propiedad privada. 1ª Parte
La despedida
Violencia de género y publicitad sexista
Mi película (por alumn@s IES Celso Díaz de Arnedo, en La Rioja)
IESO COLONOS contra la Violencia de Género 2015
25/11/15
Silvina Paricio orienta, finalista en los Premios Educa 2015
¡¡¡Muchísimas gracias por los numerosos apoyos recibidos!!!
Este blog de orientación educativa -Silvina Paricio orienta- ha quedado como finalista en la primera fase de los Premios Educa 2015, en el puesto decimonoveno (19).
Comienza ahora una segunda etapa del concurso hasta el 6 de enero de 2016.
Tu apoyo es ahora decisivo para mí.
Haz clic en http://www.educa.net/finalistas-educacion-2015/.
Una vez allí, busca silvinaorienta.blogspot.com.es (puesto 19) y pincha en la mano que está a la derecha para apoyame con tu voto.
Un saludo muy afectuoso desde el ciberespacio y muchas gracias.
Maltrato familiar. Materiais para o profesorado.
Recurso didáctico sobre o maltrato familiar obra do colectivo ARELA, con actividades específicas para poder abordalo na aula.
A guía ofrece ao profesorado unha visión xeral do maltrato familiar, cunha pequena definición de maltrato, o perfil dos e das adolescentes con conductas deste tipo e o das súas famiias.
A publicación incorpora actividades para levar directamente á aula e un listado de recursos de apoio para axudar aos alumnos e alumnas a dipoñer de pautas de actuación nas relacións familiares.
Accede aos materiais facendo clic na imaxe
"Non te deixes pisar". Violencia de xénero. Ampa Alhendín
Video en contra da violencia de xénero elaborado pola AMPA Al-Hamdan, Asociación de Madres y Padres del C.E.I.P. Sagrado Corazón de Jesús de Alhendín (GRANADA).
24/11/15
Relacións adolescentes contra a violencia de xénero
Actividade realizada polo alumnado de 3º ESO, 3º Diversificación e Formación Profesional Básica do I.E.S.O. Colonos, Gévora con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero o 25 de novembro.
23/11/15
"Ninguém é Igual a Ninguém" (Nadie es igual a nadie). Curtametraxe protagonizada por nenos e nenas
Esta curtametraxe presenta a inclusión e a diversidade dunha maneira espontánea e divertida nunha escola de educación infantil onde nenos e nenas perciben as pequenas cousas que fan a diferenza. Filme que participou na III Mostra de Curta Metragem na cidade de Novo Hamburgo-RS e foi presentado no cine da cidade.
A mensaxe que se pretende transmitir é amosar ao mundo que "Ninguém é igual a Ninguém", que o correcto é aceptarnos como somos, e que xustamente iso, que todos somos diferentes, é o que fai que o mundo sexa fermoso e cheo de cores.
22/11/15
Violencia de xénero. Recursos e actividades
Agustín G. Lázaro, orientador do IES Fernando Savater (Jerez), presenta no seu blog unha completísima e moi variada recompilación de recursos e actividades de todo tipo para a conmemoración, o 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A información está perfectamente clasifcada en distintos apartados:
- Actividades para a titoría
- Novas de prensa para ler e comentar na clase
- Videos
- Guías e propostas para o profesorado
- Actividades de anos anteriores
- Links a outras fichas de actividades e documentos
Podes acceder á recompilación facendo clic na imaxe
Fonte: elorientablog
Suscribirse a:
Entradas (Atom)