24/7/13

Todo FP.es


Portal do Ministerio de Educación especializado en información sobre a Formación Profesional. Conveniente a súa consulta se optas por estes estudos.

Para acceder ó portal, fai clic na imaxe 

23/7/13

Protocolo básico de intervención contra o maltrato infantil

Este protocolo foi elaborado polo Observatorio de Infancia e publicado polo Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales (2008)

Para acceder á información, fai clic na imaxe
 

20/7/13

Oferta PCPIs 2013-2014


 
Nas seguintes ligazóns podes atopar a oferta dos PCPI para o curso 2013-2014, clasificados por provincia e concello, así como os perfís de programas de cualificación profesional inicial autorizados na modalidade C mixta:

Webs de Formación Profesional das Comunidades Autónomas

Para acceder á información, fai clic na imaxe.

3/7/13

Cine e valores

Selección de películas secuenciadas a través das diferentes etapas educativas desde Educación Infantil ata a Educación de Adultos, pasando por Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos. Cada película dispón ficha técnica e dunha proposta didáctica para traballar na aula. Interesante para traballar nas titorías.
Fonte: http://www.apoclam.org (Asociación profesional de orientadores de Castilla-La Mancha).

2/7/13

A ciberconvivencia: uso responsable das tecnoloxías e cidadanía dixital



Web elaborada por Mábel Villaescusa e dirixida ó profesorado. Nela atoparás recursos para traballar o tema do uso responsable das tecnoloxías e da cidadanía dixital, isto é, a ciberconvivencia. Moi útil para traballar nas titorías:
  • Información sobre tendencias, novidades... nas páxinas IMPRESCINDIBLES para estar ó día.
  • ACTIVIDADES (a maioría interactivas) para traballar co alumnado e VÍDEOS.
  • Materiais para traballar sobre a IDENTIDADE DlXITAL e reputación online.
  • Materiais específicos sobre CIBERACOSO.
  • Materiais para orientar ás FAMILIAS.
  • En PARA SABER MÁIS atoparás algunhas ligazóns de formación do profesorado neste tema.
  • Por último, atoparás os RESULTADOS a enquisas feitas para ó profesorado e alumnado.



PROBAS LIBRES FP


A orde pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos de Formación Profesional establece a realización de dúas convocatorias.
 
Os prazos de presentación de solicitudes son:
 
1ª convocatoria: 10 ao 20 de xullo de 2013 
2ª convocatoria: 10 ao 20 de maio de 2014