7/8/15

BECAS DO MECD 2015/16 PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS UNIVERSITARIOS E NON UNIVERSITARIOS


O Ministerio de Educación ven de convocar becas de carácter xeral para o curso académico 2015-2016 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios tanto universitarios como non universitarios.

Prazo de solicitude:
Estudos universitarios: do 7 de agosto ao 15 de outubro
Estudos non universitarios: do 7 de agosto ao 30 de setembro

5/8/15

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE ACCESO Á ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA. CURSO 2015/2016

  • Inscricións:
    Do 27 De Xullo o 02 De Setembro, ambos incluídos
  • Requisitos:
    • Requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
  • Páxina web:
    www.edu.xunta.es
  • Contacto:
    ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA (ESAD) Rúa Poza Cabalo, s/n. 36212 Vigo (Pontevedra)
    Tel.: 986 246 399 / 986 137 024
    Fax: 986 138 075
    esad.galicia@edu.xunta.es
    www.esadgalicia.com
  • Organizada por:
    Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia convoca probas de acceso ás ensinanzas de Arte Dramática nas especialidades de: - Escenografía. - Dirección escénica e dramaturxia.

PROBA ESPECÍFICA O sistema de acceso constará dunha única proba que comprenderá dous exercicios.
1º) O primeiro exercicio, común a todas as especialidades, consistirá en dúas probas escritas: a primeira versará sobrea a análise dun fragmento dunha obra dramática e a segunda versará sobre a análise dun fragmento dun ensaio teatral. 2º) O segundo exercicio estará referido á especialidade pola que opten:


  • Especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia: a) Proposta de escenificación sobre unha escena extraída das obras de lectura obrigatoria.
    b) Escrita dunha escena ou texto a partir dunha situación dramática.
    c) Comentario dun texto relacionado coa dirección escénica e a dramaturxia.
    d) Proba de dirección de actores.
    e) Entrevista persoal.
  • Especialidade de Escenografía:
    a) Realización dun debuxo do natural.
    b) Realización dun deseño de escenografía a partir dun texto proposto.
    c) Comentario dun texto relacionado coa escenografía.
    d) Entrevista persoal.
INSCRICIÓN: do 27 de xullo ao 2 de setembro de 2015, na secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
• LISTA PROVISORIA DE PERSOAS ADMITIDAS: 2 de setembro ás 14.30h.
• LISTA DEFINITIVA: 3 de setembro.

 
DATAS DAS PROBAS:
- Realización 1º exercicio: 4 de setembro.
- Resultados do 1º exercicio e reclamacións: 7 de setembro.
- Realización 2º exercicio: 8 de setembro.
- Resultados do 2º exercicio e reclamacións: 9 de setembro.

 
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E MATRÍCULA: 10 de setembro.