30/9/14

Entrevista de Risto Meijide a Pedro García Aguado ("Hermano Mayor"): As drogas

Entrevista de Risto Meijide a Pedro García Aguado (olímpico de waterpolo e conductor do programa "Hermano Mayor") no que explica a súa vivencia coas drogas. Pode empregarse como recurso para tratar o tema na titoría.
A Pedro García Aguado tocoulle ser víctima e verdugo da súa propia condición. El vivíu a gloria e a desgracia. Todo á máxima potencia. Nun momento dado, tocou o ceo cos dedos e aínda está a saír do seu propio inferno. Falamos cun cazador cazado. Risto Meijide fai de "Hermano Mayor".

29/9/14

Recompilación de vídeos sobre o TDAH

Vídeos sobre o Trastorno por Déficit de Atención con ou sen hiperactividade. Tomados do blog da orientadora Pastora Astray que inclúe un número maior do que presentamos aquí.

TDAH e Cerebro

REPORTAXE INFORME SEMANAL



O TDAH na vida cotiá


Programa de enriquecemento curricular. Altas capacidades

Proposta de enriquecemento curricular elaborada polo Equipo Específico de Altas Capacidades da Delegación Provincial de Educación de Málaga incluida no blog La Tribu Entera. Consta de tres bloques de información: 
  1. Programa de enriquecemento curricular
  2. Proxectos de traballo 
  3.  Recompilación de programas de intervención   

Guía de xénero. Identidades e coidados

Guía metodolóxica editada por Plataforma de Infancia dirixida especialmente para traballar con nenos, nenas e adolescentes o enfoque de xénero dende unha perspectiva constructiva, axudando a comprender que, se son prestamos moita atención a como está organizada a sociedade en que vivimos, eles e elas poderán ser e facer o que desexen, sen estar obrigados a comportarse dunha maneira ou doutra por ser homes ou mulleres. Compónse de 6 fichas didácticas sobre a igualdade de dereitos, reflexións sobre os roles e estereotipos asociados a homes e mulleres, ...

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://plataformadeinfancia.org/wp-content/uploads/2013/12/guiadegenero_version-online2.pdf

27/9/14

Punto de non retorno. Curtametraxe contra o acoso escolar

Sergio ven de cumprir 12 anos. É un rapaz exemplar: dócil, intelixente, responsable. Os seus pais ven nel unha vida longa chea de éxitos, amor e felicidade. Por outra banda, catro compañeiros da súa clase, Raúl, Iván, Aitor y María, ven nel unha víctima perfecta coa que divertirse por mor da súa bondade e inocencia. Sergio, ante tal situación, fará o posible por resistir e seguir adiante, deixando nelo todas as súas enerxías.

Dirixido e producido por Carlos de Cozar (2010)
Escrito por Blanca Bardagil
Música de Carles Reig
 
 

Prevención do abuso sexual na infancia e na adolescencia. Guía para nais e pais

Guía da Fundación Márgenes y Vínculos de Andalucia destinada ás familias onde se aborda o tema dos abusos sexuais na infancia e na adolescencia.

O abuso sexual a menores é un dos malos tratos máis invisibles, pero non por elo menos frecuente. Son moitos os menores que sofren abusos na súa infancia, non so por posibles agresores descoñecidos, senón tamén e case sempre por familiares ou persoas próximas á familia. Pais e nais deben ter unha información adecuada sobre os abusos sexuais, os síntomas que poden observar nos seus fillos e fillas, como son os agresores e como se levan a cabo os abusos, e, sobre todo, como poder previr e prestar axuda.

Na guía abórdanse as seguintes cuestións: 
  1. Presentación
  2. Concepto de abuso sexual
  3. Características do abuso sexual a menores
  4. Falsas crenzas sobre o abuso sexual
  5. Danos que pode xerar o abuso sexual
  6. Detección do abuso sexual
  7. Cómo saber se un menor está a ser abusado?
  8. Que facer se un neno ou adolescente está a sofrer abuso sexual?
  9. Cómo evitar que nenos e nenas sofran abuso sexual?
  10. Onde acudir e que facer legalmente?
  11. Teléfonos de interese
    http://www.fmyv.es/pdf/prevencion/prevencion-abuso-sexual-infancia-adolescencia.pdf 
    Para acceder á información, fai clic na imaxe
    Fonte: fmyv.es (Fundación Márgenes y Vínculos)

26/9/14

Prevención das Tecnoadiccións

Os alumnos e alumnas do IES Infanta Elena de Jumilla (Murcia) veñen de grabar unha serie de vídeos sobre tecnoadiccións e seguridade en Internet. Podes velos premendo na imaxe.

https://www.youtube.com/channel/UCNLVz8_JFOdh89QOuWb-I1w

Como evitar ser víctima de ciberbullying por suplantación de identidade

Con frecuencia o ciberacoso entre iguais faise por medio da ridiculización da víxtima, conseguida moitas veces mediante a suplantacion de identidade. Ás veces trátase dunha amizade, outras veces dunha persoa famosa ... En calquera caso, o obxectivo é obter da víctima un comportamento inconfesable ou ben a constatación do propio engano.

Esta animación -desenvolvida por Pantallas Amigas coa colaboración de Telefónica- pon de manifesto a importancia do espíritu crítico. É preciso cuestionar quen está no outro lado, especialmente cando a pouca cultura da privacidade permite coñecer a fondo a vida doutras persoas, os seus costumes e mesmo as súas imaxes, facilitando así a suplantación.


Recomendacións para un uso saudable do ordenador

Consellos ergonómicos para coidar a nosa saúde cando usamos o ordenador. Ofrécense en divertidos debuxos animados creados por http://PantallasAmigas.net dentro da súa campaña para o uso seguro e saudable das TIC na infancia e na adolescencia: como colocar a pantalla, cores e superficies adecuadas no contorno, como debe ser a mesa de traballo e o asento, a iluminación, a postura do lombo e das mans.



25/9/14

Internet grooming: acoso sexual a menores na Rede

O grooming en Internet é un grave perigo e supón o acoso sexual a un menor por parte dunha persoa adulta. Polo xeral, quenes realizan este tipo de acoso son homes de moi variada idade, profesión e clase social. As víctimas son xeralmente rapazas adolescentes, ainda que tamén moitos rapaces son acosados.

O acosador consigue dominar a vida da súa víctima mediante ameazas e chantaxe. Polo xeral, logra un contacto inicial con ela por medio de Internet e na maioría das ocasións se gaña a súa confianza con estratexias de empatía e facéndose pasar por unha persoa da súa mesma idade. Froito desa proximidade conseguida, logra sacar da víctima unha información inconfesable, como, por exemplo, asuntos privados relacionados coas súas relacións sentimentais ou sexuais, o consumo de drogas, delitos ... Posteriormente empeza a chantaxe ameazando con facer pública esa información ou imaxe, ou con dala a coñecer a persoas próximas no caso de que non cumpra as súas peticións. Estas peticións son xeralmente de tipo sexual e consisten no envío de imaxes ou vídeos íntimos, en realizar actos eróticos ou pornográficos diante da webcam ... Nos casos máis graves e cando o acosador non vive lonxe da víctima, pode chegarse a un encontro físico, co conseguinte risco de abuso sexual, violación sexual ou incluso secuestro.

Aquí tedes un vídeo de Pantallas Amigas que exemplifica en que consiste o grooming.

Fonte e máis información: mundoescolar.org e tamén internet-grooming.net

24/9/14

Funcións do Departamento de Orientación co alumnado

Folleto informativo publicado pola Xunta de Galicia no que se informa ao alumnado das funcións máis relevantes que ten o Departamento de Orientación para con el.

Para acceder á información, fai clic na imaxe

https://docs.google.com/file/d/0B4kxH9HDVZCbdDBXVGJkMzRreGc/edit


Diversidade afectivo-sexual

Se queres traballar o tema da diversidade afectivo-sexual nas túas clases ou nas titorías, aquí tes algúns materiais para o profesorado publicados na web de AMNISTÍA INTERNACIONAL que poden axudarte (3 videos e unha unidade didáctica).

  • Recursos audiovisuais (temática xeral: lesbianas, gays, bisexuais, transxénero, intersexuais)
    AMAR NON É DELITO: O ROUBO, de Amnistía Internacional (1:28)



    DIVERDIFERENCIAS, de GALE (11:40). Animación para mostrar nos colexios co fin de promover o dialogo sobre a diferencia e a discriminación nas aulas.




    RIGHT 2 LOVE (Documental subtitulado en español, Associació Families Lesbianes i Gais FLG, 1:03:08): 7 Familias, 7 Paises, Unha historia extraoridnaria - Os dereitos civís das familias homoparentais en Europa.



    • Unidade didáctica "Derechos Humanos y diversidad afectivo-sexual", realizada conxuntamente por AMNISTÍA INTERNACIONAL, COGAM e FEDERACIÓN COLEGAS. Pretende aportar á comunidade docente novos recursos educativos para espertar no alumnado unha conciencia de solidaridade en torno á igualdade de dereitos dos gays, lesbianas, bisexuais e persoas transxénero, e implicalo na evidencia de que temos que traballar pola defensa e protección dos dereitos de todos os seres humanos. O material compónse dunha guía para educadores e educadoras e 3 caderniños de actividades (Primaria, Secundaria e Bacharelato e adultos).


    Guía para educadores y educadoras



    Actividades para Educación Primaria


    Actividades para Secundaria e Bacharelato




    Actividades para Educación de personas adultas

     

    Etapas na identificación de alumnado con NEE

    Póster ilustrativo das etapas a seguir na identificación inicial do alumnado con necesidades educativas especiais.


    23/9/14

    Guía de titoría online para Secundaria

    Un grupo de orientadores de Jaén ven de elaborar unha estupenda guía de titoría online para Secundaria. Inclúen un cronograma mensual no que figuran as tarefas a realizar e os materiais necesarios para levalas a cabo. Unha excelente iniciativa.

    Para acceder á guía online, fai clic na imaxe

    http://colaboraeducacion.juntadeandalucia.es/educacion/colabora/web/orienta-jaen/guia-tutor;jsessionid=C907AC165881A84D9DBCD3076247FE62.jvm2

    Programa de Educación Emocional e prevención da violencia

    Publicación editada pola Consellería de Educació da Generalitat Valenciana  e coordinada por Agustín Caruana Vañó, asesor do CEFIRE de Elda. No libro se presenta un Programa de Educación Emocional e Prevención da violencia para a súa implementación co alumnado de 1º e 2º da ESO. O libro propón unha serie de actividades de utilidade para entrenar ao alumnado nunha serie de habilidades que, ademáis de conseguir mellorar o seu nivel socio-emocional, facilitan propedéuticamente alcanzar os obxectivos académicos. Idóneo para o seu emprego nas titorías.


    "El Sandwich de Mariana". Acoso escolar

    Curtametraxe para traballar o tema do acoso escolar.
    Director: Carlos Cuarón
    Producción: Nivel Diez, Film & Post
    Tema: Bullying 


    22/9/14

    Coaching e orientación. Que é o coaching educativo?

    O orientador Claudio Castilla nos presenta no seu blog OrientaGuía unha boa síntese sobre o coaching como enfoque para a orientación, baseándose para elo nas publicacións do experto no tema Enrique González Lorca. Trátase dun enfoque que vai gañando cada vez máis adeptos aplicado ao mundo da educación, polo que convén coñecelo. Claudio inclúe ademáis varias ligazóns para profundizar sobre o tema e un vídeo explicativo.

    Accede á información facendo clic na imaxe


    Como axudar aos nosos fillos e fillas a obter éxito escolar

    Guía editada pola CEAPA (Confederación Española de Asociaciones de padres y madres de alumnos) na que se analiza cal debe ser o papel da familia no estudo dos fillos e fillas. Os obxectivos perseguidos son os seguintes:
    • Concienciar da importancia do papel dos pais e nais no rendemento escolar dos seus fillos e fillas.
    • Coñecer os factores que inflúen no seu rendemento escolar e no éxito escolar.
    • Proporcionar orientacións xerais e prácticas para que pais e nais poidan axudar aos seus fillos e fillas.
    • Aportar ferramentas de técnicas de estudo.
    • Facilitar pautas para facer fronte ás posibles dificultades que poidan xurdir.
    Para acceder á guía, fai clic na imaxe

    http://www.ceapa.es/sites/default/files/Documentos/Curso%2056%20Manual%20FF%20Como%20ayudar%20a%20los%20hijos%20a%20obtener%20exito%20escolar%20Manual%20del%20Monitor.pdf

    21/9/14

    Guía para a avaliación e mellora dunha educación inclusiva

    Adaptación e traducción ao español da publicación orixinal inglesa Index for Inclusion, da que son autores Tony Booth y Mel Ainscow. Texto eminentemente práctico e versátil que inclúe un conxunto de materiais para apoiar ás escolas no proceso de desenvolvemento cara unha educación máis inclusiva. O obxectivo é construir comunidades escolares que apoien o fomento de altos niveis de logro para todos os escudantes. Para elo, promóvese unha análise e reflexión a fondo sobre todo o que forma parte da vida nun centro escolar.

    A guía implica unha autoavaliación das culturas, as políticas e as prácticas escolares, empregando para elo un conxunto de indicadores, cada ún asociado con preguntas concretas. A través desta exploración identifícanse as barreiras á aprendizaxe e á participación existentes no centro, determínanse as prioridades de desenvolvemento e póñense en práctica as innovacións consensuadas pola comunidade educativa.

    Para acceder á publicación, fai clic na imaxe

    http://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2014/09/guia_indicadores_inclusiva_unesco.pdf


    Reforzo /vs/ Adaptación Curricular Significativa

    Artigo publicado por Santiago Moll Vaquer no seu blog Justifica tu respuesta no que explica a diferencia existente entre Reforzo e Adaptación Curricular Significativa en Secundaria.


    Para acceder ao artigo, fai clic na imaxe

    http://justificaturespuesta.com/adaptacion-curricular-diferencia-entre-refuerzo-r-y-adaptacion-curricular-significativa-ac/

    Programa de Educación Emocional para a prevención da violencia

    Programa editado pola Consellería de Cultura, Educació i Esport da Generalitat Valenciana para a súa implementación co alumnado de 3º e 4º da ESO. No libro, de carácter eminentemente práctico, expónse un programa de intervención para potenciar o desenvolvemento emocional e previr a violencia no contorno escolar, dotando ao alumnado de estratexias positivas de afrontamento da realidade e resolución de conflictos. Dito programa ten en conta os cinco compoñentes da intelixencia emocional enunciados por Goleman: "autocoñecemento, autocontrol, automotivación, empatía e habilidades sociais", e adhírese á definición de educación emocional aportada por Rafael Bisquerra, que a define como un proceso educativo, continuo e permanente dirixido a potenciar o desenvolvemento emocional como complemento ao desenvolvemento cognitivo para fomentar o desenvolvemento integral da personalidade.

    Para acceder ao programa, fai clic na imaxe


    http://www.asociacionaccent.com/informa/_recursos_inteligencia_emocional/2_proyecto_prevencion_violencia_adolesc.pdf
    Fonte: Blog Crea y aprende con Laura

    19/9/14

    Eres legal en Internet? Campaña anti-bullying

    En rayuela.org atopamos unha campaña contra o ciberbullying lanzada en setembro de 2014 e que ten por nome Eres legal en Internet? Inclúe unha definición do termo ciberbullying e 10 recomendacións para a súa prevención dirixidas ao alumnado. Proporciona ademáis enderezos de Internet onde completar a información. Material adecuado para as sesións de titoría co alumnado dos cursos inferiores da ESO.


    Para acceder á campaña, fai clic na imaxe

    http://www.rayuela.org/granitos-de-arena/15-campana-antibulling/



    18/9/14

    Niveis de competencia curricular en toda a Ed. Primaria


    Ao inicio do curso é importante establecer o nivel de competencia curricular do noso alumnado co fin de saber de onde parte para elaborar, de ser o caso, as correspondentes adaptacións curriculares ou programas de reforzo. Presentamos aquí un conxunto de instrumentos para avaliar os niveis de competencia curricular en lingua castelá e matemáticas en todos os cursos da Ed. Primaria. Inclúese tamén unha parrilla para valorar a motivación e o estilo de aprendizaxe. 

    Podes acceder aos documentos facendo clic nos seguintes enlaces








    Fonte dos documentos: http://chopo.pntic.mec.es/~fferna23/
    Fonte da imaxe: Rafa M López

    Fonte da información: Blog Orientación Andújar

    Podes atopar outros instrumentos para avaliar a competencia curricular neste mesmo blog:


    17/9/14

    A depresión en nenos e nenas e adolescentes

    No blog Psicología y Orientación, da psicóloga María del Camino Pérez, atopamos unha interesante información sobre a depresión en nenos e nenas e adolescentes e a súa prevención desde a aula.

    Para acceder ao texto, fai clic na imaxe

    http://mariadelcaminopsicologiayorientacion.blogspot.com.es/2013/10/depresion-en-ninos-y-adolescentes-y-su.html


    "Pillada por ti. La historia de Olivia y Martín"

    Cómic sobre a violencia de xénero na adolescencia editado pola Delegación do Goberno para a violencia de Xénero dependente do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade. Podemos afirmar que a historia de Olivia e Martín é "verdadeira". Os personaxes non veñen doutro mundo nin son producto da imaxinación. Os protagonistas poden ser calquera dos rapaces e rapazas que atopades habitualente no patio ou nas aulas, na rúa ou nun centro comercial. Xente coñecida, rapazas que quedan pilladas por rapaces que ao principio son moi simpáticos, pero despois crense donos delas, que consideran que son súas, algo que lles pertence ... e deixan de ser simpáticos para convertirse en violentos. A violencia de xénero tamén existe na adolescencia.

    Accede ao cómic facendo clic na imaxe

    http://www.msssi.gob.es/ssi/violenciaGenero/publicaciones/comic/docs/castellano.pdf

    Protocolo de detección e intervención nas dificultades de aprendizaxe

    Protocolo proposto polo Equipo Técnico Provincial para a Orientación Educativa e Profesional de Málaga para o seu emprego polos profesionais da rede de orientación educativa. Documento sinxelo e útil que, como o seu título indica, inclúe indicadores e instrumentos para a detección das dificultades de aprendizaxe e propostas de intervención preventivas, proactivas e remediales. Presenta ademáis dous Anexos especialmente interesantes: 
    • Anexo I: Escala de observación de hábitos e modos de traballo.
    • Anexo II: Escala de observación da aprendizaxe para titores e titoras.
    Para acceder ao protocolo, fai clic na imaxe

    http://lnx.educacionenmalaga.es/orientamalaga/files/2013/05/protocolodetenciondia.pdf

    Fonte: Blog "Con O de Orientación"

    15/9/14

    Como adaptar un exame ao alumnado con NEE

    Nesta imaxe atoparás unha guía para facer exames adaptados ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo no caso de que teña unha Adaptación Curricular Significativa e Non Significativa..

























    Fonte: @carmenchugh en twitter

    12/9/14

    Galicia: Guía da LOMCE

    A Consellería de Educación da Xunta de Galicia ven de publicar no seu portal educativo unha Guía da LOMCE. Inclúe dous tipos de información: 

    a) Os textos normativos de referencia, que son os seguintes:
     b) un documento informativo que recolle os novos currículos de Ed. Primaria e de FP Básica en Galicia:

    Probas de avaliación inicial Secundaria: ESO

    Nesta entrada atoparás os seguintes materiais:
    • Probas de avaliación inicial en Lingua castelá e Matemáticas de 1º a 3º ESO.
    • Probas de avaliación inicial en Lingua castelá e Matemáticas para o alumnado con n.e.a.e. e educación compensatoria.
    • Plan de avaliación do Español como Segunda Lingua en contextos escolares de ensinanza obrigatoria da Rexión de Murcia. 
    • Orientacións para a organización dos procesos de ensinanza e aprendizaxe do español para estranxeiros editados pola Rexión de Murcia. 
    • Probas de avaliación de Competencia Comunicativa e Competencia Matemática presentadas pola Comunidade de Aragón.
    • Outros rexistros: estilos de aprendizaxe, criterios para a avaliación inicial na ESO e no Bacharelato, fichas informativas para o profesorado-titor, orientacións para a escolarización do alumnado inmigrante, programa de acollida, etc.
    Fai clic na imaxe para acceder aos distintos recursos

    http://www.orientacionandujar.es/2014/09/12/pruebas-de-evaluacion-inical-eso-2014-2015/

    Fonte:Blog Orientación Andújar

    11/9/14

    Como facer fronte á presión de grupo

    Atractivo cómic editado pola CEAPA (Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de alumnos) e dirixido a un público adolescente que aborda o tema de como facer fronte á presión de grupo. Cada capítulo -12 en total- constitúe unha pequena historia independente con pautas e orientacións arredor desta temática:
    • Enero. ¡Son un tío raro! 
    • Febrero. Non quero fumar, non quero fumar... 
    • Marzo. Eu paso.
    • Abril. Vacacións de Semana Santa. 
    • Mayo. ¿Baixas? 
    • Junio. A Edu góstalle Rocío, a Edu góstalle Rocío ...
    • Julio. Operación bikini. 
    • Agosto. Un ambiente tenso.
    • Septiembre. Amigo do facebook.
    • Octubre. De festa toda a noite.
    • Noviembre. Se ti non pos diñeiro, non nos chega para ...
    • Diciembre. ¡Viva a presión dos bos amigos e amigas! 

    Accede ao cómic facendo clic na imaxe


    https://www.ceapa.es/sites/default/files/uploads/ficheros/publicacion/Comic.pdf


    Fonte: Atopado no blog Orienta2

    Guía do estudante 2014/15. Todo o que precisas para este curso

    Publicada por examtime, esta guía inclúe estratexias de aprendizaxe, consellos e ideas para o estudo, aplicacións para estudantes, etc. Pretende ser o referente para todos aqueles estudantes comprometidos co estudo e que queren mellorar os seus resultados neste curso. Nos distintos capítulos abórdanse os seguintes contidos:
    • Como prepararse para a volta a clase
      • Apps para estudantes
    • Un bo comezo
      • Obxectivos de estudo SMART
      • A importancia de planificar
      • Características dun plan de estudos efectivo
      • 6 razós para estudar online
    • Toma as rendas da túa aprendizaxe
      • Estilos de aprendizaxe
      • Como mellorar a túa aprendizaxe: 10 técnicas de estudo
      • Lectura rápida: 4 claves para estudar máis e mellor
      • Consellos para redactar o comentario de texto perfecto nos exames
    • Pequenos trucos para aprender mellor
      • 9 trucos sinxelos pero altamente efectivos
    • Sobre examtime.com
      • Que é examtime.com?
      • Que pensan outros sobre examtime.com
      • Empeza a revolución
    Para acceder á guía, fai clic na imaxe

    https://s3-eu-west-1.amazonaws.com/examtime-guides/Guia-del-Estudiante-2014-2015-ExamTime.pdf

    Fonte: examtime.com

    10/9/14

    Probas de avaliación inicial de diagnóstico de competencias

    Probas de avaliación inicial elaboradas polo Grupo de Traballo de Chipiona (Cádiz) e revisadas no ano 2011. Abranguen todos os cursos de Ed. Primaria, de 1º a 6º. No enlace, de Orientación Andújar,  atoparás:
    1. Presentación
    2. Características
    3. Probas de avaliación: Lingua Castelá e Matemáticas
    4. Instruccións de aplicación
    5. Probas modelo de corrección: Lingua Castelá e Matemáticas
    6. Planillas de recollida de datos: Lingua Castelá e Matemáticas
    7. Fichas de atención á diversidade: alumnos/-as e pais e nais
    8. Relación de mestres participantes na elaboración
    9. Probas de velocidade lectora
    Para acceder á información, fai clic na seguinte imaxe

    http://www.orientacionandujar.es/2014/09/09/pruebas-de-evaluacion-inicial-de-diagnostico-de-competencias-primaria/

    9/9/14

    CON-VIVIR: Recursos sobre coeducación para todas as etapas

    O EOE de Medina e o CEP de Algeciras-La Línea recompilaron nun DVD numerosos materiais sobre coeducación para as etapas de infantil, primaria e secundaria.

    Para acceder aos recursos, fai clic na imaxe

    http://www.con-vivir.es/cd/

    Fonte: Revista con-vivir

    8/9/14

    119 Posts de Intelixencia Emocional e Intelixencias Múltiples

    No seu blog Crea y Aprende con Laura, Jesús Hernández ofrece unha moi completa recompilación de recursos sobre Intelixencia Emocional e Intelixencias Múltiples, tema polo que ten grande interese dende que coñeceu a teoría da Intelixencia Emocional de Daniel Goleman.

    Podes acceder aos materiais facendo clic na imaxe

    http://creaconlaura.blogspot.com.es/2014/04/110-posts-de-inteligencia-emocional-e.html?spref=fb#.VAf809aki2p.twitter

    Fonte: Crea y Aprende con Laura

    Avaliación inicial matemáticas e lingua castelá 2º ciclo Ed. Primaria

    As probas de avaliación inicial permítennos coñecer o nivel de partida do alumnado ao comezo do curso. Son o punto de partida para 
    • planificar e programar as actividades docentes
    • adoptar medidas de atención á diversidade na aula
    • metodoloxías a empregar
    Presentamos neste post unha boa recompilación de materiais e distintos rexistros referidos á avaliación inicial no 2º ciclo de Ed. Primaria realizada por Orientación Andújar. Máis concretamente,
    • AVALIACIÓNS INICIAIS DAS ÁREAS INSTRUMENTAIS POR CURSOS (3º e 4º de Ed. Primaria).
    • GUÍAS PARA CORREXIR AS AVALIACIÓNS.
    • REXISTROS E PLANTILLAS PARA AVALIAR.
    • PLANIFICADORES SEMANAIS E QUINCENAIS.
    • MEMONOTAS EDITABLE PARA O PROFESORADO.
     Ao final da entrada figuran tamén probas de avaliación e rexistros para Infantil e 1º ciclo de Primaria.


    Para acceder ás probas, fai clic na imaxe

    http://www.orientacionandujar.es/2014/09/04/recopilacion-de-evaluaciones-iniciales-segundo-ciclo-primaria-registros/

    Cuidadín e Gascón: Un conto sobre consumo responsable

    Un conto sobre consumo responsable cunhas ilustracións fermosísimas e un guión xenial. Ideal para empregar nas titorías dos cursos inferiores da ESO.


    7/9/14

    Nivel de competencia curricular matemáticas Ed. Primaria

    Fantásticos materiais para avaliar o nivel de competencia curricular en matemáticas coordinados por Jose Luís Galve e que están dispoñibles na web da Asociación de orientadores de Castilla-La Mancha APOCLAM. Inclúen documentos sobre niveis mínimos de competencia e os correspondentes rexistros de avaliación. Imprescindibles para a avaliación inicial.

    Para acceder aos documentos, recollidos tamén na web de Orientación Andújar, fai clic na imaxe 

    http://www.orientacionandujar.es/2014/09/06/niveles-de-competencia-curricular-matematicas-primaria-2014-2015/

    Nivel de competencia curricular lingua castelá Ed. Primaria


    Fantásticos materiais para avaliar o nivel de competencia curricular en lingua castelá coordinados por Jose Luís Galve e que están dispoñibles na web da Asociación de orientadores de Castilla-La Mancha APOCLAM. Inclúen documentos sobre niveis mínimos de competencia e os correspondentes rexistros de avaliación. Imprescindibles para a avaliación inicial.

    Para acceder aos documentos, recollidos tamén na web de Orientación Andújar, fai clic na imaxe

     http://www.orientacionandujar.es/2013/09/08/niveles-de-competencia-curricular-lengua-primaria/niveles-minimos-de-competencia-curricular-lengua-2/

    Avaliación inicial lingua e matemáticas 3º ciclo Primaria

    As probas de avaliación inicial permítennos coñecer o nivel de partida do alumnado ao comezo do curso. Son o punto de partida para 
    • planificar e programar as actividades docentes
    • adoptar medidas de atención á diversidade na aula
    • metodoloxías a empregar
    Presentamos neste post unha boa recompilación de materiais e distintos rexistros referidos á avaliación inicial no 3º ciclo da Ed. Primaria realizada por Orientación Andújar. Máis concretamente,
    • AVALIACIÓNS INICIAIS DAS ÁREAS INSTRUMENTAIS POR CURSOS (5º e 6º de Ed. Primaria).
    • GUÍAS PARA CORREXIR AS AVALIACIÓNS.
    • REXISTROS E PLANTILLAS PARA AVALIAR.
    • PLANIFICADORES SEMANAIS E QUINCENAIS.
    • MEMONOTAS EDITABLE PARA O PROFESORADO.
     Ao final da entrada figuran tamén probas de avaliación e rexistros para Infantil e 1º ciclo de Primaria.


    Para acceder ás probas, fai clic na imaxe

    http://www.orientacionandujar.es/2014/09/05/recopilacion-de-evaluaciones-iniciales-tercer-ciclo-primaria-registros/#.VAmyuy7Kvao.twitter

    5/9/14

    Indicacións para o diagnóstico e orientacións para alumnado con n.e.a.e.

    Ao longo do curso escolar, e especialmente ao inicio do mesmo, son moitas as demandas que o profesorado-titor fai ao orientador/-a en relación a diferentes dificultades de aprendizaxe que observa no alumnado. Dada a diversidade de demandas e alteracións poibles, grazas ao traballo efectuado polo E.O.E·.P. General de Castuera (Extremadura), dispoñemos dun material con indicadores que permiten detectar, e por tanto previr no alumnado, aquelas situacións de risco que poidan derivar en problemas de desenvolvemento ou necesidades específicas de apoio educativo ao longo da súa historia escolar. 

    Facendo clic na imaxe poderás acceder á totalidade de trastornos contemplados cos seus correspondentes indicadores.

    http://www.orientacionandujar.es/2012/08/24/inicio-de-curso-a-n-e-a-e-o-n-e-e-indicadores-para-el-diagnostico-y-orientaciones/



    Fonte: Orientación Andújar 

    4/9/14

    Guía para enfrontarse á aplicación da LOMCE

    "Guía del Profesor 2014/15. Hacia el aula 2.0"

    A guía do profesor 2014/15 pretende ser unha referencia para aquel profesorado que busca explorar novas técnicas de ensinanza facendo uso das novas tecnoloxías educativas. Inclúe unha amplia variedade de elementos para que calquera docente poida avanzar desde a nula utilización da tecnoloxía na aula ata un aula 2.0. Nesta guía atoparás información sobre as seguintes cuestións:
    • Novas Tendencias Educativas
    • Ideas Prácticas para o uso de Ferramentas Online na Aula
    • Consellos de Expertos
    • Suxestións para o Uso das Redes Sociais na Aula 2.0
    • Manual de Cidadanía Dixital
    • Selección de Artigos sobre Educación
    Para acceder ao recurso, fai clic na imaxe


    https://s3-eu-west-1.amazonaws.com/examtime-guides/Guia-del-Profesor-2014-2015-ExamTime.pdf


    Fonte: examtime.com

    3/9/14

    Orientacións para a valoración do alumnado con altas capacidades

    Presentamos aquí un documento englobado dentro do Plan de actuación para la atención educativa al alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo por presentar altas capacidades intelectuales en Andalucía (2011-2013). Trátase dunha  publicación que ten un  carácter práctico para o desenvolvemento da nosa función como orientadores, xa que aporta algunhas pautas para realizar unha valoración psicopedagóxica. Está editada pola Consejería de Educación da Junta de Andalucía.

    A obra aborda algúns aspectos teóricos que fundamentan todo o proceso de valoración do alumnado con altas capacidades, -conceptualización, perfíles, procedementos de identificación e algunhas consideracións a ter en conta-, e remata coas referencias bibliográficas. No segundo bloque atopamos unha relación de anexos moi útil referida aos seguintes aspectos:
    • Anexo I: Instrumentos empregados para a valoración da alta capacidade.
    • Anexo II: Orientacións sobre instrumentos para a medición de aptitudes intelectuais.
    • Anexo III: Perfiles de excepcionalidade intelectual.
    Para acceder á publicación, fai clic na imaxe

    http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~11006620/web/Nueva/archivos/paginas/archivos/Documento%20de%20Orientaciones%20para%20la%20valoraci%C3%B3n%20de%20las%20AACC%20intelectuales_%20pdf.pdf

    Fonte: Blog Desorientad@s

    2/9/14

    Cadernos de titorías para a ESO

    Programas completos de titorías onde atoparemos actividades e dinámicas para os primeiros días de clase. Publicados pola Consejería de Educación y Ciencia da Junta de Andalucía.


    1º ESO

    http://orientacionandujar.files.wordpress.com/2010/08/cuaderno-de-tutorias-para-1-eso.pdf

    2º ESO

    http://orientacionandujar.files.wordpress.com/2010/08/cuaderno-de-tutorias-para-2-eso.pdf


    3º ESO

    http://orientacionandujar.files.wordpress.com/2010/08/cuaderno-de-tutorias-para-3-eso.pdf

    4º ESO

    http://orientacionandujar.files.wordpress.com/2010/08/cuaderno-de-tutorias-para-4-eso.pdf

    Fonte: orientacionandujar.es

    Abuso e discapacidade intelectual

    Guía editada no ano 2013 pola Fundación Carmen Pardo-Valcarce, a Consejería de Asuntos Sociales de la Comunidad de Madrid, e a Federación de Organizaciones a favor de Personas con Discapacidad Intelectual (FEAPS Madrid).

    O obxectivo do manual é previr, detectar e intervir en casos de abuso ou maltrato a persoas con discapacidade intelectual. Trátase dun documento de sinxelo manexo que pretende dotar aos profesionais ou coidadores habituais que traballen con persoas con discapacidade intelectual das ferramentas necesarias para a prevención e a intervención. Máis concretamente, o texto inclúe:
    • Orientacións para a prevención.
    • Claves na detección dos abusos, onde se inclúen os sinais aos que hai que prestar atención, cómo planificar unha entrevista de valoración e cómo rexistrar a información.
    • A intervención do profesional ante un abuso, cuxas claves son a protección da víctima, coñecer o alcance da obriga de denunciar, a valoración da capacidade para decidir acerca da denuncia, o acompañamento durante todo o proceso, o manexo correcto da información e a intervención psicoterapéutica.
    • Nos anexos se presentan: un cuestionario de avaliación da posición da organización frente ao abuso, unha tabla de indicadores e posibles consecuencias dos diferentes tipos de abuso; y una explicación da importancia da figura do facilitador como apoio no paso das persoas con discapacidade intelectual polo sistema xudicial.
    Para acceder ao manual, fai clic na imaxe

    http://www.infocoponline.es/pdf/GuiaAbusoyDI2014.pdf

    Fonte: infocoponline.es

    Mindfulness. Guía para educadores

    Guía obra de Alazne González dirixida a docentes do ámbito da educación formal e non formal que se apunten a un curso de mindfulness (atención plena o conciencia plena) para liberar o seu estrés, ansiedade, ... e poder levar unha vida máis sana.

    Os obxectivos  da guía son os seguintes:
    • Aprender que é e en que consiste o mindfulness.
      • Aprender a meditar.
    • Coñecer os beneficios que aporta o mindfulness a nivel neurobiolóxico, físico e psíquico.
      • Aprender a afrontar as emocións negativas.
      • Aprender a recoñecer as nosas emocións.
      • Aprender a relaxarnos en momentos nos que nos sintamos tensos.
      • Aprender a aplicar o mindfulness coas nosas fillas e fillos (exercicios prácticos).



    Fonte: pedalogica.blogspot.com.es

    1/9/14

    Curtas para traballar a educación emocional en Secundaria

    Presentamos nesta entrada varias curtametraxes para traballar a educación emocional con adolescentes de 12 a 18 anos. Bo recurso para as titorías.

    PALABRAS EN EL AIRE, de Sylvain Vincendeau



    ABRAZOS (para cambiar o mundo, empecemos por nós mesmos)



    EL ÁRBOL UMDONI (No corazón de Sudáfrica, Nandi e a súa filla Mbali viven soas e traballan moi duro nos campos. Un día a súa rutina verase interrumpida po algo que as cambiará para sempre).



    OKTAPODI (Que somos capaces de facer por amor? Calquera cousa ou iso é, alomenos, o que se desprende desta curta gañadora do Óscar 2009).



    Fonte: ineverycrea.net

    Educar aos menores nos riscos de Internet. Guía familias

    Completa guía editada polo Concello de Vitoria-Gasteiz e dirixida ás familias do alumnado que persigue os seguintes obxectivos:
    • Informar das posibilidades que ofrecen as novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
    • Alertar sobre os perigos asociados ao seu emprego.
    • Promover prácticas seguras e hábitos saudables en Internet.
    • Aprender estratexias para afrontar os principais riscos que conleva o uso das TIC.
    Nos distintos capítulos que a compoñen, abórdanse as seguintes cuestións:
    • As Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
    • Conceptos básicos de seguridade.
    • Problemas de seguridade relacionados con menores.
    • Medidas e ferramentas de seguridade.
    • Algunhas preguntas e respostas.
    • Recomendacións para unha conexión segura.
    • A modo de recordatorio: Decálogo das recomendacións.
    • Perspectiva legal.
    • Glosario.
    • Fontes de información: Webs de interese.
    • Algúns lugares de aprendizaxe.
    • Bibliografía.
     Para acceder á guía, fai clic na imaxe

    http://www.vitoria-gasteiz.org/wb021/http/contenidosEstaticos/adjuntos/es/28/95/32895.pdf


    Fonte: Concello Vitoria-Gasteiz , recollida tamén en orientacascales