25/9/14

Internet grooming: acoso sexual a menores na Rede

O grooming en Internet é un grave perigo e supón o acoso sexual a un menor por parte dunha persoa adulta. Polo xeral, quenes realizan este tipo de acoso son homes de moi variada idade, profesión e clase social. As víctimas son xeralmente rapazas adolescentes, ainda que tamén moitos rapaces son acosados.

O acosador consigue dominar a vida da súa víctima mediante ameazas e chantaxe. Polo xeral, logra un contacto inicial con ela por medio de Internet e na maioría das ocasións se gaña a súa confianza con estratexias de empatía e facéndose pasar por unha persoa da súa mesma idade. Froito desa proximidade conseguida, logra sacar da víctima unha información inconfesable, como, por exemplo, asuntos privados relacionados coas súas relacións sentimentais ou sexuais, o consumo de drogas, delitos ... Posteriormente empeza a chantaxe ameazando con facer pública esa información ou imaxe, ou con dala a coñecer a persoas próximas no caso de que non cumpra as súas peticións. Estas peticións son xeralmente de tipo sexual e consisten no envío de imaxes ou vídeos íntimos, en realizar actos eróticos ou pornográficos diante da webcam ... Nos casos máis graves e cando o acosador non vive lonxe da víctima, pode chegarse a un encontro físico, co conseguinte risco de abuso sexual, violación sexual ou incluso secuestro.

Aquí tedes un vídeo de Pantallas Amigas que exemplifica en que consiste o grooming.

Fonte e máis información: mundoescolar.org e tamén internet-grooming.net

No hay comentarios:

Publicar un comentario