28/2/14

Coidado coa webcam

Web elaborada por "Pantallas Amigas" para a prevención dos riscos asociados ao emprego inadecuado das cámaras web.

Para acceder á información, fai clic na imaxe

http://www.cuidadoconlawebcam.com/index.shtml




27/2/14

Nenos e nenas con TDAH. Pautas para pais e nais

Guía editada pola CEAPA (Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres del Alumnado) co obxectivo de aportar a pais e nais información e orientacións sobe o Trastorno por Déficit de Atención e/ou Hiperactividade (TDAH) para promover a evolución positiva dos seus fillos e fillas, controlando e canalizando de maneira adecuada os sus síntomas. Neste documento dase resposta a varias preguntas frecuentes: que é o TDAH; como se diagnostica e avalía; cal é o seu tratamento; que necesidades poden presentar os nenos e nenas con este trastorno; como será a súa evolución.

Niños y Niñas con TDAH CEAPA by Silvina Paricio Tato



Fonte: fundadeps.org

26/2/14

Guía de atención á discapacidade na Universidade 2014

Guía publicada pola Fundación Universia co obxectivo de informar sobre os Servizos de Atención á Discapacidade existentes nas universidades españolas e impulsar deste xeito o acceso de xoves con discapacidade aos estudos superiores.

Preséntanse nela un total de 76 Servizos de Atención á Discapacidade correspondentes a outras tantas universidades. Para cada un deles especifícase teléfono, enderezo web e correo electrónico. 

Ofrécese así mesmo información sobre os programas e becas que oferta a Fundación para universitarios con discapacidade.

Fonte: autismomadrid.es (recollido tamén en Orientatierra)


25/2/14

Pero...se eu non lle fixen nada

Curtametraxe idónea para traballar a prevención da violencia de xénero en mozos e mozas.



Fonte: Suxerida pola orientadora Natalia Longo na súa conta de twitter

Pautas para previr o consumo de drogas nos nosos fillos e fillas

"¿Cómo fomentar en nuestros hijos e hijas habilidades sociales de comunicación, asertividad y autoestima como herramientas frente a la presión del grupo? Pautas para prevenir el consumo de drogas en nuestros hijos e hijas desde una parentalidad preventiva" é o título da guía que aquí presentamos, publicada pola CEAPA (Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos). O seu destinatario son lóxicamente as familias.

A parentalidade preventiva é considerada como un proceso que se inicia no mesmo momento do nacemento. O obxectivo da guía é informar aos pais e nais sobre cómo poden dotar aos seus fillos e fillas das ferramentas necesarias para facer fronte ás situacións difíciles que se lles poidan presentar cando cheguen a adolescencia pola presión do grupo de iguais (consumo de alcohol, tabaco e outras drogas). Estas ferramentas son catro: as habilidades sociais, a comunicación, a asertividade e a autoestima.

http://www.ceapa.es/c/document_library/get_file?uuid=2af05ba1-e354-4221-8e94-bdf50109bcfc&groupId=10137
Fonte: ceapa.es

23/2/14

Guía de novas profesións

Aquí tes un diccionario-guía de novas ocupacións organizadas por sectores. Trátase de ocupacións emerxentes provocadas por diversas causas: novas demandas do mercado laboral, evolución de ocupacións tradicionais, etc. En total preséntase información de 200 ocupacións cunha ficha de información por ocupación.

Cada ficha abarca os seguintes contidos:
  • descripción
  • tarefas
  • vias de acceso
  • formación complementaria
  • tendencias do mercado
Faise ademáis unha identificación e descripción do sector ao que pertence cada nova ocupación.

Para acceder ao diccionario, fai clic na imaxe

http://www.educastur.princast.es/fp/hola/ocupaciones/flash/index.html

Fonte: educastur.es

Trastornos graves de conducta

Ficha dedicada aos trastornos graves de conducta. Dividida en catro apartados: que é, cales son as súas causas, como actuar, e para saber máis. Forma parte dos contidos de Atención á Diversidade elaborados polo CeDeC.

Para acceder ao recurso, fai clic na imaxe. Vai ata o final da páxina e preme en "previsualizar"


Trastornos graves de conducta

Fonte: agrega.educacion.es

Abre os ollos: o amor non é cego

Material para traballar a prevención da violencia de xénero publicado polo Instituto Andaluz da Muller da Consellería para a Igualdade e Benestar Social e destinado a adolescentes, profesorado e familias. A guía está orientada á toma de conciencia respecto das formas de violencia de xénero que poden estar vivindo algunhas rapazas adolescentes e/ou xoves nas súas relacións de parella.

Entre os contidos abordados figuran os seguintes:
  • Cando o amor é violencia, como detectala?
  • Novos ámbitos nas relacións de parella: as redes sociais e Internet.
  • Como saír dunha relación que non nos gusta.
  • Outros tipos de relacións de parella son posibles.
  • Decálogo para as familias: como darnos conta? que facer?
  • Decálogo para o profesorado: como darnos conta? que facer?
A guía inclúe así mesmo un conxunto de dinámicas para traballar co alumnado e unha relación de recursos relacionados coa temática.



Fonte: Blog de Orientación Educativa y Tutoría

21/2/14

Recursos para educar en valores de igualdade entre homes e mulleres

O blog Entre pasillos y aulas ofrece unha excelente recompilación de recursos para tratar o tema da igualdade de xénero nas aulas. Moi útil para o profesorado-titor.


Para acceder aos recursos, fai clic na imaxe ou na ligazón de arriba

http://entrepasillosyaulas.blogspot.com.es/2014/02/recursos-para-educar-en-valores-de.html


Guía para mellorar a inclusión do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

O obxectivo desta guía, editada pola CEAPA (Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais) é, como indica o seu subtítulo, contribuir a unha mellor comprensión do alumnado con necesidades educativas especiais e axudar á súa inclusión e á das súas familias.

Pretende dar respostas sinxelas e recursos útiles para solventar as dúbidas que pais e nais se plantexan cando os seus fillos e fillas lles fan preguntas en relación aos seus compañeiros e compañeiras de centro que teñen necesidades específicas de apoio educativo.

A súa orixinalidade radica en presentar a este alumnado a través da historia ficticia dun rapaz ou rapaza que é descrito dende a visión dun compañeiro ou compañeira de aula. Abórdanse deste xeito algunhas das necesidades educativas especiais máis comúns:
  • Trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH)
  • Trastornos do espectro autista (TEA)
  • Síndrome de Down
  • Trastorno específico da linguaxe (TEL)
  • Trastornos de aprendizaxe
  • Parálise cerebral
  • Discapacidade auditiva
  • Discapacidade visual
  • Altas capacidades intelectuais
  • Síndrome de Asperger
Para descargar a guía, fai clic na imaxe


http://www.ceapa.es/c/document_library/get_file?uuid=7213150d-d908-4b3a-989a-8e74c51202fb&groupId=10137

Fonte: ceapa.es

19/2/14

Recursos para traballar a educación emocional na ESO

"Llevarme bien conmigo mismo. Competencia emocional": Interesante webquest sobre a importancia do autocoñecemento e o control das emocións e os impulsos para ter unha boa autoestima.

http://agrega.juntadeandalucia.es/visualizar/es/es-an_2010040613_9102918/false

 "¿Por qué tenemos sentimientos negativos?": Conxunto de actividades sobre educación emocional dirixidas ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria . Os contidos que se traballan fan referencia ás emocións negativas, como a ira, a envexa, os celos, o enfado, a ansiedade, etc. Neste conxunto de actividades hai exercicios que permiten construir a aprendizaxe e ir comprobando o que se aprendeu.


http://conteni2.educarex.es/mats/101226/contenido/

"Tengo emociones positivas": Conxunto de actividades sobre educación emocional dirixidas ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria. Os contidos que se traballan fan referencia ás emocións positivas, como a ledicia, o humor, o amor, etc. Neste conxunto de actividades hai exercicios que permiten construir a aprendizaxe e ir comprobando o que se aprendeu.

http://conteni2.educarex.es/mats/101225/contenido/

"Dar para ser felices": Título dun capítulo de La mirada de Elsa, unha sección do programa Redes emitido en La 2 de Televisión Española o 9 de xuño de 2013. Céntrase na felicidade, buscando definicións e diferentes maneiras de entendela.




Fonte: Tiching.com

Guía para o desenvolvemento de habilidades sociais en adolescentes

Guía elaborada pola asociación de apendizaxe "Mind the Gap" no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente da Comisión Europea Grundtvig (2007-2013). Trátase dun documento de carácter fundamentalmente práctico que recolle intervencións realizadas con xoves adultos (entre 16 e 25 anos) cun baixo nivel de habilidades sociais. 

A finalidade do proxecto é compartir, comparar e avaliar os diferentes procedimentos e metodoloxías de ensinanza das habilidades sociais coa finalidade de mellorar a calidade da formación que se oferta. Por outra banda, espérase que a guía sexa de utilidade para os profesionais que traballan con xoves en risco de exclusión social.

A guía está composta por catro seccións relacionadas cos catro temas que foron considerados chave para a adquisición e o desenvolvemento de habilidades sociais:
  • Autoestima e autocoñecemento
  • Comunicación interpersoal e resolución de conflictos
  • Orientación laboral
  • Educación intercultural e cidadanía europea



Manual sobre Técnicas de Estudo

"Programa de estudio eficaz" é un manual  publicado pola editorial Santillana e dirixido ao profesorado que pode ser tamén empregado polo alumnado dun certo nivel (Bacharelato e estudos posteriores). Contén información sobre técnicas de estudo, a preparación das avaliacións e a presentación de traballos. Máis concretamente, os contidos abordados son os seguintes:
  • Técnicas de estudo
    • Subliñar
    • Infererir as ideas principais
    • Resumir
    • Organización gráfica da información: esquemas e táboas
  • Avaliacións
    • Repasar contidos
    • Repasar procedimentos
    • Reflexionar sobre a propia aprendizaxe
  • Presentación de traballos
    • Buscar información
    • Presentar traballos escritos
    • Presentar exposicións orais

18/2/14

Curtametraxes sobre violencia de xénero

O Servizo da Muller do Concello de Sevilla elaborou unha serie de curtametraxes deseñadas para tratar temas ou aspectos específicos considerados como importantes para a comprensión da complexa problemática social da violencia de xénero, así como para o desenvolvemento do traballo de prevención e sensibilización fronte a esta problemática en calquera das súas manifestacións. Este material audiovisual pode moi ben ser empregado nos centros educativos.

Fonte: sevilla.org

Mujeres en prostitución. Las esclavas del siglo XXI


Aprende a valorar lo mucho que vales 


El maltrato no es solo cuando te ponen un ojo morado


El Romanticismo, un merengue envenenado


Momentos-resumen de la campaña #ÉchaleCabeza 


Buen uso de redes sociales e internet 


Guía de intervención con menores víctimas de violencia de xénero

Esta guía, editada polo Instituto Canario de Igualdade, xurde da necesidade de orientar a profesionais que traballan na atención a mulleres e menores víctimas de violencia de xénero dotándoos dun instrumento de consulta. Nela abórdase a conceptualizacion da violencia de xénero en menores como víctimas directas, os seus dereitos, as pautas de intervención e a atención ás necesidades dos equipos profesionais para unha intervención de calidade. Contén ademáis unha programación de actividades nas que se ilustran experiencias de traballo realizadas con nenos e nenas neste campo.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.gobiernodecanarias.org/opencms8/export/sites/icigualdad/resources/documentacion/GuiaViolenciaMenores.pdf

17/2/14

Guías didácticas sobre igualdade

"IGUALES PARA HOY": Guías didàcticas para secundaria e bacharelato sobre igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Multitude de informacións e actividades prácticas. Idóneas para traballar nas titorías. 

Para acceder aos distintos niveis, fai clic nas imaxes

Guía 1º e 2º ESO

http://www.educacionenvalores.org/IMG/pdf/IgualesParaHoy_1y2ESO.pdf


Guía 3º e 4º ESO

http://www.educacionenvalores.org/IMG/pdf/IgualesParaHoy_3y4ESO.pdf


Guía Bacharelato

http://www.educacionenvalores.org/IMG/pdf/IgualesParaHoy_bachillerato.pdf


Cuestionarios de intereses académico-profesionais

Presentamos aquí varios cuestionarios sobre intereses académico-profesionais destinados ao alumnado. O seu obxectivo é fomentar a reflexión sobre un mesmo e axudar a coñecerse un pouco mellor.

"GRAN RECORRIDO":

Duración: 15 a 25 minutos. Elaborado por educaweb.com. Para o alumnado maior de 15 anos. Poderás analizar con el os teus gustos, valores, características persoais, etc. Tamén te indica o campo profesional máis axustado ao teu perfil e os posibles itinerarios formativos que tes que seguir (Ciclos Formativos de FP, Universidade, etc.). Tes que acceder como usuario non rexistrado. Podes imprimir os resultados.

Para acceder ao cuestionario, fai clic na imaxe

http://www.educaweb.com/orientacion/intereses-profesionales/

"PROYECTO ORION":

Duración: 15 a 25 minutos. A utilizar a partir dos 14 anos. Este cuestionario (para Secundaria e Bacharelato, da Universidade Pontificia de Comillas) avalía os teus intereses, as túas aptitudes e o teu historial académico e persoal. Ao final presenta cales son os principais estudos que poden ser de interese para ti. Tes que acceder como "invitado".

Para acceder ao cuestionario, fai clic na imaxe

http://web.upcomillas.es/myvip/Alumnos/Default.aspx


"CUESTIONARIO DE INTERESES PROFESIONALES":

Incluido no Programa Ibercaja Orienta. Despois de rematar o cuestionario, recibirás un dossier informativo cos teus resultados. Tes que rexistrarte para facelo.

Para acceder ao cuestionario, fai clic na imaxe

http://orienta.cepymearagon.es/ZonaJ%C3%B3venes/CuestionariodeInteresesProfesionales.aspx
Fonte: Blog Orientaguía

"TEST DE AUTOEVALUACIÓN":

Duración: 5 minutos. Consta dun  total de 22 preguntas sobre as túas cualidades e intereses. Ao final amósanse aqueles grupos de profesións que mello encaixan coas túas preferencias e un conxunto de sectores económicos onde se desempeñan habitualmente esas profesións.

Para acceder ao cuestionario, fai clic na imaxe
http://web.educastur.princast.es/proyectos/itepasas/test-de-autoevaluacion.php


Fonte: educastur.es

Documentos frecuentes de uso académico-administrativo


https://docs.google.com/file/d/0B4kxH9HDVZCbZWI3b3pUZVdXbW8/preview?pli=1

Recompilación de formularios e impresos de uso académico-administrativo -publicados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia- que facilitan a recollida e intercambio de información entre os diferentes membros da comunidade educativa: centro, profesorado, familias e alumnado.

Para acceder aos documentos, fai clic na imaxe

14/2/14

A Formación Profesional Básica na LOMCE

Aprobada e xa en vigor a LOMCE, o vindeiro curso 2014/15 empezarán os novos Ciclos de Formación Profesional Básica que sustitúen aos actuais Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI). Nesta presentación explícanse as características destes Ciclos.


13/2/14

Razóns para estudar

Recompilación de 10 vídeos con razóns para estudar expostas polo alumnado e por algúns personaxes famosos cos que se identifica. Aconséllase o seu visionado para favorecer o proceso de toma de decisións académico-profesionais.




Fonte: Conta en YouTube de Claudio Castilla

12/2/14

Educación en valores

Web da Delegación Territorial de Educación, Cultura e Deportes de Málaga. Contén numerosos recursos de educación en valores sobre as seguintes temáticas:
  • Convivencia
  • Igualdade
  • Interculturalidade
  • Solidariedade, cooperación e cultura da paz
  • Medio ambiente
  • Boas prácticas
De utilidade para o profesorado-titor.

Para acceder á web, fai clic na imaxe

http://lnx.educacionenmalaga.es/valores/recursos-convivencia/

10 principios sobre parentalidade positiva e bo trato

Sinxelo documento de só catro páxinas elaborado por Save the Children co apoio do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Dirixido a pais e nais, contén 10 principios básicos para exercer unha parentalidade positiva.



Orientacións para afrontar os conflictos e dificultades familiares

"Orientaciones para afrontar los conflictos y dificultades familiares. Manual para padres y madres" é unha guía editada pola CEAPA (Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos) da que son autores Pedro Uruñuela e Mª Luz Sánchez García-Arista. O seu obxectivo é axudar a pais e nais a abordar, enfocar e xestionar os conflictos de maneira adecuada e positiva, co fin de que se convirtan nunha ferramenta útil para o desenvolvemento persoal e grupal, de cara á mellora e solución das dificultades que conleva a convivencia. A información se distribúe en cinco grandes capítulos:
  1. Os conflictos na familia
  2. A comunicación na familia
  3. Desenvolver as competencias emocionais
  4. Como facer fronte aos momentos difíciles da familia
  5. Como facer fronte aos problemas conyugais? Medidas de orientación e mediación
Para acceder á información, fai clic na imaxe

http://www.juntadeandalucia.es/educacion/webportal/abaco-portlet/content/e266794f-251f-45c8-a511-e1e540ae8659

Fonte: Web Escuela de Familias de la Junta de Andalucía

11/2/14

O suicidio de Amanda Todd. Vídeo

Hai algún tempo xa, a morte dunha adolescente de 15 anos de idade que relatara a súa experiencia como víctima de anos de bullying nun vídeo que subiu a Internet causou un grande impacto en Canadá.

A moza expresou no vídeo que un descoñecido a ameazara e a convencera para que deixase ver os seus peitos na webcam do seu ordenador. A foto acabou nunha páxina de Facebook á que se foron agregando os seus amigos.

A estudante contou que pasou dunha ansiedade extrema a facerse cortaduras a sí mesma. Unha sobredose de antidepresivos mandouna de novo ao hospital.

Expertos en ciberbullying chamaron a reforzar a lexislación neste tema para permitir á policía que busque aos acosadores que actúan a través de Internet.

Aquí tes a o caso de Amanda Todd.

Web temática sobre o ciberacoso

No portal educativo da Junta de Castilla y León atópase esta web temática sobre o ciberacoso que da forma ao seu Plan de prevencion do ciberacoso e promoción de navegación segura en centros escolares. A web inclúe unha introducción, a fundamentación teórica, os antecedentes, a protección legal dos menores fronte ao ciberacoso, o fomento dun bo uso dos medios informáticos, un glosario e ligazóns de inerese e, por último, unha sección de aplicacións e descargas onde podemos atopar unha guía para o alumnado, unha guía para as familias e unha guía para profesorado e centros escolares.

Para acceder á web, fai clic na imaxe

http://www.educa.jcyl.es/es/webs-tematicas/ciberacoso


MANUAL DO BO USO DOS MEDIOS INFORMÁTICOS

Manual by Silvina Paricio Tato




GUÍA DO ALUMNADO



GUÍA DA FAMILIA




GUÍA PARA PROFESORADO E CENTROS ESCOLARES








CONVOCATORIA DE VACANTES NO EXÉRCITO DE TERRA, NA ARMADA E NO EXÉRCITO DO AIRE

O Ministerio de Defensa ven de publicar vacantes para o ingreso no Exército de Terra, na Armada e no Exército do Aire.

En Galicia ofértanse 102 prazas en Pontevedra para o Exército de Terra, e 49 prazas na Zona Norte (Ferrol, Tuy, Marín, San Sebastián e Bilbao) para a Armada.

O prazo de presentación de solicitudes para participar nas probas de selección remata o 28 de febreiro.

Poden presentarse xoves dos dous sexos con idades comprendidas entre 18 e 28 anos (non cumprir 29 anos antes do 16 de xuño), con nivel de estudos de Graduado en ESO.



9/2/14

Guía de boas prácticas inclusivas

Guía editada por Save the Children co obxecto de amosar como se poden desenvolver no contexto dos centros educativos as boas prácticas inclusivas. Save the Children aposta por un modelo educativo no que todos os rapaces e rapazas aprendan xuntos, independentemente das súas condicións persoais, sociais ou culturais, poidendo así optar ás mesmas oportunidades de aprendizaxe e desenvolvemento. Para acadalo, os implicados nos distintos ámbitos educativos (administracións competentes, responsables dos centros, doutras entidades educativas e o resto da comunidade) teñen que establecer as condicións necesarias para identificar as barreiras existentes para a participación e aprendizaxe dos nenos, nenas e adolescentes, e implementar as medidas necesarias para superalas.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.savethechildren.es/docs/Ficheros/633/Guia_de_Buenas_Practicas_en_Educacion_Inclusiva_vOK.pdf

Pasos a seguir na toma de decisións académico-profesionais

No blog Busca tu camino, do que é autor o orientador Víctor Cuevas, atoparás un mapa conceptual que te axudará na toma de decisións sobre os estudos. Tamén podes consultar  unha guía de ocupacións e outra de novas profesións. para que coñezas o mercado de traballo. Inclúense, así mesmo, os requisitos para acceder a distintos estudos e profesións: 
http://buscatucamino.com/blog/?page_id=326
  • FP
  •  Universidade
  •  Idiomas
  •  Arte Dramático
  •  Oficios da cultura
  •  Restauración de bens culturais
  •  Música
  •  Danza 
  • Artes Plásticas e Deseño
  • Policía (Local, Autonómica, Garda Civil)
  • Militar profesional
  • Outras profesións (azafata, piloto, controlador
 Para acceder ó blog, fai clic na imaxe ou na ligazón