17/2/14

Cuestionarios de intereses académico-profesionais

Presentamos aquí varios cuestionarios sobre intereses académico-profesionais destinados ao alumnado. O seu obxectivo é fomentar a reflexión sobre un mesmo e axudar a coñecerse un pouco mellor.

"GRAN RECORRIDO":

Duración: 15 a 25 minutos. Elaborado por educaweb.com. Para o alumnado maior de 15 anos. Poderás analizar con el os teus gustos, valores, características persoais, etc. Tamén te indica o campo profesional máis axustado ao teu perfil e os posibles itinerarios formativos que tes que seguir (Ciclos Formativos de FP, Universidade, etc.). Tes que acceder como usuario non rexistrado. Podes imprimir os resultados.

Para acceder ao cuestionario, fai clic na imaxe

http://www.educaweb.com/orientacion/intereses-profesionales/

"PROYECTO ORION":

Duración: 15 a 25 minutos. A utilizar a partir dos 14 anos. Este cuestionario (para Secundaria e Bacharelato, da Universidade Pontificia de Comillas) avalía os teus intereses, as túas aptitudes e o teu historial académico e persoal. Ao final presenta cales son os principais estudos que poden ser de interese para ti. Tes que acceder como "invitado".

Para acceder ao cuestionario, fai clic na imaxe

http://web.upcomillas.es/myvip/Alumnos/Default.aspx


"CUESTIONARIO DE INTERESES PROFESIONALES":

Incluido no Programa Ibercaja Orienta. Despois de rematar o cuestionario, recibirás un dossier informativo cos teus resultados. Tes que rexistrarte para facelo.

Para acceder ao cuestionario, fai clic na imaxe

http://orienta.cepymearagon.es/ZonaJ%C3%B3venes/CuestionariodeInteresesProfesionales.aspx
Fonte: Blog Orientaguía

"TEST DE AUTOEVALUACIÓN":

Duración: 5 minutos. Consta dun  total de 22 preguntas sobre as túas cualidades e intereses. Ao final amósanse aqueles grupos de profesións que mello encaixan coas túas preferencias e un conxunto de sectores económicos onde se desempeñan habitualmente esas profesións.

Para acceder ao cuestionario, fai clic na imaxe
http://web.educastur.princast.es/proyectos/itepasas/test-de-autoevaluacion.php


Fonte: educastur.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario