27/2/15

"¡No te calles!". Web contra as conductas acosadoras

A Consejería de Educación do Gobierno de Extremadura ven de presentar "¡No te calles!". Trátase dunha web destinada a canalizar e facilitar as denuncias do alumnado vítima de conductas acosadoras, especialmente as realizadas a través das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) (sexting, ciberbullying, grooming; redes sociais; pornografía infantil; privacidade; correos falsos ...) 

Accede á web facendo clic na imaxe


Fonte: Rincón Didáctico de Orientación y Atención a la Diversidad

Convocatoria probas específicas para acceso ao INEF (Universidade da Coruña). Curso 2015-2016

A Universidade da Coruña publicou as datas para a realización das probas específicas de acceso ao Grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Para máis información sobre estas probas, fai clic na imaxe.

https://probasinefgalicia.udc.es/inscricion/paxina-inicio.htm

23/2/15

Teño que decidir xa!

Vídeoclip a empregar como introducción á toma de decisións sobre itinerarios académicos e profesionais




Galicia: Probas de acceso a ciclos formativos FP. Convocatoria 2015

Publicouse a Orde do 17 de febreiro de 2015 pola que se convocan probas de acceso aso ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2015

1. PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRAO MEDIO
1.1 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 7 a 20 de abril de 2015, ambos os dous incluidos
1.2 DATA DA PROBA: 3 de xuño de 2015
9:00 HORAS: PRESENTACIÓN
DE 10 A 13 HORAS: PARTE MATEMÁTICA E PARTE SOCIOLINGÜÍSTICA
DE 16 A 18 HORAS: PARTE CIENTÍFICO-TÉCNICA 
 


2. PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRAO SUPERIOR
2.1 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 23 de febreiro a 6 de marzo de 2015, ambos os dous incluidos
2.2 DATA DA PROBA: 29 de abril de 2015
9:00 HORAS: PRESENTACIÓN
10:15 A 13:30: MATEMÁTICAS, LINGUA GALEGA E LINGUA CASTELÁ
DE 16 A 18:30: MATERIAS ESPECÍFICAS


19/2/15

Pautas orientativas para o neno con TDAH e os seus pais

Breve manual -ten oito páxinas- elaborado por especialistas do Servicio de Neurología Pediática do Hospital Universitario La Paz de Madrid. Recolle os principais consellos a ter en conta tanto para relacionarse cun menor que ten ese trastorno como para que o neno sexa capaz de adaptarse ao que lle pasa. A publicación consta de dúas partes claramente diferenciadas, unha dedicada aos nenos e nenas e outra dedicada ás familias.

A primeira parte ofrece dunha maneira clara e sinxela un conxunto de métodos persoais útiles para o neno: pedir que lle repitan as instruccións; anotar nunha libreta aquelo que precisa recordar; crear unha rutina diaria; dividir as tarefas longas en pequenos grupos; non facer varias cousas á vez; facer exercicio; seguir unha dieta equilibrada e durmir as horas necesarias.

A segunda parte presenta as normas de conduta a seguir por pais e nais: prestar atención ao neno escoitándoo e falándolle con paciencia; non actuar dun xeito excesivamente permisivo; aumentar a súa autoestima e confianza; resaltar o éxito e non o fracaso; ter en conta que o seu comportamento empeora en certas situacións con menor control; e supervisar na casa o traballo escolar.

Accede ao manual facendo clic na imaxe

http://www.trastornohiperactividad.com/sites/default/files/pdf/TDAH_Pautas_Orientativas.pdf

18/2/15

Trastornos do espectro autista e síndrome de Asperger. Recursos





Comparto aquí unha completísima entrada do Blog de Orientación del IES Hermanos Machado  dedicada aos trastornos do espectro autista e síndrome de Asperger. Inclúe unha boa compilación de guías e outros materiais de interese, así como unha pequena relación de webs sobre esta temática, como é o caso da Federación Asperger España. Accede facendo clic na correspondente ligazón.


Protocolo de avaliación de disfemias

A web Logopedia Escolar en Asturias inclúe un útil protocolo para a exploración das disfemias que comparto nesta entrada.

Síndrome de Asperger. Recompilación de guías para profesionais e familias

A través da web Rincón de Orientación y Atención a la Diversidad do Goberno de Extremadura, accedo a unha interesante recompilación de guías básicas dirixidas a profesionais e familias, así como a diversas ligazóns de interese publicadas por ASPERCAN (ASOCIACIÓN ASPERGER ISLAS CANARIAS). En total son 36 items -algún dos enlaces non funciona- que constitúen unha valiosa fonte de información sobre o Síndrome de Asperger.

Accede á información facendo clic na imaxe

http://aspercan-asociacion-asperger-canarias.blogspot.com.es/p/guias-sa-pdf.html

17/2/15

Entrenarse para unha entrevista de traballo




No portal TodoFP.es atopamos unha sección dedicada á entrevista persoal con múltiples consellos de utilidade cando un está a buscar traballo. Inclúe videos de exemplos prácticos. Os aspectos considerados son os seguintes:






16/2/15

Galicia: Adaptacións curriculares LOMCE

Na web santamariadelmar.org, o Departamento de orientación dese centro ofrécenos os modelos de niveis de competencia curricular e adaptacións curriculares baseadas no currículum LOMCE de Galicia para Educación Primaria -Decreto 105/2014 do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia- (cursos 1º a 6º, áreas de Lingua Castelá e Matemáticas).

Para acceder á web, fai clic na imaxe

http://www.santamariadelmar.org/doe/?page_id=205#

Que son as adaptacións curriculares?

O pedagogo Jesús Jarque explica dun xeito sinxelo en que consisten as adaptacións curriculares. Información útil para aclarar ideas

Accede á información facendo clic na imaxe 

http://www.mundoprimaria.com/pedagogia-primaria/adaptaciones-curriculares.html


13/2/15

Guía para pais e nais en situación de separación e/ou divorcio

Guía publicada polo concello de Vitoria-Gasteiz que incide nas repercusións que a situación de divorcio ou separación dunha parella pode ter nos fillos e fillas. Inclúe, dun xeito sinxelo, aquela información que ten que terse en conta á hora de comunicar esta decisión, as posibles reaccións, factores que inflúen, etc. Consta dun total de 7 breves capítulos (a guía ten 28 páxinas en total) onde se abordan as seguintes cuestións:
  1. As tres regras de ouro
  2. Preguntas
  3. Factores que inflúen na adaptación
  4. Cuestións a ter en conta
  5. Preguntas
  6. Posibles reaccións
  7. Bibliografía
Accede á guía facendo clic na imaxe

http://www.vitoria-gasteiz.org/wb021/http/contenidosEstaticos/adjuntos/es/58/00/5800.pdf




11/2/15

Ciberacoso escolar. Guías para educadores e familias

Presento tres guías sobre o ciberacoso dirixidas, respectivamente, a profesorado, pais e pais e profesorado conxuntamente:
  1. Unha guía SOS para educadores que inclúe un protocolo de intervención para os centros escolares, así como unha guía para o traballo na acción titorial.
  2. Un decálogo de actuación para familias (sinxelo díptico).
  3. A segunda edición da guía de actuación contra o ciberacoso para pais e educadores. Nela abórdanse os aspectos educativos, preventivos e de actuación necesarios para combater o ciberacoso escolar (ciberbullying) e o ciberacoso sexual a menores (grooming).
Estas guías son froito da colaboración dun equipo de expertos desde diferentes ámbitos e experiencias que puxeron o seu coñecemento ao servizo dos contornos educativo e familiar. Están publicadas no catálogo de recursos da web chaval.es.
 

Accede ás guías facendo clic nas respectivas imaxes

http://www.chaval.es/chavales/sites/default/files/Guia_SOS_Educadores_vf_pi.pdf



http://www.chaval.es/chavales/sites/default/files/diptico_decalogo_ciberacoso_vf.pdf


http://www.chaval.es/chavales/sites/default/files/Guia_Actuaci%C3%B3n_contra_Ciberacoso_vf_pi.pdf



10/2/15

Respecto das normas en Internet


COMO COMPORTARNOS EN INTERNET


Rumbo ao emprego 2.0. Guía

Guía básica de introducción á busca de emprego utilizando para elo a Rede 2.0. Editada pola Universidade de Alicante, nela se analiza a marca persoal e a súa relación co emprego 2.0, así como algunhas redes sociais onde é preciso posicionarse para maximizar as oportunidades de atopar traballo. Tamén se proporciona aos candidatos na percura de emprego unha guía para coñecer en profundidade as entrevistas persoais. 

Comprende as redes sociais máis relevantes, como Facebook, Linkedin, Twitter e google +. Inclúe así mesmo unha parte dedicada á marca persoal e a como realizar entrevistas de traballo.

A guía foi elaborada por cinco profesionais do sector dos recursos humanos, a marca persoal, a formación e a orientación laboral (Sabina Serrano, Isabel Iglesias, Eduardo Moreno, Víctor Candel y Miguel Ángel Riesgo).

Fai clic na imaxe para acceder á guía

http://www.doeua.es/wp-content/uploads/2013/10/Rumbo-Al-Empleo-2.0.pdf



9/2/15

Avaliación psicopedagóxica: recompilación de recursos

Comparto nesta entrada unha recompilación de instrumentos para efectuar unha avaliación psicopedagóxica que nos presenta o blog Orientación en Galicia. Os recursos proceden de distintos blogs -entre os que se inclúe Silvina Paricio orienta- e de diversas fontes. Útil para os profesionais da orientación.

Accede a todos os recursos facendo clic na imaxe

http://orientaciongal.blogspot.com.es/2015/01/instrumentos-avaliacion-psicopedagoxica.html

6/2/15

Guías de avaliación das destrezas lectoras

A través do blog Oratio Orientation accedo a dúas prácticas guías para avaliar as destrezas lectoras en Primaria e Secundaria editadas pola Junta de Andalucía.

GUÍA AVALIACIÓN DESTREZAS LECTORAS PRIMARIA

http://www.juntadeandalucia.es/educacion/agaeve/docs/Guia_de_evaluacion_de_Destrezas_lectoras_Primaria.pdf



GUÍA AVALIACIÓN DESTREZAS LECTORAS SECUNDARIA

https://orientacionandujar.files.wordpress.com/2008/11/agaeve_-guc3ada-de-evaluacic3b3n-sobre-destrezas-lectoras-para-el-alumnado-de-eso.pdf




5/2/15

Avaliación e orientación psicopedagóxica do alumnado con necesidades de apoio en audición e linguaxe

Guía editada pola Consejería de Educación da Región de Murcia. Como o título indica, proporciona pautas para a avaliación psicopedagóxica, así como orientacións para a atención ao alumnado con necesidades de apoio en audición e linguaxe.

Os contidos abordados, que podes consultar facendo clic en cada ligazón, son os seguintes:


Se prefires descargar a publicación completa, fai clic na imaxe

http://diversidad.murciaeduca.es/publicaciones/evaluacionyorientacion/doc/completo.pdf


Traballar con alumnado con Síndrome de Asperger en secundaria

Guía editada pola Federación Autismo Andalucía e dirixida a calquera persoa que traballe con alumnado con Síndrome de Asperger en escolas de educación secundaria. Trátase dunha breve introducción á problemática acompañada de pequenos consellos. É importante recordar que todos os alumnos e alumnas con Asperger son diferentes, polo que o que funciona con un pode non ser válido para outro. Información sinxela e clara.

Accede ao folleto facendo clic na imaxe

http://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2014/09/Gui%CC%81a-Trabajar-con-alumnado-Asperger-en-Secundaria.pdf
Fonte: Orientación Andújar

4/2/15

Galicia: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia iniciou o proceso de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016. Accede ao correspondente enlace da web facendo clic AQUÍ.

3/2/15

195 ocupacións para escoller profesión

Ligazón á oficina virtual de emprego do Servicio Andaluz de Empleo de la Junta de Andalucía. A información se estructura arredor de 21 familias profesionais, incluindo para cada familia un conxunto de ocupacións relacionadas. De cada ocupación se presenta un vídeo explicativo, unha ficha de descripción da ocupación e un dossier informativo máis amplo.

Accede ás distintas profesións facendo clic na imaxe

http://www.juntadeandalucia.es/servicioandaluzdeempleo/web/websae/portal/es/empleo/buscarTrabajo/eligeProfesion/

Ciberacoso e internet segura. Web

Web da Junta de Castilla y León para traballar o tema do ciberacoso e internet segura na aula. Ofrece guías para profesorado, alumnado e familias, así como materiais didácticos e ligazóns de interese. 

Accede á web facendo clic na imaxe

http://www.educa.jcyl.es/ciberacoso/es/plan-seguridad-confianza-digital-ambito-educativo

1/2/15

"Same Love" Vídeo sobre orientación sexual libre.

Spot realizado polo alumnado de 4º da  ESO do IESO "Colonos", de Gévora, para o Concurso "Culturas". "Same Love" é unha defensa firme da orientación sexual libre de cada persoa. A través dun percorrido polos mitos máis habituais relacionados coa sexualidade, pretende concienciar á poboación da necesidade de defender por igual calquera tipo de sexualidade, desterrando prexuizos, abandoando estereotipos absurdos e condenando situacións denigrantes. Ser novo non implica ser intolerante.