16/11/17

10 formas de violencia de xénero dixital

Campaña para concienciar e erradicar unha das formas de violencia de xénero máis común entre adolescentes, a que se da mediante o control e a limitación da vida dixital das mulleres.


24/8/17

Perfiles profesionais nos ciclos formativos

Facendo clic na imaxe atoparás as ocupacións para as que capacita cada título de formación profesional organizado por familias profesionais


Fonte: TodoFP.es 

14/8/17

Convocadas axudas do MEC para o curso 2017/18 para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

O MEC ven de publicar a convocatoria de axudas para o curso 2017/18 para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Accede á información na web do MEC facendo clic na imaxe
O prazo de solicitude remata o 28 de setembro



10/8/17

Convocadas becas xerais do MEC 2017/18 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (universitarios e non universitarios)

O MEC ven de convocar becas de carácter xeral para o curso académico 2017/18 para estudantes de estudos postobrigatorios universitarios e non universitarios.
O prazo de solicitudes é ata
a) o 17 de outubro de 2017 para os estudantes universitarios
b) o 3 de outubro de 2017 para os estudantes non universitarios

Accede á web do MEC para máis información facendo clic na imaxe


Accede a un tutorial con instrucións para presentar a beca facendo clic aquí

23/6/17

Instrucións do proceso de admisión a ciclos formativos de FP curso 2017/18

Actualizada toda a información referida ó proceso de admisión a ciclos formativos de FP para o curso 2017/18. Para acceder á información fai clic na seguinte ligazón, onde atoparás ademáis a oferta de FP actualizada e o calendario.




PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Ordinario: do 26 de xuño ao 4 de xullo
  • Extraordinario: do 1 ao 8 de setembro

22/6/17

Calendario escolar en Galicia para o curso 2017/18

Publicouse a Orde de 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2017/18 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.




INICIO E REMATE DO CURSO:

  • No segundo ciclo de Ed. Infantil, na Ed. Primaria e na Ed. Especial: do 11 de setembro de 2017 ao 21 de xuño de 2018.
  • Na Educación Secundaria Obrigatoria, no Bacharelato e na Formación Profesional: do 15 de setembro ao 21 de xuño.
  • Nas Ensinanzas de Réxime Especial: do 15 de setembro ao 30 de xuño.

VACACIÓNS:
  • Nadal: do 22 de decembro de 2017 ao 7 de xaneiro de 2018
  • Entroido: 12, 13 e 14 de febreiro de 2018
  • Semana Santa: do 24 de marzo ao 2 de abril de 2018

DÍAS NON LECTIVOS:
  • Día do ensino: 7 de decembro
  • Festivos locais ou de ámbito estatal

17/6/17

Os novos criterios de titulación na ESO en Galicia


O Ministerio de Educación publicou o Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, coas novas e transitorias condicións para titular na ESO e no Bacharelato ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación.


Os novos criterios son:

Para titular na ESO requírese

  • A superación de todas as materias ou avaliación negativa nun máximo de dúas que non sexan simultaneamente Lingua Castelá e Literatura ou Lingua Galega e Literatura e Matemáticas.
  • As materias coa mesma denominación en diferentes cursos considéranse materias distintas.
  •  Os alumnos de FP Básica poderán obter o título da ESO se superan os módulos asociados aos bloques de comúns e se o equipo docente considera que ten acadados os obxectivos e as competencias da ESO.

Consello orientador:
Ó remate de cada curso emitirase un consello orientador coa proposta do itinerario máis adecuado a seguir que formará parte do expediente do alumno.

Modelo de consello orientador

31/5/17

Caderno de información sobre a FP básica 2017

Caderno de orientación académica con información sobre a FP básica en Galicia para o curso 2017 elaborado pola compañeira orientadora Mónica Diz Besada. Moi completo e útil.
Accede á FP Básica na web da Consellería

4/5/17

Premios extraordinarios de bacharelato 2017




INSCRICIÓNS:

Ata o 05/06/2017

REQUISITOS:

  • Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2016/17 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
  • Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. 
  • O alumnado deberá realizar unha proba que se estruturará en dúas partes:
  • 1. Primeira parte: a) Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario. b) Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais do bacharelato.
  • 2. Segunda parte: Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado para elixir entre as seguintes: Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Fundamentos da Arte II.

PÁXINA WEB:

CONTACTO:

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo
Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 2, 1º andar
15781 Santiago de Compostela
Teléfonos 981 54 02 05 e 881 99 73 83
Publicación: DOG 04/05/2017
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016/17, para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2016/17 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
REMUNERACIÓN: 1.000 EUROS/premio

9/2/17

Galicia. Probas libres para a obtención do título da ESO. Convocatoria 2017

Para maiores de 18 anos.
Prazos de matrícula:
-Convocatoria de xuño: 13 a 24 de marzo de 2017
-Convocatoria de setembro: 3 a 10 de xullo de 2017

Máis información facendo clic na imaxe




Normativa Galicia:
Orde de 10 de febreiro de 2012  pola que se modifica a Orde de 19 de febreiro de 2009 pola que se regulan as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos.


10/1/17

Novidades na proba libre de bacherel para maiores de vinte anos


A Consellería de educación publicou nestes días a Orde de 22 de decembro de 2016 pola que se modifica a Orde de 10 de febreiro de 2012 que regula a proba para a obtención do título de bacherel para persoas maiores de vinte anos en Galicia.

As novidades afectan ás materias obxecto de exame e ás condicións para a superación parcial da proba ou exencións da mesma.

ESTRUTURA DA PROBA

Primeiro exercicio: Será común a todas as modalidades de bacharelato e terá 4 partes.

  1. Lingua Galega e Literatura I e II
  2. Lingua Castelá e Literatura I e II
  3. Primeira Lingua Estranxeira I e II
  4. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos das materias de Filosofía e Historia de España
Segundo exercicio: Terá un carácter diferenciado en función da modalidade escollida. Estruturarase en tres partes.
Primeira parte: materias troncais xerais propias de cada modalidade.
  • Modaliddade de Ciencias: Matemáticas I e II
  • Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais: segundo o itinerario escollido, realizaranse as probas das materias de Latín I e II ou Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais I e II,
Segunda parte: probas das materias troncais de opción
  • Modalidade de Ciencias; escoller unha entre as seguintes opcións Física e Química e Física, Física e Química e Química ou Debuxo Ténico I e II.
  • Modalidade e itinerarios de Humanidades e Ciencias Sociais: seleccionar unha opción entre Economía e Economía da Empresa ou Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía.
Terceira parte: probas de materias troncais de opción de modalidade.
  • Modalidade de Ciencias:  elexir unha opción entre Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía ou Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía.
  • Modalidade e itinerarios de Humanidades e Ciencias Socias: seleccionar unha opción entre as materias de Grego I e II, Literatura Universal e Historia da Arte ou LIteratura Universal e HIstoria da Filosofía.
SUPERACIÓN PARCIAL DA PROBA: Por ter superados determinados grupos de materias do bacharelato actual ou anterior poderase validar a parte da proba correspondente (ver condicións na Orde de 22 de decembro).

8/1/17

Galicia: Probas de acceso a ciclos medios e superiores de Formación Profesional 2017

No blog de Mónica Diz atopamos un excelente resumo da convocatoria de probas de acceso a cicklos de grao medio e superior en Galicia para o 2017. Accede facendo clic na imaxe.