Para acceder ás revistas, fai clic en cada unha das imaxes
Este é un blog de orientación educativa e académico-profesional para consulta da comunidade educativa. Para orientarte neste blog, tes que seguir as categorías que están á dereita e premer na que che interese.
29/6/13
20/6/13
O paso de Primaria a Secundaria. Guía para as familias
Folleto elaborado por Jesús Jarque no que se resumen os principais cambios que deben ter en conta os pais e nais cando os fillos e fillas empezan a Secundaria.
Para acceder á información, fai clic na imaxe
18/6/13
Recursos para traballar técnicas de estudo
Web sobre hábitos de estudo e técnicas de aprendizaxe. Útil para empregar nas titorías. Descríbense un total de 10 pasos a seguir. Ademáis ofrece ferramentas de consulta sobre: como estudar con método; como controlar a ansiedade; a realización de exames; facer presentacións orais...
Fonte: Universidade Miguel Hernández coa colaboración da Generalitat Valenciana.
Para acceder á información, fai clic na imaxe
Táboa da oferta de prazas e notas de corte no Sistema Universitario Galego. Curso 2013-2014
Se vas facer a preinscripción no Sistema Unversitario de Galicia, esta táboa será moi útil para ti. Nela recóllense as prazas que quedaron en setembro, se non se cubriron todas as prazas ofertadas ... Toda a información a ter en conta.
16/6/13
Ciberbullying: Ciberacoso escolar entre menores
Páxina web con numerosas informacións e recursos sobre o ciberacoso. Inclúe definición, guía práctica, consellos básicos, bibliografía e test para país e nais.
Para acceder á información, fai clic na imaxe "ciberbullying"
15/6/13
Estudar un ciclo de Formación Profesional (grao medio e grao superior)
Os estudos de Formación Profesional están en proceso de actualización
como consecuencia da implantación da Lei 8/2013, para a mellora da
calidade educativa (LOMCE) pola que se crean os novos ciclos de Formación Profesional Básica que substitúen aos Programa de
Cualificación Profesional Inicial.
Nesta entrada imos ocuparnos únicamente dos ciclos de grao medio e superior. Estes ciclos están organizados en módulos con contidos teórico-prácticos que teñen como finalidade a adquisición das competencias necesarias para unha inserción laboral satisfactoria e o desempeño de diversas profesións.
1. ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
Teñen acceso a un CM os que posúan o título de ESO ou equivalente, un PCPI ou a superación da proba de acceso.
Terase en conta a nota media acadada nos estudos que se acreditan.
2. ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR
Teñen acceso a un CS os que posúan o título de Bacharelato, equivalente ou proba de acceso superada.
No caso de que houbera máis solicitudes que prazas, terase en conta que o alumno/a cursara una modalidade de bacharelato preferente.
Terase en conta a nota acadada nos estudos que se acreditan.
Para a admisión debe realizarse unha solicitude:
Xuño: Prazo ordinario (se se cumpren os requisitos de acceso en xuño).
Setembro: Prazo extraordinario (se se cumpren os requisitos de acceso en setembro).
Para máis información sobre a FP de grao medio e superior en Galicia, consulta as seguintes ligazóns:
- Coñece a Formación Profesional
- Familias profesionais e currículos
- Folletos informativos
- Perfiles profesionais
- Vídeos sobre FP en Galicia.
- Réxime e modalidades
- Información xeral de admisión
- Admisión a Ciclos Formativos de Grao Medio
- Admisión a Ciclos Formativos de Grao Superior
- Oferta de FP
- Información, oferta e proceso de admisión e matrícula
- As probas de acceso a Ciclos de Grao Medio
- As probas de acceso a Ciclos de Grao Superior
- Formación Profesional Dual
- Formación Profesional a distancia en Galicia
- Vinculación preferente dos Bacharelatos para acceder ao CS
- Validacións FP de Grao Superior no acceso á Universidade
- Webquest para elexir estudos de Formación Profesional
Se queres acceder a un ciclo de FP noutra Comunidade Autónoma, fai clic nas seguintes ligazóns:
- Inscrición e matrícula en todas as CC.AA.
- Webs de FP de todas as CC.AA
- Web do MECD sobre a Formación Profesional a distancia
12/6/13
CIBERBULLYING: Guía de recursos para centros educativos en casos de ciberacoso
La intervención en los centros educativos: Materiales para equipos directivos y acción tutorial
Autor: José Antonio Luengo Latorre. Jefe del Gabinete Técnico del Defensor del Menor. Comunidad de Madrid.
10/6/13
Manuais de axuda para a detección de Dificultades de Aprendizaxe
Colección de tres manuais publicados pola Consejería de Educación de la Junta de Andalucía que facilitan o traballo de docentes e orientadores unificando criterios de diagnóstico e intervención psicopedagóxica cos alumnos que presentan dificultades de aprendizaxe.
O primeiro volume, Definición características y tipos, describe as problemáticas consideradas como dificultades de aprendizaxe.
No segundo volume, Procedimientos de evaluación y diagnósticos, ofrécense diversos procesos para a avaliación e diagnóstico das diferentes dificultades de aprendizaxe que poidan presentarse.
No terceiro volumen, Criterios de intervención pedagógica, danse a coñecer diversas vías de intervención psicopedagóxica, protocolos e demáis actuacións xerais acompañados de diversas orientacións ó profesorado e á familia.
EducaTolerancia: Recursos educativos para a atención á diversidade
Páxina web con numerosos recursos descargables en PDF: Tolerancia, interculturalidade, diversidade, dereitos humanos, racismo e xenofobia, violencia, sexismo, homofobia, familias monoparentais, transfobia.
Para acceder á información, fai clic na imaxe.
6/6/13
Suscribirse a:
Entradas (Atom)