31/1/14

Decálogo por unha ciberconvivencia positiva: animación

Co gallo da celebración cada 30 de xaneiro do Día Escolar da Non violencia e a Paz, PantallasAmigas, en colaboración con Habbo e o Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado (INTEF) e o Instituto de la Juventud (Injuve) en apoio á súa campaña No Hate Speech,  poñen a disposición da comunidade educativa un recurso didáctico en formato de animación que promove a convivencia no novo contexto dixital. É unha aportación para combater a violencia dixital, problema crecente no contorno escolar.


 

Decálogo pola ciberconvivencia positiva e contra o ciberbullying


1) Coidado dos datos alleos.

Os datos persoais dos demáis non te pertencen. Evita usalos ou publicar fotografías sen permiso.

2) Discreción.

Non reveles asuntos particulares de outras persoas aínda que penses que non lles vai importar.

3) Respecto e prudencia.

Diríxete ás demáis persoas con moito cuidado e respecto. Pode que non che entendan ben ou que teñan un mal día

4) Visión global e creativa.

Coida moito as bromas en público. Aínda que a persona implicada sepa que non é en serio, outras poden interpretalo mal.

5) Observación e empatía.

Cando entres nun lugar novo observa durante algúns días antes de actuar. Quizáis non sexa o sitio ou a xente que pensabas.

6) Xestión positiva de emociòns.

Se alguén te enfada, desconecta un rato. Pode tratarse dun malentendido ou algo non intencionado.

7) Compromiso e sensibilidade.

Cando vexas que algén comete unha imprudencia, fáillo saber de maneira discreta.

8 ) Implicación activa e constructiva.

Se pertences a unha comunidade ou rede, participa e contribúe de forma positiva

9) Tolerancia e participación.

Manifesta respecto polas opinións das demáis persoas e expresa a túa.

10) Solidariedade.

Se ves que alguén sufre trato inxusto e abuso trata de axudar evitando presuposicións e conflictos.


Adoptar o sentimento de pertenenza a unha comunidade e o compromiso coa mesma, comezando pola necesaria condición de convivencia apacible, é un exercicio preciso para lograr unha cidadanía dixital responsable. 

Fonte: Información tomada da web ciberbullying.com

Recursos educativos sexismo

Na web educatolerancia.com atoparás múltiples recursos para traballar na aula aprol dunha educación non sexista. Trátase de materiais en formato pdf que hai que descargar. Aquí atoparás, entre outras, as seguintes actividades:
  • O xénero feminino a través da publicidade
  • Guía dos dereitos das mulleres víctimas de violencia de xénero
  • Linguaxe sexista
  • Contos e xogos para pais e nais
  • Responsabilidades domésticas compàrtidas
  • Educándonos fronte a televisión
  • Educando en igualdade
...e moitas máis

Para acceder a todos estes recursos, fai clic na imaxe

http://www.educatolerancia.com/index.php?option=com_content&view=section&layout=blog&id=50&Itemid=59

30/1/14

TDAH: Guía de actuación na escola

"Guía de Actuación en la Escuela ante el Alumno con TDAH", editada pola asociación APNADAH (Asociación de Padres para Niños y Adolescentes con Déficit de Atención e Hiperactividad), é unha publicación sinxela sobre este trastorno que presenta a vantaxe de centrarse no ámbito escolar, dirixíndose fundamentalmente ao colectivo docente. Consta dunha introducción na que se explica que é o TDAH, o procedemento a seguir para o diagnóstico e tratamento e, finalmente, as características do alumno ou alumna con TDAH. A continuación se presentan orientacións aplicables na aula para o alumnado de Primaria e de Secundaria. A guía remata cun apartado dedicado á avaliación.

Para acceder á publicación, fai clic na imaxe 

http://apnadah.org/web2/bkofwb/docspdf/gdocentes.pdf

Fonte: apnadah.org

Educación sexual para adolescentes: Manual

"¿Y tú qué sabes de 'eso'? Manual de educación sexual para jóvenes" pretende ser unha ferramenta didáctica para aquelas persoas que, tendo a oportunidade de traballar con adolescentes, desexen achegarse e achegarlles a unha visión da sexualidade aberta e integrada no desenvolvemento persoal. O manual empeza abordando o concepto de sexualidade, para tratar seguidamente temas como a propia autoestima, a orientación sexual, as primeiras relacións ou o coñecemento do propio corpo. Todo elo se presenta estructurado en sete módulos diferenciados que inclúen, a maiores dun achegamento teórico moi completo, fichas de actividades prácticas para o traballo con adolescentes. Este manual teórico práctico, editado pola Diputación de Málaga e asinado por Ana Infante, Ángela Paris, Lola Fernández e Mª Mar Padrón, constitúe unha ferramenta imprescindible para familias, docentes e profesionais da saúde.

Para acceder ao manual, fai clic na foto 

http://psicopedia.org/wp-content/uploads/2013/11/QueSabesdeEso_Mar.pdf
 
Fonte: psicopedia.org

29/1/14

Síndrome de Asperger

Entrevista a Paloma Martínez, nai dun rapaz con síndrome de Asperger e presidenta da Federación Asperger España, e a Mariana Perretti, psicóloga clínica e responsable de psicodiagnóstico da Asociación Asperger de Madrid.

Fonte: Orienta2
 

TDAH. Trastorno por déficit de atención e hiperactividade

Editada coa finalidade de servir de axuda práctica para familias e profesorado de nenos e nenas que padecen TDAH, a gúia "TDAH. Trastorno por déficit de atención e hiperactividad", obra de  César Soutullo e Carlos Chiclana, da Clínica Universitaria de Navarra (Departamento de psiquiatría e psicoloxía médica), conten información clínica sobre a orixe, causas e síntomas deste trastorno. A un primeiro capítulo con informacións xerais, siguen outros dous dedicados a proporcionar información de axuda ás familias e información de axuda ao profesorado. Ao final da guía inclúense uns valiosos anexos coas asociacións de TDAH en España, webs de interese, orientacións bibliográficas, etc.

Fonte: Profe pt

27/1/14

Trastornos de conducta: guía de intervención na escola

Guía elaborada por un grupo de orientadores dos Equipos de Orientación da provincia de Zaragoza e editada polo Goberno de Aragón. O documento recolle un modelo de intervención nos centros educativos dirixido a mellorar o traballo psicoeducativo co alumnado con problemas de conducta. Inclúe informaión sobe as diferentes problemáticas de conducta, a prevalencia, os factores de risco, etc. Tamén ofrece un protocolo de intervención psicopedagóxica na escola.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe  

http://orientacion.educa.aragon.es/admin/admin_1/file/RECURSOS_orientacion/ATENCION%20DIVERSIDAD/TRASST.%20EMOCI-COMPORTA/guia+portadas.pdf

Fonte: rincones.educarex.es (recollida tamén noutros blogs como Mónica Diz Orienta, PSICOSYSTEM, APOEX ...)

As 10 formas de escoller mal os estudos

Nesta presentación aprenderás 10 cousas que non se deben facer se un quere escoller ben os estudos.


Pautas para pais separados

Frecuentemente orientadores e orientadoras mantemos entrevistas con pais e nais que veñen de separarse e piden consello para afrontar a nova situación. Jesús Jarque nos ofrece neste folleto un conxunto de pautas sinxelas para orientar ás familias. O folleto está pensado para imprimir e entregar despois da entrevista.

Para acceder ao folleto, fai clic na imaxe 

http://familiaycole.files.wordpress.com/2013/08/44-pautas-padres-separados.pdf


26/1/14

Habilidades sociais: Fórmulas de cortesía

Sinxelo recurso interactivo para traballar os seguintes puntos:
  1. Emprego de "tú" e "usted"
  2. Manifestar acordo e desacordo
  3. Comprender ao outro
  4. Recoñecer os erros
Inclúe ao final un pequeno glosario dos principais termos empregados nestes contextos e unha guía para o profesorado. O obxectivo último é desenvolver a competencia social no alumnado.
Para acceder ao recurso, fai clic na imaxe e sigue as instruccións 

Fórmulas de cortesía


25/1/14

Habilidades sociais e afectivas: A asertividade

Que é a asertividade? Este video explica os tres estilos de comunicación principais (asertivo, agresivo e pasivo) e describe as súas consecuencias. 
Vía Teresa Lema Porteiro.

Recursos educativos para o Día da Paz: Recompilación

Para conmemorar a celebración do Día da Paz (30 de xaneiro), Didactalia nos ofrece unha interesante selección de contidos educativos: cadernos, unidades didácticas, definicións, poemas, fichas, suxestións para a decoración da aula...

Para acceder aos materiais, fai clic na imaxe 

http://didactalia.net/comunidad/materialeducativo/recurso/Recursos-educativos-para-el-dia-escolar-de-la-Paz/f64ae025-13a9-4fad-8c1c-61dd919a46df

24/1/14

"Querernos bien"

Vídeo realizado pola Secretaría de Políticas Sociais de FETE UGT para traballar a violencia de xénero en Secundaria. Axuda a desmontar mitos como o do amor romántico, os celos, os desexos de control da outra persoa, etc. Moi interesante para as titorías.

Escola de familias: novo portal

A Consellería de Educación de Andalucía ven de crear o portal Escuela de Familias. Ofrece unha excelente recompilación de materiais útiles para traballar en escolas de familias, reunións de pais e nais, titorías, etc. A información distribúese nas seguintes seccións:
  • infantil
  • primaria
  • secundaria
  • bacharelato e formación profesional
  • recursos para formarse
  • avós e avoas
  • participación
  • necesidades específicas de apoio educativo
  • experiencias
  • ligazóns de interese
  • normativa
  • novidades
Para acceder ao portal, fai clic na imaxe

http://www.juntadeandalucia.es/educacion/webportal/web/escuela-de-familias

Síndrome de Asperger: Guía práctica para a intervención no ámbito escolar

A Asociación Sevillana de Síndrome de Asperger ven de editar un estupendo traballo realizado por Margarita Coto Montero, psicopedagoga da asociación, onde se nos ofrecen pautas para a atención na aula de persoas con Síndrome de Asperger. A guía baséase na experiencia real adquirida ó longo dos anos polos profesionais do centro Hans Asperger de Sevilla. Nela abórdanse, entre outros, os seguintes contidos:
  1. O Síndrome de Asperger
  2. Teorías explicativas
  3. Dificultades na aula
  4. Avaliación psicopedagóxica
  5. Coordinación e Comunicación
Para acceder á publicación, fai clic na imaxe 

http://autismodiario.org/wp-content/uploads/2014/01/S%C3%ADndrome-de-Asperger-Gu%C3%ADa-pr%C3%A1ctica-para-la-intervenci%C3%B3n-en-el-%C3%A1mbito-escolar-.pdf
  
Fonte: autismodiario.org (recollida tamén en orientacióncondesa)

23/1/14

Alumnado con altas capacidades

Sinxela publicación elaborada pola Consellería de Educación y Ciencia do Principado de Asturias onde se explica con claridade cal é o proceso a seguir nun centro escolar para a avaliación psicopedagóxica dun alumno ou alumna con altas capacidades. Aborda, entre outras, as seguintes cuestións:
  1. Concepto e definición de altas capacidades
  2. Características do alumnado
  3. Identificación e solicitude de avaliación psicopedagóxica
  4. Proceso de avaliación psicopedagóxica
  5. Orientacións educativas
  6. Necesidades educativas
  7. Escolarización
  8. Medidas educativas
Para acceder á publicación, fai clic na imaxe

http://www.educastur.es/media/publicaciones/apoyo/orientacion/altas_capacidades09.pdf



Fonte: Educastur.es

"MIORIENTABLOG"


Excelente blog destinado a facilitar a acción titorial elaborado por Rosa Mª Mesa del Moral, orientadora do IES "Abula" de Vilches . As propostas de actividades están secuenciadas por cursos de 1º a 4º de ESO, Bacharelato e Diversificación.



22/1/14

"El tabaco al descubierto"

Material elaborado polo INTEF (Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado), pertencente ao Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Trátase dun recurso informativo cuxo obxectivo principal é concienciar a mozos e mozas dos efectos nocivos que ten o tabaco sobre a saúde e dos beneficios de deixalo. Aporta axudas, suxestións de cambios na vida cotiá e testemuñas reais. Analiza minuciosamente o tabaco: compoñentes e características, historia, curiosidades e datos estatísticos sobre o tabaquismo no mundo. Ofrece ademais actividades interactivas e ligazóns a outras páxinas para ampliar información.

Para acceder ao recurso, fai clic na imaxe

http://ntic.educacion.es/w3/recursos/secundaria/transversales/tabaco/

Fonte: INTEF

Trastornos do comportamento alimentario. Guía para as familias

"Qué le pasa? Cuando los trastornos del comportamiento alimentario entran en casa" é unha guía dirixida ás familias editada pola Fundación Imaxe e Autoestima. Nela abórdanse os seguintes contidos: 
  1. Trastornos do comportamento alimentario e detección precoz
  2. Anorexia nerviosa
  3. Bulimia nerviosa
  4. Trastornos por atracones
  5. Trastornos do comportamento alimentario nos deportistas
  6. Trastornos do comportamento alimentario e recaídas
  7. A parella e os trastornos do comportamento alimentario
  8. Outros trastornos do comportamento alimentario: a vigorexia.
Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.abacoruna.com/u/uploads/File/Guias/que_le_pasa.pdf

Fonte: Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña

21/1/14

Recompilación de enlaces para o Día da Paz

Interesante recompilación de enlaces para traballar o Día Escolar da Non-violencia e a Paz (DENIP).



Para acceder á información, fai clic aquí

Fonte: http://www.scoop.it/t/denip

Acoso escolar: guía para pais e nais

Guía sobre o acoso escolar dirixida ás familias e editada pola CEAPA (Confederación Española de Asociacións de pais e nais de alumnos). Aborda as seguintes cuestións:
  • Que é o acoso escolar
  • Tipos
  • Os protagonistas
  • Indicadores e consecuencias
  • Prevención positiva e resolución de conflictos
  • Que podemos facer pais e nais
  • O que pais e nais precisamos saber: dereitos e responsabilidades
  • Xestións inmediatas en caso de acoso
  • A función do centro e do Consello Escolar
  • Lecturas recomendadas



PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DAS PAU 2014 EN GALICIA

Parámetros de ponderación das materias da fase específica das PAU para acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario galego 2014.

parampondef2014 by Silvina Paricio Tato

20/1/14

"Con un pedazo de tiza"

Escapar da violencia doméstica, da intimidación e do acoso na escola, do maltrato dun profesor que descoñece a traxedia silenciosa. Un neno se refuxia nun fráxil universo con fronteiras de tiza e números, un diminuto escenario sobre o que baila e realiza a súa fuxida da realidade infeliz na que sobrevive. 

19/1/14

Entender e atender ao alumnado con TDAH nas aulas: Guía

Esta guía, dirixida ao profesorado e profesionais da orientación, é obra do Departamento de Educación do Goberno de Navarra (Servizo de Igualdade de Oportunidades, Participación educativa e Atención ao Profesorado. CREENA). Nela abórdanse as seguintes cuestións:
  1. Que é o TDAH
  2. Características e necesidades asociadas ao TDAH
  3. Pautas para a resposta educativa
O documento inclúe ao final un apartado dedicado aos recursos didácticos e de apoio ao profesorado. 

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://creena.educacion.navarra.es/recursos/guiastatdah/pdfs/guia_tdah.pdf

Fonte: CREENA

17/1/14

"Las caras del alcohol"

Web da Fundación Alcohol y Sociedad centrada no consumo de alcohol por parte dos adolescentes. Consta de tres seccións -dirixidas respectivamente a estudiantes, profesorado e familias- nas que se ofrecen informacións sobre o alcohol e pautas para a prevención do consumo do mesmo. A Fundación, en colaboración coa Universidade de Barcelona, elaborou un programa pedagóxico que persigue un triple obxectivo:
  • Reducir o número de adolescentes que beben alcohol.
  • Retrasar a idade de inicio no consumo
  • Minimizar a cantidade que consumen os adolescentes xa iniciados no hábito
A sección dedicada aos estudiantes resulta idónea para traballar nas titorías

Para acceder á web, fai clic na imaxe

http://www.lascarasdelalcohol.com/

16/1/14

Situacións de estrés e relaxación

Recurso educativo que ten como obxectivo que o alumnado aprenda a identificar o seu estado de ánimo e as situacións que lle provocan estrés ou ansiedade, así como a comunicar os seus sentimentos para chegar a un entendemento cívico cos demáis.

Para acceder ao recurso, fai clic na imaxe

Situaciones de estrés y relajación

14/1/14

A violencia de xénero entre adolescentes: debate

Recursos para coñecer as profesións

ELIXE PROFESIÓN SEN RESTRICCIÓNS DE XÉNERO (Instituto de la Mujer de la Región de Murcia). Neste recurso descríbense numerosas ocupacións: en que consisten, aptitudes necesarias, estudos a realizar, saídas laborais...
http://www.eligeprofesion.org/pro_001.asp?ipag=1
O ARQUIVADOR PROFESIONAL (Portal educativo do Principado de Asturias). Nesta web pódense seleccionar numerosas profesións e coñecer en que consisten, tarefas que se desenvolven, formación necesaria, saídas profesionais, etc.
http://www.educastur.princast.es/fp/hola/pil_col/perfiles/index.html
GO! GUÍA DE OCUPACIÓNS (Proxecto Gwo, realizado co apoio da Unión Europea). Buscador de profesións e actividades laborais. A busca pode facerse por materias, actividade, contorno de traballo, alfabéticamente, etc.

QUIEROSER.NET (Consellería de Educació da Generalitat Valenciana). Portal onde se describen, a través de videos, as ocupacións correspondentes ás familias de Formación Profesional.

WIKIOFICIOS. Wiki para explorar numerosos sectores profesionais: traballos e oficios, tarefas, formación.


Fonte: Orientaguía (inclúe máis recursos dos que recollemos aquí)

13/1/14

Diversidade e convivencia nos centros educativos

Video onde se expoñen algúns resultados da investigación "Diversidad y convivencia en los centros educativos", investigación levada a cabo por un equipo do Departamento de Antropología Social da Universidad Complutense de Madrid. Ao final do video pódese acceder a una síntese do estudo e a un video explicativo do proxecto.

Guía para levarse ben

"Perdido sin saber qué hacer: una guía para llevarse bien" é una aplicación creada pola Extensión da Universidade de Illinois xunto co Centro Nacional da Educación na Resolución de Conflictos. Permite traballar habilidades de escoita, compartir sentimentos e emocións, compartir diversos puntos de vista, habilidades para facer amigos, etc. A través de varios personaxes (María, Cliff, Jim y Ana) se presentan diferentes situacións nas que rapazas e rapaces poden escoller que reacción ter e experimentar as súas consecuencias.
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
http://urbanext.illinois.edu/conflict_sp/index.html


12/1/14

Adolescencia e alcohol: guía para o profesorado

Esta guía, editada pola Fundación Alcohol y Sociedad, pretende ser un recurso de apoio para a educación e promoción de hábitos saudables no alumnado. De carácter eminentemente práctico, consta dun total de catro unidades para traballar na aula nas que se abordan os seguintes temas:
  1. Concepto de saúde
  2. Estilo de vida (onde se analiza o papel da publicidade)
  3. O alcohol
  4. A investigación como fonte de coñecemento (onde se propón ao alumnado una tarefa de indagación).
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
 
http://www.alcoholysociedad.org/ofertaeducativa/descargas/programa/GuiaProfesoresCastellanoOK.pdf
 
 

10/1/14

Trastornos do comportamento alimentario: guías

Incluimos dúas guías para o tratamento dos trastornos da conducta alimentaria editadas polo Instituto de Nutrición e Trastornos Alimentarios da Consellería de Sanidade da Comunidade de Madrid. A primeira está dirixida ás familias e a segunda a mozos e mozas. Nelas expóñense as características e síntomas propios da anorexia e a bulimia, así como orientacións para facer fronte o problema. Ambas inclúen un apartado coa relación de recursos públicos dispoñibles na Comunidade de Madrid.
Para acceder ás guías, fai clic nas respectivas imaxes
http://orientacascales.wordpress.com/2012/11/07/trastornos-del-comportamiento-alimentario-guia-para-madres-y-padres/



http://orientacascales.wordpress.com/2012/11/01/guia-de-recursos-para-el-tratamiento-de-los-trastornos-del-comportamiento-alimentario/

9/1/14

Dereitos do alumnado con TDAH

Sinxela presentación con consellos para o profesorado sobre como axudar ao alumnado con TDAH
 

Adaptacións curriculares de ampliación para alumnado con altas capacidades

Nesta interesante guía, editada polo Centro de Profesorado e Recursos de Oviedo, abórdanse as seguintes cuestións:
  1. Que é unha adaptación curricular de ampliación
  2. Como se fai
  3. Exemplos de adaptacións curriculares de ampliación nas distintas etapas
  4. Proxectos levados a cabo co alumnado con altas capacidades en Oviedo
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
 
https://docs.google.com/file/d/0B_dBiJr3SmMDUXlBTG50RGwwUzg/edit
 

8/1/14

Guía para a avaliación inicial do alumnado inmigrante

A Guía para la evaluación inicial de alumnado de incorporación tardía, editada polo Centro de Profesorado e de Recursos de Oviedo, ofrece valiosas orientacións par efectuar a valoración do nivel de lingua e de competencia curricular deste alumnado. Contén informacións específicas moi útiles sobre o alumnado chinés, marroquí, de orixe subsahariana, do leste de Europa. ecuatoriano, colombiano e dominicano. Estas informacións inclúen as principais características das súas linguas e una breve síntese dos respectivos sistemas educativos.
 
Para acceder ó recurso, fai clic na imaxe.
 
http://web.educastur.princast.es/proyectos/acogida/archivos/EVAL%20INI/ORIENTACIONES/Guía%20para%20la%20evaluación%20inicial%20de%20alumnado%20de%20incorporación%20tardía.pdf

Fonte: educastur
 

6/1/14

Programa de educación para a saúde

Programa elaborado por Cruz Roja Juventud. Inclúe fundamentación, obxectivos, destinatarios, accións e unha guía de orientación na que se abordan os seguintes temas:
  1. Saúde e educación para a saúde
  2. Hábitos non saudables
  3. Sexualidade
  4. Infección por VIH e SIDA
  5. Anorexia e bulimia
Para acceder ao programa fai clic na imaxe
 
http://www.cruzroja.es/crj/docs/salud/001.swf

Fonte: cruzroja.es 

5/1/14

Saber estudar. Guía para nais e pais

Guía sobre cómo estudar publicada polo CEDEC (Centro Nacional de Desarrollo Curricular en Sistemas no Propietarios). Dirixida ás familias do alumnado e de consulta recomendada tamén para o profesorado e profesionais da orientación.
 
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
 
http://descargas.pntic.mec.es/cedec/saber_estudiar/contenidos/index.html
 

4/1/14

Estudo sobre a situación dos nenos e nenas con discapacidade en España

Neste estudo. realizado por Ignacio Campoy Cervera, preténdese dar una panorámica xeral sobre a situación dos nenos e nenas con discapacidade en España. Os nenos e nenas con discapacidade están afectados por una múltiple vulnerabilidade na nosa sociedade que lles fai sofrer un maior grao de discriminación e ter máis dificultades para acceder en igualdade de oportunidades ao exercicio dos seus dereitos. É preciso atender as súas especiais necesidades en todas as políticas e medidas que se adopten.
 
Para acceder ao estudo, fai clic na imaxe
 
 
http://plataformadeinfancia.org/system/files/estudio_ninos_y_ninas_discapacidad_espana.pdf
 
 

Intervención con nenos, nenas e adolescentes en situacións de violencia machista

"Intervención con niños, niñas y adolescentes en situaciones de violencia machista desde el sistema público de Servicios Sociales de la ciudad de Barcelona" é un documento para reflexionar e mellorar a propia práctica e a dos servizos sociais co fin de potenciar un traballo en rede eficaz, e de consolidar as boas prácticas existentes en materia de infancia e violencia de xénero.
 
Para acceder ao documento, fai clic na imaxe
 
http://plataformadeinfancia.org/system/files/intervencion_con_ninos_ninas_y_adolescentes_en_situaciones_de_violencia_machista.pdf
 
 

3/1/14

Programa de Saúde Infantil e do Adolescente

Documento elaborado pola Consejería de Sanidad y Consumo da Junta de Extremadura, coordinado polo Centro Extremeño de Desarrollo Infantil e elaborado por un grupo de pediatras. Contén actividades recomendadas en atención primaria para a promoción de hábitos saúdables na infancia e na adolescencia. Ofrece tamén actividades preventivas, de consello e pautas para a detección precoz de enfermidades.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe
 
http://www.spapex.es/psi/psiaex.v.1.pdf
 

Mutismo selectivo. Guía

"Mutismo selectivo. Guía para la detección, evaluación e intervención precoz", é un documento elaborado polo CREENA (Centro de Recursos de Educación Especial de Navarra) grazas a Consuelo Gallego Gallego e Pilar Marco Gallo. Dirixido a profesionais de centros educativos e, especialmente, de educación infantil. Aporta información sobre a orixe e desenvolvemento do trastorno; proporciona instrumentos para a detección e avaliación; por último, inclúe propostas, orientacións e pautas nos ámbitos escolar e familiar.

Web de orientación académica e laboral

Web de Luis Castro Lorenzo que constitúe un lugar de referencia para a orientación tanto académica como laboral. Información sobre a oferta do sistema universitario, bolsas, emprego, guía, orientación e programas. Destinatarios: profesionais da orientación, mozos e mozas.
 
Para acceder á web, fai clic na imaxe
 
http://marcaempleo.es/