30/1/14

Educación sexual para adolescentes: Manual

"¿Y tú qué sabes de 'eso'? Manual de educación sexual para jóvenes" pretende ser unha ferramenta didáctica para aquelas persoas que, tendo a oportunidade de traballar con adolescentes, desexen achegarse e achegarlles a unha visión da sexualidade aberta e integrada no desenvolvemento persoal. O manual empeza abordando o concepto de sexualidade, para tratar seguidamente temas como a propia autoestima, a orientación sexual, as primeiras relacións ou o coñecemento do propio corpo. Todo elo se presenta estructurado en sete módulos diferenciados que inclúen, a maiores dun achegamento teórico moi completo, fichas de actividades prácticas para o traballo con adolescentes. Este manual teórico práctico, editado pola Diputación de Málaga e asinado por Ana Infante, Ángela Paris, Lola Fernández e Mª Mar Padrón, constitúe unha ferramenta imprescindible para familias, docentes e profesionais da saúde.

Para acceder ao manual, fai clic na foto 

http://psicopedia.org/wp-content/uploads/2013/11/QueSabesdeEso_Mar.pdf
 
Fonte: psicopedia.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada