30/1/14

TDAH: Guía de actuación na escola

"Guía de Actuación en la Escuela ante el Alumno con TDAH", editada pola asociación APNADAH (Asociación de Padres para Niños y Adolescentes con Déficit de Atención e Hiperactividad), é unha publicación sinxela sobre este trastorno que presenta a vantaxe de centrarse no ámbito escolar, dirixíndose fundamentalmente ao colectivo docente. Consta dunha introducción na que se explica que é o TDAH, o procedemento a seguir para o diagnóstico e tratamento e, finalmente, as características do alumno ou alumna con TDAH. A continuación se presentan orientacións aplicables na aula para o alumnado de Primaria e de Secundaria. A guía remata cun apartado dedicado á avaliación.

Para acceder á publicación, fai clic na imaxe 

http://apnadah.org/web2/bkofwb/docspdf/gdocentes.pdf

Fonte: apnadah.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada