INSCRICIÓNS:
Ata o 05/06/2017
REQUISITOS:
- Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2016/17 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
- Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
- O alumnado deberá realizar unha proba que se estruturará en dúas partes:
- 1. Primeira parte: a) Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario. b) Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais do bacharelato.
- 2. Segunda parte: Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado para elixir entre as seguintes: Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Fundamentos da Arte II.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016/17, para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2016/17 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
REMUNERACIÓN: 1.000 EUROS/premio