4/10/16

Becas da Fundación Amancio Ortega para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos


A Fundación Amancio Ortega convoca unha nova edición de becas para estudar 1º Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos durante o curso 2017/18.

Convócanse un total de 500 becas dirixidas ao alumnado de 4º ESO que lle permitirán convivir cunha familia durante o curso escolar no país de destino. 80 desas becas están destinadas a estudantes galegos e o resto a estudantes doutras comunidades autónomas.

REQUISITOS:
-Estudar actualmente 4º ESO nun centro educativo en España e ter  pasaporte español.
-Ter unha nota media mínima de 7 en 3º ESO e de 8 en inglés.
-Non ter estudado un ano académico no estranxeiro con anterioridade (1º, 2º ou 3º ESO).
-Enviar o formulario online debidamente cumprimentado coa documentación esixida.

PRAZO: Do 3 de outubro ao 15 de novembro de 2016.

2/9/16

Instrucións e calendario de admisión á FP Básica. Galicia. Curso 2016/17

1. O documento de consentimento de incorporación á formación profesional básica, a que se fai referencia no artigo 11, punto 1.d),  da Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas, deberá ser entregado no centro educativo ata o 9 de setembro de 2016. De non entregaren este documento neste prazo, entenderase que os/as titulares da patria potestade ou representantes legais do alumnado non dan o consentimento de incorporación á formación profesional básica.
 2. O prazo de presentación da solicitude de admisión e matrícula será ata as 13 horas do día 12 de setembro.
 3. Os centros educativos farán pública a listaxe do alumnado admitido e non admitido en cada ciclo formativo o día 13 de setembro.
 4. Contra esta listaxe, as persoas solicitantes poderán presentar ante a dirección dos centros públicos ou ante quen exerza a titularidade dos centros privados a correspondente reclamación, no prazo de dous días hábiles desde a publicación da listaxe.
 5. O alumnado que sexa admitido no ciclo solicitado deberá formalizar a súa matrícula desde o día 13 ata o día 20 de setembro.
 6. A dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados concertados remitirán á correspondente xefatura territorial a documentación a que se fai referencia no artigo 14.4, no prazo de dous días hábiles desde a publicación da listaxe do alumnado admitido e non admitido.
 7. O alumnado repetidor de primeiro curso ou que teña promoción a segundo presentará a solicitude de admisión e matrícula no mesmo centro en que estivese matriculado no curso previo. O prazo para a presentación desta solicitude e o prazo para formalizar a matrícula son os referidos con anterioridade.

1/9/16

Os programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento. Instrucións para o curso 2016/17 Galicia

Condicións de acceso
Ter dificultades relevantes de aprendizaxe, ter sido obxecto doutras medidas de atención á diversidade, sen que estas resultasen suficientes para a recuperación das dificultades de aprendizaxe detectadas, existir expectativass razoables de que coa incorporación ao programa poderán cursar o cuarto curso pola vía ordinaria.

a) Incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento de dous anos
- Alumnado que teña cursado por primeira vez o primeiro curso da ESO, tendo repetido en Primaria, ou que cursou por segunda vez o primeiro curso nda ESO e non está en condicións de promocionar ao segundo curso da ESO; poderá incorporarse ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo dos cursos segundo e terceiro.
b) Incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento dun ano
- Alumnado que teña cursado por primeira vez o segundo curso da ESO e non está en condicións de promocionar ao terceiro curso da ESO, tendo repetido en Primaria e/ou en primeiro curso da ESO; poderá incorporarse ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo do terceiro curso.
- Alumnado que teña cursado por segunda vez o segundo curso da ESO, e non está en condicións de promocionar ao terceiro curso da ESO, poderá incorporarse ao rograma de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo do terceiro curso.
- Con carácter excepcional, alumnado que teña cursado por primeira vez o terceiro curso da ESO e non está en condicións de promocionar ao cuarto curso da ESO, sen ter repetido ou tendo repetido unha vez na etapa, poderrá incorporarse ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo do terceiro curso.

Procedemento de incorporación 
- Realizada a avaliación extraordinaria, o equipo docente realizará unha proposta razoada do alumnado que se concretará nun informe individualizado, elaborado pola persoa titora, en que constará a competencia curricular do alumno ou alumna en cada materia, as dificultades de aprendizaxe presentadas, as medidas de atención á diversidade aplicadas e os motivos polos que o equipo docente considera a conveniencia de que o alumno ou alumna se integre nun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento. Este infome trasladarase á xefatura do departamento de Orientación.
- A persoa que exerza a xefatura do departamento de Orientación realizará unha avaliación psicopedagóxica a cada un dos alumnos e das alumnas propostos/as polo equipo docente. No informe correspondente a esa avaliación deben constar, entre outros aspectos, as conclusións das reunións co profesorado titor e, se se trata de alumnaddo menor de idade, cos pais, as nais ou titores/as legais de cada alumno e alumna para lles formular a conveniencia da súa incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento.
Deixarase constancia escrita da opinión dos pais, as nais ou titores/ass legais respecto da proposta formulada.
- Posteriormente, unha comisión formada polo xefe/a de estudos, que exerce a súa presidencia, a persoa que exerza a xefatura do departamento de Orientación e o/a titor/a do alumno ou da alumna valorará os informes emitidos e a opinión, de ser o caso, do pai, a nai ou os/as titores/as legais, realizando unha proposta ao/á director/a sobre a incorporación do alumnado ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento.
- Compete ao director ou á directora do centro docente e elevar a proposta de autorización sobre a incorporación do alumnado ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento ao serizo provincial de Inspección Educativa. Á solicitude achegaráselle a relación de alumnado proposto e a relación de profesorado que vai impartir cada un dos ámbitos do programa.
- O servizo provincial da Inspección Educativa emitirá a autorización expresa para o desenvolvemento dos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento que cumpran os requisitos establecidos, e que será comunicada aos centros docentes antes do comezo do curso.
- Para a impartición dos ámbitos destes programas conformaranse grupos que non superarán o número de dez alumnos/as e non serán, con carácter xeral, menos de cinco.

Currículum
Incluirá os seguintes ámbitos:
-Ámbito lingüístico e social, que abrangue as materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Xeografía e Historia do segundo curso e do terceiro curso. 9 horas
-Ámbito científico e matemático, que abrangue as materias de Matemáticas e Física e Química do segundo curso e Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas, Bioloxía e Xeoloxia, e Física e Química do terceiro curso. 8 horas
- Ámbito de linguas estranxeiras, que abrangue os aspectos básicos do curriculo correspondente á materria de Primeira Lingua Extranxeira. 3 horas.
- Os alumnos e as alumnas que sigan un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento terán un grupo ordinario de referencia co que cursarán as materias non pertencentes aos ámbitos.

Avaliación e promoción
- A avaliación do alumnado nos ámbitos terá como referente fundamental as competencias e os obxectivos da ESO, así como os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables. Esta avaliación será continua e diferenciada, segundo os ámbitos do programa e as materias.
- O alumnado do PMAR será avaliado polo profesorado que imparte cada un dos ámbitos e materias, baixo a coordinación do profesorado titor do programa e do profesorado titor do grupo de referencia. As cualificacións dos ámbitos realizaranse nos mesmos termos que as materias.
- O alumnado que acceda  a un PMAR con materias pendentes de cursos anteriores realizará as actividades de reforzo e de apoio que lle pemitan recuperalas ao longo do desenvolvemento do programa, e a avaliación será competencia do profesorado que o imparta, coa colaboración dos departamentos implicados.
- O alumnado promocionará ao cuarto curso se supera todos os ámbitos e materias que integran o programa. Non obstante, poderá promocionar o alumnado que, tendo superados os ámbitos lingüístico e social e científico e matemático, teña avaliación negativa nunha ou dúas materias e, de maneira excepcional en tres, sempe que o equipo docente considere que o alumno ou alumna pode seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución educativa. Para estes efectos, o ámbito de linguas estranxeiras terá a consideración dunha materia.
- O alumnado poderá permanecer un ano máis no segundo curso do programa, sempre que o equipo docente considere esta medida como a máis adecuada para cursar cuarto curso da educación secundaria obrigatoria pola vía ordinaria, e obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
-  Para a recuperación das aprendizaxes non adquiridas, o alumnado que promocione a cuarto curso con materias ou co ámbito de linguas estranxeiras do PMAR pendentes, deberá seguir un programa de reforzo adaptado ás súas características e necesidades.

Referente lexislativo

19/8/16

Instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP para o curso 2016-17


Publicouse a Resolución do 4 de agosto de 2016 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP para o curso 2016-17 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Desenvolve os seguintes puntos:
  • Renuncia, anulación ou baixa de oficio de matrícula.
  • Perda do dereito á avaliación continua.
  • Validacións de módulos profesionais.
  • Solicitude de convocatoria extraordinaria.
  • Horario do ciclo formativo.
  • Horario do profesorado.
  • Titoría.
  • Proposta de títulos.
  • Módulo de segunda lingua estranxeira.
  • Módulo de proxecto integrado.
  • Módulo profesional de proxecto.
  • Módulo de FCT en FP Básica.
  • Alumnado repetidor de FP Básica.
  • Título de Graduado en ESO para os que obteñan o título de FP Básica.
  • Matrícula de honra en ciclos.
  • Requisitos das persoas solicitantes de probas libres de títulos de profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Materiais en formación profesional a distancia.
  • Actas de avaliación en centros non dependentes da Consellería de Educación.
  • Prazas vacantes do réxime ordinario ocupadas polo alumnado en réxime de adultos.
  • Realización do módulo de Formación en centros de traballo en títulos extinguidos.
  • ANEXO: Distribución por curso dos módulos que constitúen os ciclos de formación profesional, duración anual e distribución horaria semanal en períodos lectivos.

16/8/16

Becas do MEC 2016/17 para estudos postobrigatorios non universitarios e universitarios

O Ministerio de Educación ven de convocar becas de carácter xeral para o curso académico 2016/2017 para estudantes que cursan estudos postobrigatorios tanto universitarios como non universitarios.

Prazo de solicitude:
Estudos universitarios: 16 de agosto a 17 de outubro
Estudos non universitarios: 16 de agosto a 3 de outubro

9/8/16

Axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Curso 2016/2017

O Ministerio de Educación publicou a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2016/2017.
O prazo de solicitude remata o 29 de setembro de 2016.

27/7/16

Convocatoria premios extraordinarios ESO 2016 en Galicia

A Consellería de Educación publicou a Orde de 7 de xullo de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2015/2016.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días contados a partir do día seguinte á publicación da orde no DOG (27 de xullo de 2016).

Accede á información facendo clic na imaxe


7/7/16

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas 2016 en Galicia

Publicouse a resolución de 20 de xuño de 2016 pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2016/17.
O prazo de inscrición remata o 21 de xullo.
A proba de madureza terá lugar no IES As Fontiñas de Santiago o día 2 de setembro.
A proba específica terá lugar en distintos lugares e distintas datas de setembro segundo a especialidade.

23/6/16

Instruccións do proceso de admisión a ciclos formativos 2016-17 Galicia


Actualizada toda a información referida ao proceso de admisión a ciclos formativos de FP para o curso 2016-2017. Para acceder á información, fai clic na seguinte ligazón, onde atoparás ademáis a oferta de FP para ese curso:

Información xeral admisión

O prazo de presentación de solicitudes é:
Período ordinario: do 27 de xuño ao 5 de xullo
Período extraordinario: do 5 ao 8 de setembro

15/6/16

Calendario escolar en Galicia para o curso 2016-17

Publicouse a Orde de 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2016/17 nos centros sostidos con fondos públicos.


INICIO E REMATE DO CURSO:
  • No 2ª ciclo de Educación Infantil, Educación Especial e Educación Primaria: Do 12 de setembro ao 23 de xuño.
  • En Educación Secundaria e Formación Profesional: Do 15 de setembro ao 23 de xuño. 
  • En Ensinanzas de Réxime Especial: Do 15 de setembro ao 30 de xuño.
VACACIÓNS:
  • Nadal: 22 de decembro de 2016 ao 6 de xaneiro de 2017.
  • Entroido: días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017. 
  • Semana Santa: 10 ao 17 de abril de 2017.
DÍAS NON LECTIVOS: 
  • Día do Ensino: 31 de Outubro de 2016. 
  • Festivos locais ou de ámbito estatal. 

14/6/16

Buscador de Graos, Ciclos de FP e Ensinanzas artísticas

En gradomania.com atoparás a información máis completa sobre Graos Universitarios, Ciclos de Formación Profesional e Ensinanzas Artísticas. Accede á web facendo clic na imaxe.



2/6/16

Guía Orientapas de Estudos Superiores 2016

Esta guía, que ten a súa orixe na Comunidade Orientapas, inclúe enlaces e información útil sobre estudos superiores (Graos Universitarios, Ciclos Formativos de Grao Superior, Ensinanzas de Réxime Especial). De utilidade para alumnas e alumnos de Secundaria e Bacharelato de toda España e as súas familias. A información está actualizada a 31 de maio de 2016.


27/5/16

Que é o bullying?

Os alumnos de 2º ESO do IES FIN DO CAMIÑO de Fisterra son autores deste video no que se explica que é o bullying.

Aspectos básicos da LOMCE para o alumnado de 4º ESO

Comparto a presentación elaborada pola compañeira orientadora Lourdes Otero Rodríguez na que se expoñen aspectos básicos da LOMCE de interese para o alumnado de 4º ESO que quere facer Bacharelato.

A formación profesional. Información

Comparto aquí a presentación sobre a Formación Profesional elaborada pola compañeira orientadora Lourdes Otero Rodríguez.

24/5/16

Recompilación de exames de selectividade resoltos de todas as CC.AA.

Aquí tes unha boa colección de exames de selectividade de anos pasados e de distintas Comunidades Autónomas. Bótalles un ollo. Fai clic na imaxe para acceder a eles.


Fonte: Orientatierra

Sesión de orientación académica 4ºESO 2016. Mónica Diz Besada

Comparto aquí la excelente presentación de orientación académica para o alumnado de 4º ESO elaborada pola orientadora Mónica Diz Besada. 

22/5/16

Caderno informativo sobre a FP Básica 2016 en Galicia

Caderno elaborado pola compañeira orientadora Mónica Diz Besada no que se inclúe información sobre a Formación Profesional Básica en Galicia. Moi completo e útil.

Aspectos básicos da LOMCE para o alumnado de 3º ESO. Lourdes Otero Rodríguez

Comparto aquí a presentación da compañeira orientadora Lourdes Otero Rodríguez, do IES Neira Vilas, onde resume os principais aspectos que debe saber sobre a LOMCE o alumnado de 3º ESO.

3/5/16

Protocolo identidade de xénero

A Xunta de Galicia presenta o protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a libertade de identidade de xénero co fin de avanzar na atención á diversidade do alumnado galego.

Accede facendo clic na imaxe



29/4/16

Protocolo alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Web da Junta de Andalucía co protocolo a seguir nos casos de alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Fai clic na imaxe para acceder á web


5/4/16

Plan de convivencia. Orientacións

Achéganse orientacións da Xunta de Galicia para a elaboración do Plan de Convivencia

Accede ao documento facendo clic na imaxe


29/3/16

Galicia: Axudas para a formación en linguas estranxeiras do alumnado de ESO e Bacharelato 2016

A Consellería de Educación ven de publicar a Orde de 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras destinadas ao alumnado de centros docentes sostidos con fondos públicos.

PRAZAS CONVOCADAS: 682

PRAZO SOLICITUDE: 29 de marzo ao 28 de abril

REQUISITOS: 
  • Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º ESO ou 1º, 2º de Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral durante o curso 2015/16 na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter superado todas as áreas ou materias no curso 2014/15.
  • Nota mínima na área de lingua inglesa de ben ou 6 no 2014/15.
  • Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso.
  • Ter DNI (excepto menores de 14 anos) ou NIE en vigor, segundo corresponda.
Accede á información facendo clic na imaxe


21/3/16

Guía de atención á discapacidade na Universidade 2016

Guía con información de interese sobre os servizos de apoio a persoas con discapacidade de 76 universidades españolas.

Accede facendo clic na imaxe


9/3/16

O Bacharelato segundo a LOMCE (Galicia)

A orientadora Mónica Diz Besada ofrece no seu blog Mónica Diz Orienta unha excelente síntese de cómo queda o Bacharelato coa LOMCE en Galicia.

Podes acceder á información na correspondente entrada do blog facendo clic na imaxe


8/3/16

A ESO segundo a LOMCE (Galicia)

A orientadora Mónica Diz Besada ofrece no seu blog Mónica Diz Orienta unha excelente síntese de cómo queda a ESO coa LOMCE en Galicia.

Podes acceder á información na correspondente entrada do blog facendo clic na imaxe.


Información selectividade 2016

Nesta entrada Educaweb ofrece toda a información necesaria sobre a selectividade en España: parámetros de ponderación, notas de corte, datas de exames, modelos, consellos para superar a PAU, etc. 
Accede facendo clic na imaxe


1/3/16

Notas de corte 2015

"El país" ofrece na súa web esta aplicación para buscar notas de corte do 2015 de todas as universidades públicas españolas.

Accede facendo clic na imaxe


29/2/16

Probas específicas para o acceso a INEF na Universidade da Coruña 2016-2017

Convocáronse as probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, na Universidade da Coruña, para o curso 2016-2017.

DATAS DAS PROBAS
23 de abril de 2016
20 de xuño de2016
6 de setembro de 2016 (no caso de non cubrirse as prazas nas convocatorias anteriores)

PRAZO MATRÍCULA
Para a convocatoria de abril: Ata o 9 de abril
Para a convocatoria de xuño: Ata o 6 de xuño

Para máis información, fai clic na imaxe


24/2/16

Vídeos sobre os graos universitarios

No blog Orientaguía atopamos unha excelente compilación de enlaces, documentos e videos que te axudarán a entender diversos graos universitarios.

Accede facendo clic na imaxe


23/2/16

Guía para traballar a diversidade afectivo-sexual e de xénero

O grupo LGTBIQ do sindicato Steilas é o autor desta guía que pretende ser un punto de partida para a transformación da situación que se vive nos centros e está dirixida a toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, persoal non docente e familias.

Accede á publicación facendo clic na imaxe



5/2/16

Galicia: Probas de acceso a ciclos formativos de FP. Convocatoria 2016

Publicouse a Orde de 2 de febreiro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2016.

1. Acceso a grao medio
-Inscrición: 4-15 de abril
-Proba: 25 de maio

2. Acceso a grao superior
-Inscrición: 15-26 de febreiro
-Proba: 20 de abril



Información xeral das probas de acceso a grao medio
Información xeral das probas de acceso a grao superior
Novidades desta convocatoria:
As persoas que posúan un título de técnico de formación profesional ou o título de bacharelato unificado e polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos.

Máis información na web da Consellería de Educación e neste blog nas entradas As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e As probas de acceso aos ciclos de grao superior

30/1/16

#sinpeligrosenlaRED

Dende o equipo de Tuitorientadoras y Tuitorientadores de Guardia compartimos no mes de xaneiro tuits, infografías e recursos educativos abertos co hashtag en Twitter #sinpeligrosenlaRED. A iniciativa foi coordinada pola orientadora Mónica Diz e dou como resultado unha recompilación con Storify que ofrecemos aquí.



28/1/16

Galicia: Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017


De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición.
Accede á información facendo clic aquí

27/1/16

Grooming: ciberacoso sexual a nenos e nenas e adolescentes e a súa prevención

Vídeo de Pantallas amigas que describe cómo se produce o "grooming" (ciberacoso sexual a nenos e nenas e adolescentes) en Internet e aporta algunhas recomendacións para a prevención.

24/1/16

Vídeos sobre Formación Profesional

No blog da orientadora Mónica Diz Besada atopamos unha interesante recompilación de vídeos sobre as distintas familias da Formación Profesional.
Accede facendo clic aquí

17/1/16

Web do Ministerio de Defensa: opcións nas Forzas Armadas

Web do Ministerio de Defensa con información sobre as opcións para ingreso nas Forzas Armadas.

Accede facendo clic na imaxe

http://reclutamiento.defensa.gob.es/

Eliximos o noso futuro: vídeos sobre estudos e profesións


Canal de YouTube do Proxecto Orienta Galicia cunha lista de reproducción de màis de cen vídeos sobre estudos e profesións. 

Accede facendo clic na imaxe

https://www.youtube.com/playlist?list=PLIodBwAtUXNQYkW9EfHSesihdxHSTiS40

Guías para protexer a privacidade dos menores en Internet: adolescentes e familias

A Agencia Española de Protección de Datos publicou dúas guías para concienciar a menores de entre 10 e 14 anos e aos seus pais e nais e profesorado sobre a importancia de protexer a privacidade na rede. Accede facendo clic nas respectivas imaxes.

Guía para menores: "No te enredes en internet"

http://www.tudecideseninternet.es/agpd1/images/guias/guia-menor.compressed.pdf


Guía para pais e nais e profesorado: "Guíales en internet"

http://www.tudecideseninternet.es/agpd1/images/guias/guia-menor.compressed.pdf