30/11/14

O teu futuro profesional 2.0: Programa de orientación

O teu futuro profesional 2.0 é un programa de orientación académica e profesional on line dirixido a estudantes, titores e familias. Pretende facilitar o autocoñecemento e a toma de decisións sobre os diferentes itinerarios educativos e profesionais.

O programa estrutúrase en catro módulos que ofrecen actividades varias e cuestionarios que te poden axudar no proceso de toma de decisións.

A medida que vas respondendo ás distintas tarefas, os resultados quedan recollidos no teu  portafolio de orientación profesional que te permitirá elaborar unha adecuada exploración e planificacion da carreira profesional.

Para poder ejecutar o programa, precisas rexistrarte.


Accede á web facendo clic na imaxe


http://tfp20.es/principal.php

28/11/14

Guía práctica para a búsqueda de emprego

A través do excelente blog orientaguía , do orientador Claudio Castilla, accedo a esta breve guía para a búsqueda de emprego, editada pola Fundación Adecco. Trátase dun caderno eminentemente práctico que inclúe 15 exercicios. A guía compleméntase con 15 consellos publicados na web que gardan relación con eses mesmos exercicios.

Para acceder ao manual, fai clic na imaxe

guía de búsqueda de empleo


Para acceder aos consellos, fai clic nos distintos epígrafes
  1. A actitude
  2. A perseverancia
  3. A paciencia
  4. A planificación
  5. Búsqueda multicanal
  6. Redes sociais
  7. Networking
  8. O currículum, a nosa carta de presentación
  9. O reto da entrevista de traballo
  10. A linguaxe non verbal
  11. Como controlar os nervios na entrevista
  12. A formación.
  13. Convirte as túas debilidades en fortalezas

27/11/14

Guía saudable para adolescentes

Breve guía editada por Edulp Editorial (Editorial de la Universidad de la Plata, Argentina) con información e consellos para que os adolescentes disfruten dunha vida saúdable. Nela abórdanse as seguintes cuestións: que é a saúde, alimentación, actividade física, prevención de adiccións, ...

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.fundadeps.org/recursos/documentos/685/Guia%20Salud%20para%20Adolescentes.pdf

Dictame de escolarización

O coñecido pedagogo Jesús Jarque explica nesta entrada de Mundo primaria en que consiste o dictame de escolarización, cal é o seu contido, quen o elabora, que é o que asinan os pais, cales son as diferencias co informe psicopedagóxico e outras cuestións importantes. De interese para profesionais da orientación.

Accede á información facendo clic na imaxe

http://www.mundoprimaria.com/pedagogia-primaria/dictamen-de-escolarizacion.html

24/11/14

X - IGUAL: Programa de promoción da igualdade para adolescentes

X-IGUAL é un proxecto vencellado á igualdade de xénero, aos videoxogos e ao alumnado adolescente. As persoas destinatarias son o profesorado de Educación Secundaria, educadores de centros de educación non formal, o alumnado entre 12 e 17 anos e as súas familias. Por unha banda, quérense ofrecer aos docentes recursos (actividades, xogos, fichas, etc.). Por outra banda, a web quere ser un referente para as familias onde poidan consultar boas prácticas e claves para poder tratar o tema cos seus fillos e fillas.

A páxina creouse pensando nas TIC e, sobre todo, nos videoxogos como eixo transversal. Nela reflexiónase sobre o sexismo, a violencia de xénero, os medios de comunicación, a imaxe da muller, a corresponsabilidade, o papel da muller no mundo laboral e a situación da muller no mundo, empregando para elo as TIC e a análise de videoxogos actuales.

Compre destacar que o proxecto X-IGUAL gañou o segundo premio como mellor servizo nos Premios Expodidáctica á Innovación 2012.

Este programa educativo é unha iniciativa da Fundación Pere Tarrés e foi posible gracias á financiación do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio dentro do Plan Nacional de Investigación Cientítica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011 (Plan avanza).

Accede á web facendo clic na imaxe 

http://www.x-igual.org/index.php/es/


Fonte: Grazas a Orienta guía en facebook por proporcionar a referencia. A información foi extraída de educ@contic

22/11/14

Cancións sobre a violencia de xénero

Pastora Astray, orientadora no CPI de Panxón, ofrece no seu blog unha lista de reproducción de 21 cancións sobre a violencia de xénero moi útiles para traballar o 25 de novembro. Accede ás cancións facendo clic na imaxe.


https://www.youtube.com/watch?v=2iwo5ZcVh1w&list=PLHT0BJtlC94dOF-X02RFKVMQihPaefFU_&sns=tw

Orientacións e propostas para a atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Guías editadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia -dentro da colección "Orientacións e respostas educativas"- dedicadas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo:

1. Alumnado con trastornos xeneralizados do desenvolvemento: Utilizar o termo “trastornos xeneralizados do desenvolvemento” (TXD) supón a referencia a un variado grupo de trastornos de orixe neurobiolóxica que aparecen nos primeiros anos da vida e que afectan ás capacidades de relación, comunicación e imaxinación. Accede á publicación facendo clic na imaxe.

 http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/learningobject/2011/12/12/9f2ec50dd57663dd2e0ab68d98eb7398.pdf 

2. Alumnado con problemas de conducta: Enténdese que unha alumna ou un alumno presenta necesidades educativas especiais por un trastorno grave de conduta cando presenta alteracións mentais, emocionais ou do comportamento que, pola súa intensidade, frecuencia e duración, limitan o seu desenvolvemento educativo, a súa capacidade de axuste e adaptación, así como o xeito de enfrontar e resolver situacións cotiás. Considéranse trastornos de conduta, entre outros, o trastorno por déficit de atención con hiperactividade, os comportamentos negativistas desafiantes, o trastorno disocial, a violencia entre iguais e os trastornos de ansiedade. Accede á guía facendo clic na imaxe.

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/learningobject/2011/12/09/c59a3a0047a1d4db55fa1db366365379.pdf

3. Alumnado con discapacidade visual: Considérase que unha persoa presenta deficiencia na súa capacidade de visión cando ten unha perda ou disfunción nunha estrutura ou función psicolóxica, fisiolóxica ou anatómica que diminúe polo menos un terzo a súa capacidade visual para desenvolver actividades propias dunha persoa sen discapacidade, en situación análoga de idade, sexo, formación, capacitación social, familiar e localidade xeográfica. Accede á guía facendo clic na imaxe.

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/learningobject/2011/12/09/d9e927ba9b343f45085c75d9a4d43703.pdf

4. Alumnado con discapacidade motora: de forma xeral, podemos dicir que as discapacidades motoras abranguen un grupo de alteracións do aparello motor (ósos, articulacións, músculos ou sistema nervioso implicado na regulación da mobilidade), debidas a diferentes causas, en graos e formas variables e que de maneira transitoria ou permanente supoñen algunha limitación ou imposibilidade funcional para unha persoa. No ámbito educativo, polo xeral, requiren de adaptacións para acceder ao currículo ordinario. Xunto coas disfuncións propias do aparello motor, poden presentarse algúns trastornos asociados (alteracións sensoriais, trastornos neurolóxicos, dificultades na percepción, alteracións da linguaxe, dificultades cognitivas e de atención, alteracións emocionais e socioafectivas...). Fai clic na imaxe para acceder á guía.

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/learningobject/2011/12/09/3979f3f329f6f553bdd3bf13baa5e0bc.pdf

5. Alumnado con discapacidade intelectual: A consideración de discapacidade intelectual require da coexistencia de  tres criterios relacionados entre si: a existencia dun funcionamento intelectual significativamente inferior á media, a presenza de dificultades en dúas ou máis habilidades adaptativas e que se manifeste antes dos 18 anos. O funcionamento intelectual fai referencia a un nivel de intelixencia inferior ao medio. Ao falar de habilidades adaptativas, faise referencia á eficacia das persoas para adaptarse e satisfacer as esixencias do seu medio. Estas habilidades deben ser relevantes para a idade de que se trate, de tal xeito que a ausencia delas supoñan un hándicap. Con respecto ao referido á idade, o normal é que unha discapacidade intelectual significativa se detecte xa en idades temperás. En relación con isto, cómpre comentar tamén que a discapacidade intelectual pode darse soa ou xunto con outras discapacidades ou síndromes. Por último, respecto da súa orixe, cómpre dicir que esta pode ser moi diversa. Accede á guía facendo clic na imaxe.

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/learningobject/2011/12/09/eb958df5c4d7e50448fd14e1bd1a0e04.pdf

6. Alumnado con sobredotación intelectual: Enténdese que unha persoa ten sobredotación cando presenta unha capacidade intelectual moi superior á esperada para a súa idade, unha alta creatividade e un alto grao de motivación e perseveranza. Accede á guía facendo clic na imaxe.

http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/sobredotacion.pdf

7. Alumnado con trastornos da aprendizaxe: Considérase que unha alumna ou un alumno presenta dificultades específicas de aprendizaxe cando o seu rendemento en relación á adquisición e uso dunha ou varias das capacidades de comprensión e expresión oral, lectura, escritura, razoamento e cálculo matemático é significativamente discrepante co seu potencial de aprendizaxe. Accede á guía facendo clic na imaxe.

http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/trastornos_aprend.pdf

21/11/14

Campaña contra la violencia en el noviazgo

No blog Entre pasillos y aulas, do orientador Miguel Ángel Valverde Gea, atópase unha completísima entrada cun conxunto de actividades para traballar a violencia en parellas adolescentes na titoría. Dentro desa serie de actividades, chama a nosa atención un grupo de vídeos que forman parte dunha campaña contra a violencia no noivado. Trátase de diferentes spots de propaganda cívica realizados por distintas institucións e estudantes de Latinoamérica. O seu visionado resulta adecuado para rapaces e rapazas dos cursos superiores da ESO o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.









Que facer se a miña filla foi maltratada. Guía

Guía de recursos para as familias e amizades de adolescentes e mulleres novas que teñen padecido ou padecen violencia por parte das súas parellas. Atopada no xornal feminista Mujeres en Red , a súa autora é Sonia Vaccaro. Nela abórdanse os seguintes puntos:
  • Introducción (p. 5)
  • Que podo facer? (p. 13)
  • Que debo facer? (p. 19)
  • Ata onde involucrarse? (p. 27)
  • Cando intervir? (p. 29)
  • Como podo axudarlle? (p. 33)
  • Onde recorrer? (p. 39)
  • Recursos (p. 41)
  • Bibliografía de consulta (p. 46)
Recurso idóneo para falar del o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.

Accede á guía facendo clic na imaxe

http://www.mujeresenred.net/IMG/pdf/guiapadresymadres.pdf

20/11/14

"En la red tampoco me controles"

A web www.enlaredtampoco.com é unha Líña de Axuda creada por PROTÉGELES en colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. O seu obxectivo é facilitar un recurso para poder previr e intervir en situacións de VIOLENCIA DE XÉNERO E SEXISMO entre menores e que se producen A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

PROTÉGELES é o responsable do CENTRO DE SEGURIDADE EN INTERNET en España, dependente da Comisión Europea.

PROTÉGELES pon a disposición dos menores un equipo de abogados e de psicólogos para axudalos e asesoralos nos pasos a seguir de maneira profesionalizada e gratuita.

A web aborda as seguintes cuestións:
  • Introducción
  • TICS e violencia
  • Mitos
  • Sinais de alarma
  • Pautas
  • Como previr
  • Aspectos legais
Accede á web facendo clic na imaxe

http://www.enlaredtampoco.com/index.php

18/11/14

Consentimento nas relacións afectivo-sexuais: Guía didáctica

Educabarrié, a aportación da Fundación Barrié á Comunidade Educativa, recomenda traballar a Unidade Didáctica Ktorce18 -incluída nesta guía- o 25 de novembro, Día Internacional da violencia contra a muller. A autoría correspóndelle á Asociación Arela e o destinatario é o alumnado dos cursos superiores da ESO e Bacharelato. Nela abórdanse aspectos de tanta importancia como previr e sensibilizar sobre a violencia de xénero ou detectar situacións de risco de violencia física, psíquica e sexual. Máis concretamente, na unidade trátanse de identificar algunhas das complicacións existentes no acceso da adolescencia á sexualidade compartida perseguindo como obxectivos, ademáis dos mencionados, os seguintes:
  • Axudar aos e ás adolescentes a practicar distintas formas de decir "non" ás presións para ter relacións sexuais.
  • Tratar os riscos dunha relación sexual non consentida, e a influencia do alcohol e doutras substancias na vontade.
Accede á unidade facendo clic na imaxe

http://www.educabarrie.org/sites/default/files/recurso_educativo/fich_guia/arelaconsentemento__0.pdf

16/11/14

Exercicios para traballar a atención con adolescentes

Olga Rodríguez, autora do magnífico blog La carpeta de Olga, presenta dous cadernos de exercicios para traballar a atención elaborados por ela mesma. Resultan de extraordinaria utilidade para o alumnado adolescente con Trastorno por déficit de atención con/sin hiperactividade.

Fai clic nas imaxes para acceder aos cadernos

https://docs.google.com/file/d/0B4kxH9HDVZCbUzVyVlhwbmUzQnM/edit


https://docs.google.com/file/d/0B4kxH9HDVZCbTlQ5UkFpWklDX0k/edit

Fonte: Atopados no blog La Canopea

13/11/14

Guías de recursos para a coeducación

O 25 de novembro de cada ano celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Dende o ámbito educativo, temos que traballar a coeducación como un dos valores transversais ao currículo escolar, garantindo a educación en igualdade para rapaces e rapazas. Na rede existen diversos materiais para traballar esta temática. Facilito aquí dúas guías dirixidas ao profesorado editadas respectivamente pola Junta de Andalucía e o Principado de Asturias. As dúas inclúen un bo número de referencias a recursos como vídeos, películas, enlaces web, libros, revistas, artigos, etc.

Fai clic nas correspondentes imaxes para acceder a cada guía

COEDUCACIÓN. GUÍA DE RECURSOS
 
http://www.educarenigualdad.org/media/pdf/uploaded/old/Mat_177_guia_de_los_recursos.pdf


GUÍA DE RECURSOS PARA LA COEDUCACIÓN

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~14004701/images/Coeducacion/Guiarecursoscoeducacion.pdf

12/11/14

PREMIOS ORIENTAPAS DE BUENAS PRÁCTICAS EN ORIENTACIÓN EDUCATIVA Y TICS

Alberto del Mazo convoca, a través de su blog OrienTapas, los Premios OrienTapas 2014, denominados "Buenas Prácticas en Orientación Educativa y TIC".



¡¡¡ Silvina Paricio orienta ha sido seleccionado como finalista!!!, todo un honor y, sobre todo, un reconocimiento a un trabajo realizado con gran interés y ánimo de resultar de utilidad para la comunidad educativa.


Para seleccionar a los ganadores, se ha abierto al público un plazo de votación del 10 al 24 de noviembre. Puedes votar, si así lo deseas, cubriendo este formulario.   

Silvina Paricio orienta participa por la categoría "A" "Mejor blog de Orientación Educativa", donde figuran un buen número de blogs de extraordinaria calidad.

El premio carece de dotación económica, pero supone un reconocimiento al trabajo bien hecho por parte de profesionales de la orientación y, más en general, miembros de la comunidad educativa.

Los ganadores se darán a conocer el 29 de noviembre de 2014 en el blog Orientapas durante las II Jornadas Nacionales de Orientación Educativa celebradas en Madrid.

11/11/14

Recompilación de vídeos sobre a violencia de xénero

Interesante recompilación de vídeos para denunciar e actuar contra a violencia de xénero atopada na web No más violencia de género "José Antonio Burriel". Algún dos vídeos está en inglés, francés ou incluso alemán, pero contan con subtítulos en español agás un. Iste feito non é un obstáculo para o seu visionado, pois a mensaxe enténdese con claridade. Recurso moi recomendable para tratar nas titorías cos cursos superiores da ESO.

SI LOS HOMBRES FUERAN MUJERES


ESTE NO ES EL TÍPICO TUTORIAL DE MAQUILLAJE


TODOS SOMOS VÍCTIMAS EN LA VIOLENCIA DE GÉNERO


LA CAMPAÑA DE VIOLENCIA DE GÉNERO QUE ARRASA EN RUSIA


CORTOMETRAJE CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO. SECUELAS


DESENFOCADA, CORTOMETRAJE SOBRE EL MALTRATO PSICOLÓGICO


NO AGUANTO A TUS PADRES

Guía de educación sexual

Publicación editada polo concello de Elche coa intención de que sexa unha ferramenta didáctica e de consulta para a mocidade. O seu obxectivo é promover a saúde afectivo-sexual, proporcionando información sobre métodos anticonceptivos e recursos que favorezan o exercicio dunha sexualidade responsable.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://elchejuventud.es/data/descargas/guia_es_infojove-infosex.pdf

Notas de corte 2014 por CC.AA. e ramas coñecemento

Aquí tes unha web onde se poden consultar as notas de corte de todas as carreiras universitarias agrupadas por ramas de coñecemento e por comunidades autónomas.


Accede ao buscador facendo clic na imaxe


http://notasdecorte.es/

7/11/14

Persoas con Trastornos do Espectro do Autismo. Curso aberto

Excelente material editado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte que constitúe un curso sobre os Trastornos do Espectro Autista. O obxectivo xeral perseguido é proporcionar uns coñecementos básicos sobre esta problemática que permitan aos docentes e outros profesionais desenvolver unha intervención educativa adecuada a estes alumnos e alumnas no marco xeral da inclusión, xuntando ciencia, ética e empatía.

O material, de carácter eminentemente práctico, inclúe unha guía na que se especifica o procedemento a seguir para a súa correcta implementación co alumnado. Os contidos abranguen un total de 10 módulos:


O curso consta ademáis dun glosario e diversos materiais complementarios relacionados cos distintos módulos.

Podes acceder á publicación completa facendo clic na imaxe

http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/185/cd/

Non te líes con rapaces malos. Guía non sexista para rapazas

Na web Educando en Igualdad, que inclúe numerosos materiais sobre esta temática para traballar na aula, atopamos esta práctica guía. Vai dirixida ás rapazas novas que empezan as súas primeiras relacións. Á hora de previr a violencia de xénero, un importante obstáculo é a dificultade que teñen as rapazas para detectar as relacións que poden constituir un risco nese sentido. Nesta guía atópanse moitas claves para aprender cousas sobre o amor que lles axudarán a ter boas relacións cos rapaces. Así mesmo, inclúense recursos e asociacións ás que recurrir en caso de necesidade.

Accede ao recurso facendo clic na imaxe

http://www.educandoenigualdad.com/2014/02/28/no-te-lies-con-los-chicos-malos-guia-no-sexista-para-chicas/

6/11/14

Guía de becas para estudantes universitarios españoles

No portal buscar empleo publicouse unha completísima guía para que os universitarios e universitarias de toda España teñan información sobre as distintas becas estatais, rexionais e internacionais existentes para cursar estudos dese nivel.

Como ben  se indica na publicación, as becas máis coñecidas son as que proporcionan as administracións públicas, pero outros organismos tamén ofertan becas ao alumnado universitario en función do seu ámbito ou da universidade na que cursen estudos.

Podes acceder á guía premendo na imaxe

http://www.buscarempleo.es/formacion/guia-de-becas-para-estudiantes-universitarios-espanoles.html
 


Guía sobre a marihuana para familias

No blog Orienta2, dedicado á Orientación educativa en todas as etapas, atópase esta sinxela e breve guía sobre o consumo da marihuana editada por Narconon. Aínda que os seus destinatarios principais son as familias, pode tamén ser lída por mozos e mozas. 

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://espanol.narconon.org/fotos/verdades-sobre-marihuana.pdf

Recursos e materiais titoría

No Blog de Orientación del IES Hermanos Machado atopamos unha recente entrada con excelentes enlaces a recursos e materiais para a titoría tanto propios como doutros blogs e webs de orientación. Recomendamos a súa consulta.


Para acceder aos diferentes enlaces, fai clic na imaxe

http://orientacionmachado.wordpress.com/2014/10/22/recursos-y-materiales-para-la-tutoria/

5/11/14

"Mi novio me controla lo normal"

Blog de Ianire Estébanez "para chicas confundidas por el amor que quieren desconfundirse". Nel as rapazas atoparán resposta a cuestións e informacións relacionadas coa violencia de xénero como as seguintes:
  • Que é unha agresión sexual?
  • Quéreme ou non me quere?
  • Non tes que aguantalo todo
  • Quérete ... contrólate
  • Coñecer o maltrato psicolóxico
  • Maltrátame o meu mozo?
  • Guía contra a violencia sexista
  • Os celos non son amor
O blog inclúe ademáis un enlace á web da mesma autora Mi novio me controla, onde figuran  unha sección de consultas, numerosos recursos (artigos, experiencias, vídeos, publicacións...) e un apartado con webs de interese.

4/11/14

Estudar e convivir no Instituto

Material práctico e atractivo
Programa sobre cómo mellorar a convivencia nos Institutos de Educación Secundaria editado polo CEFIRE de Valencia. Consta de guía do profesorado e caderno para o alumnado. O libro para o profesorado explica en que consiste o programa e orienta a súa aplicación nos centros, propoñendo actividades e tarefas. Pola súa banda, o caderno do alumnado inclúe 3 bloques de traballo: situación do alumnado no contexto escolar, convivir e estudar e relación entre compañeiros.
                                                                             


3/11/14

Guía didáctica sobre educación en valores, cooperación, obxectivos do milenio, interculturalidade

Con esta publicación do 2010, o Consello da Xuventude de Extremadura pretende facilitar a tarefa dos responsables educativos no ámbito formal e non formal, proporcionando unha gran cantidade de ferramentas didácticas para traballar a educación en valores.
Os recursos incluidos no manual están divididos en dous apartados:

1. 40 fichas didácticas de actividades organizadas en catro temáticas:
  • Educación para o desenvolvemento.
  • Educación intercultural.
  • Educación nos obxectivos do milenio.
  • Educación en valores.
Cada unha destas fichas propón, dun xeito práctico, diferentes accións a realizar co alumnado (un xogo, unha actividade de dramatización, unha dinámica de grupo ou un video-forum).

2. Guía do educador, que contén unha breve aproximación teórica a cada materia, os obxectivos pedagóxicos que se pretenden conseguir, así como os contidos educativos e os seus correspondentes indicadores de avaliación. Nela inclúense tamén un conxunto de recursos didácticos (cancións, poemas, contos, textos para a reflexión, citas célebres e datos curiosos) como complemento ao traballo educativo que desexe poñer en práctica.

Guia Didactica Educacion Valores by Silvina Paricio Tato

1/11/14

LOMCE: Itinerario de ensinanzas

Enlace do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte onde se explican con claridade os itinerarios de ensinanza coa LOMCE, así como o calendario de implantación, os tipos de asignaturas e as avaliacións.

Para acceder á información, fai clic na imaxe

http://lomce.mecd.es/itinerarios

Fonte: Blog Cuaderno de Orientación

Guía de orientación profesional coordinada

A Fundación Bertelsmann publicou, xunto cun grupo de expertos, este manual práctico que ten como obxectivo axudar a Institutos de Educación Secundaria, con ensinanzas obrigatorias e postobrigatorias, e a Centros de Formación Profesional a deseñar e aplicar o seu propio plan de orientación profesional dual con éxito.

Con esta Guía quérense poñer as bases para desenvolver un sistema de orientación profesional coordinado e de calidade, co apoio e a colaboración de axentes educativos, empresas e outras institucións. O obxectivo é desenvolver un sistema que poña en valor as cualidades o talento e a competencia de cada alumno e presente unha visión actualizada das necesidades concretas do mercado laboral.

Para acceder á publicación, fai clic na imaxe


http://www.fundacionbertelsmann.org/fundacion/data/ESP/media/OPC_Guia_completa.pdf

Fonte: injuve.es