No blog Entre pasillos y aulas, do orientador Miguel Ángel Valverde Gea, atópase unha completísima entrada cun conxunto de actividades para traballar a violencia en parellas adolescentes na titoría. Dentro desa serie de actividades, chama a nosa atención un grupo de vídeos que forman parte dunha campaña contra a violencia no noivado. Trátase de diferentes spots de propaganda cívica realizados por distintas institucións e estudantes de Latinoamérica. O seu visionado resulta adecuado para rapaces e rapazas dos cursos superiores da ESO o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario