29/11/13

Manual docente para aplicar na aula a intelixencia emocional

 A Consellería de Educación da Generalitat Valenciana ven de editar o novedoso manual Inteligencia emocional aplicada  las dificultades de aprendizaje. Trátase dunha obra colectiva en cuxa redacción colaboraron máis de 40 profesionais e pais e nais. Está estructurada en tres partes: 1) teoría; 2) experiencias colectivas de aula; e 3) tratamento individual do alumno con problemas de aprendizaxe mediante casos prácticos reais.
Entre as diferentes problemáticas abordadas figuran as seguintes: acoso escolar, TDAH, altas capacidades, Asperger, autismo, trastornos alimentarios, da linguaxe, da comunicación e do desenvolvemento.
Libro valioso para o profesorado, ao que se invita a facer fronte á diversidade con intelixencia emocional, de maneira rigurosa e como satisfacción persoal e profesional
Fai clic na imaxe para descargar o manual
http://lavirtu.com/eniusimg/enius4/2013/11/adjuntos_fichero_695720_aecf808afcfb4629.pdf

26/11/13

Cuestionario "Romà": Estereotipos, prexuizos e discriminación.

Achegamento á cultura e á historia do pobo "Romà". Actividade para a titoría que serve para abordar a temática dos estereotipos,dos prexuizos e da discriminación dos que foi e é obxecto este colectivo. Elaborada polo educador social Eduardo Dopico Prego.

19/11/13

Xénero para as titorías

Pequeno recopilatorio de actividades sobre a temática de xénero. Para empregar nas titorías co alumnado de 3º e 4º ESO. Elaboradas polo educador social Eduardo Dopico Prego.


Razoamento ou xuizo moral

Presentamos aquí un pequeno repertorio de actividades para traballar o xuizo moral elaboradas polo educador social Eduardo Dopico Prego. Destinadas ó alumnado de 3º e 4º curso da ESO. Ideais para as titorías.


18/11/13

"X nada": curta sobre o acoso escolar

Nesta curta amósase de xeito claro e directo, a través duns alumnos de instituto, os resultados dunha educación permisiva e sobeprotectora, que produce na mocidade tanto mal como o autoritarismo.
  

16/11/13

Guías SOS sobre o ciberacoso

Un dos maiores perigos para un menor en Internet é o ciberacoso. É una tendencia que gaña forza co paso dos anos. Por este motivo, as institucións están dando pasos para previr situacións de risco entre menores. O Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación (INTECO) ven de publicar as súas guías SOS. Son de carácter monográfico, con consellos rápidos diferenciados por públicos obxectivos.  Así, hai unha guía para cada público: menores, país e educadores. Son documentos elaborados por expertos onde se ofrecen contidos e materiais para tratar de previr, detectar e atallar o ciberacoso.
 
Para acceder ás guías, fai clic nas distintas ligazóns
 
 
 
 
 

15/11/13

Materiais para a prevención da violencia de xénero.

 
 
O concello de Sevilla editou una serie de caderniños didácticos para a prevención da violencia de xénero no marco da campaña "Educar en Igualdade". Van dirixidos ao profesorado, ao alumnado e ás familias. Nivel: Educación Secundaria.
 

 
 
 

Alteracións do comportamento en contextos educativos

A Consellería de Educación do Principado de Asturias publicou, en xuño de 2011, un conxunto de guías onde se ilustra como se pode intervir nas alteracións do comportamento dende a escola e a familia.
 
A publicación consta de 6 libros e un CD e os destinatarios son o alumnado de Educación Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria.

Para acceder á información, fai clic nas distintas ligazóns


Contidos:
 
Libro1: Bases teóricas das alteracións do comportamento. Comportamento e alteracións. Modelos explicativos dende o ámbito escolar. Factores de risco.
 
Caderno 2: Intervención educativa. Medidas de Centro e de Aula. Orientacións didácticas para a docencia. Incidentes e pautas de centro e familia.
 
Caderno 3: Proceso de intervención do Equipo Específico de Alteracións do Comportamento. Protocolos, demandas, avaliación, medidas e seguimento. Enderezos e contactos.
 
Caderno 4: Intervención familiar. Indicadores de avaliación. Interacción país e fillos. Pautas e normas. Esferas de intervención. Anexo con cuestionarios.
 
Caderno 5: Programa "Trampolín" e Programa "Ponte". Alumnado destinatario, recursos e metodoloxía. Áreas de intervención. Actividades.
 
Caderno 6: Técnicas e estratexias de intervención. Fichas descritivas de técnicas e actividades. Intervención ante a falta de control e impulsividade, atención e memoria de traballo, frustración e recoñecemento, habilidades sociais, modificación de conduta e resolución de conflictos, e descriptores das dinámicas de grupo (características, utilidade e limitacións).
 
Fonte: Educastur
 

11/11/13

Programa "Ibercaja Orienta"

Ibercaja Orienta é un servizo online creado para axudar á xente nova, familias e educadores na toma de decisións sobre os estudos e profesións máis axeitadas para cada persoa en cada situación. A web estructúrase en tres zonas: zona familias, zona estudantes e zona educadores.

 Para acceder á web, fai clic na imaxe
https://orienta.cepymearagon.es/ZonaJ%C3%B3venes.aspx


4/11/13

Guía para o profesorado con alumnado de altas capacidades na ESO

Un equipo especializado en atención ao alumnado con altas capacidades da Consejería de Educación da Generalitat Valenciana ten publicado este completo manual. Nel abórdanse os seguintes aspectos:

1. Modelos teóricos explicativos da sobredotación
2. Procedementos e estratexias de identificación
3. A nosa perspectiva teórica e procedemento de identificación
4. Técnicas empregadas para a identificación
5. Técnicas de avaliación psicopedagóxica

 

Adolescentes e redes sociais: Interesante video para profesorado e alumnado



Adolescentes y Redes Sociales from Roberto Monseco Montes on Vimeo.

1/11/13

"Español para ti"

http://familiaycole.files.wordpress.com/2012/10/espac3b1ol-para-extranjeros.pdf





Material editado pola Junta de Andalucía para traballar o español co alumnado estranxeiro. Para descargar e imprimir.

Accede ó material premendo na imaxe