18/6/15

Calendario escolar en Galicia para o curso 2015/2016

Publicouse a Orde de 8 de xuño pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2015-16 nos centros sostidos con fondos públicos.



INICIO E REMATE DO CURSO:
  • No 2ª ciclo de Educación Infantil, Educación Especial e Educación Primaria: Do 10 de setembro ao 22 de xuño.
  • En Educación Secundaria e Formación Profesional: Do 15 de setembro ao 22 de xuño. 
  • En Ensinanzas de Réxime Especial: Do 15 de setembro ao 30 de xuño.
VACACIÓNS:
  • Nadal: 21 de decembro de 2015 ao 6 de xaneiro de 2016.
  • Entroido: días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016. 
  • Semana Santa: 21 ao 28 de marzo de 2016.
DÍAS NON LECTIVOS: 
  • Día do Ensino: 30 de Outubro de 2015. 
  • Festivos locais ou de ámbito estatal. 

15/6/15

Instruccións do proceso de admisión a ciclos formativos 2015-16 Galicia

Actualizada toda a información relativa ao proceso de admisión a ciclos formativos para o curso 2015-2016.




Para acceder ás informacións, fai clic nas distintas ligazóns
(Normativa reguladora, instruccións xerais, calendario de admisión)
- Admisión grao superior

Prazo de admisión de solicitudes:
- Do 17 de xuño ao 2 de xullo de 2015 en período ordinario para quen cumpra os requisitos en xuño.
- Do 1 ao 11 de setembro de 2015 en período extraordinario.
 

12/6/15

Dictame de escolarización

O pedagogo Jesús Jarque explica nun clarificador artigo publicado en Mundo Primaria en que consiste o dictame de escolarización e quen debe elaboralo.

Accede ao artigo facendo clic na imaxe

http://www.mundoprimaria.com/pedagogia-primaria/dictamen-de-escolarizacion.html


5/6/15

Axudas para libros de texto de 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de ESO


A Consellería de Educación convoca axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, en 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2015/16. 

Requisitos:
Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado.
Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes:
a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: ata o 1 de xullo de 2015
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED330B
Máis información no DOG do 1 de xuño de 2015 e en http://www.edu.xunta.es/web/node/14932

1/6/15

Novo portal web LOMCE creado polo MECD

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ven de crear un novo portal web adicado á LOMCE co obxectivo de achegar á cidadanía esta lei educativa. Inclúe o desenvolvemento da normativa nas distintas comunidades autónomas.

Podes acceder ao portal facendo clic na imaxe

http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/mc/lomce/inicio.html