20/8/18

Convocadas becas xerais do MEC para estudos postobrigatorios 2018/19


Publicada o 16 de agosto de 2018 a convocatoria de becas xerais para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (universitarios e non universitarios)
Accede ao portal do MEC con toda a información facendo clic aquí

17/8/18

Convocadas axudas do MEC para o curso 2018/19 para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

O MEC ven de publicar a convocatoria de axudas para o curso 2018/19 para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Accede á información na web do MEC facendo clic na imaxe
O prazo de solicitude remata o 27 de setembro

12/6/18

Calendario escolar en Galicia para o curso 2018/19

Publicouse a Orde de 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros sostidos con fondos públicos en Galicia.




INICIO E REMATE DO CURSO:

  • No 2º ciclo de Ed. Infantil, Ed. Especial e Ed. Primaria: Do 12 de setembro ao 21 de xuño, ambos incluidos.
  • Na Ed. Secundaria e Formación Profesional: Do 17 de setembro ao 21 de xuño, ambos incluidos.
  • Nas Ensinanzas de Réxime Especial: Do 17 de setembro ao 28 de xuño.
VACACIÓNS:
  • Nadal: Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro
  • Entroido: 4, 5 e 6 de marzo
  • Semana Santa: Do 13 ao 22 de abril
DÍAS NON LECTIVOS:
  • Día do ensino: 7 de decembro de 2018
  • Festivos locais, da Comunidade ou de ámbito estatal
  • Un día ou dous días non lectivos propios do centro no caso de que os festivos locais non coincidan con días de clase.
PROBAS FINAIS E PROBAS EXTRAORDINARIAS:
  • ESO: O alumnado da ESO con materias pendentes de cursos anteriores será convocado, de ser o caso, a unha proba final durante o mes de maio de 2019.
  • Bacharelato: Antes do 21 de xuño. O alumnado de 2º de Bacharelato con materias pendentes de cursos anteriores será convocado, de ser o caso, a unha proba final que se adecuará as datas previstas para a ABAU. A convocatoria extraordinaria destas probas deberá realizarse antes do 21 de xuño de 2019. As probas finais da convocatoria extraordinaria de 2º de Bacharelato realizaranse entre o 17 e o 21 de xuño de 2019.

16/4/18

Protocolo para a atención educativa do alumnado coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Protocolo elaborado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia con pautas para a atención do alumnado con Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. Accede facendo clic na imaxe.


10/4/18

Guía da ABAU e do acceso á Universidade 2018

No blog da orientadora Mónica Diz atopamos esta entrada con información actualizada sobre a ABAU e o acceso á Universidade en Galicia. Fai clic na imaxe para acceder.

7/2/18

Probas de acceso a ciclos formativos. Convocatoria 2018




Prazos de inscripción e datas de realización

Probas de acceso a ciclos de grao medio:
Inscripción: Do 12 ao 23 de marzo de 2018
Data de realización: 31 de maio de 2018

Probas de acceso a ciclos de grao superior:
Inscripción: Do 8 ao 23 de febreiro de 2018
Data de realización: 19 de abril de 2018

Calendario con todas as datas


Requisitos grao medio:
Ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba
Non cumprir os requisitos académicos de acceso directo aos ciclos formativos de grao medio

Lugar de matrícula:
a) calquera centro que teña ciclos de formación profesional
b) As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal  e na web http://www.edu.xunta.es/fp
c)  As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

Requisitos grao superior:
Ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba
Non cumprir os requisitos académicos de acceso directo aos ciclos formativos de grao superior

Lugar de matrícula:
a) calquera centro que teña ciclos de formación profesional
b) As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal  e na web http://www.edu.xunta.es/fp
c)  As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.


Modelos de solicitude de inscrición:
Grao superior 

Ciclos medios. Estrutura da proba
Divídese en tres partes:
a) Sociolingüística: Lingua Galega, Lingua Castelá e Ciencias Sociais
b) Matemática: Matemáticas
c) Científico-Tecnolóxica: Ciencias da Natureza e Tecnoloxía

Horario exame día 31 de maio:
Ás 9:00 horas: presentación
De 10:00 a 13:00 horas: parte matemática e sociolingüística
De 16:00 a 18.00 horas: parte científico-tecnolóxica

Ciclos superiores. Estrutura da proba
a) Parte común: Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas
b) Parte específica: 3 opcións, A, B e C en función do ciclo formativo ao que se desexa acceder. En cada opción escoller dúas materias.
-Opción A: Economía da empresa, Lingua Estranxeira e Filosofía
-Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física
-Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía

Horario exame 19 de abril:
Ás 9:00 horas: presentación
De 10 a 13:30 horas: parte común
De 16 a 18:30: parte específica



Modelos de exames:

Probas de acceso a grao medio
Probas de acceso a grao superior

Acceso á nota informativa grao medio
Acceso á nota informativa grao superior

Enlace coa web da Consellería

2/2/18

Guía para a detección do maltrato infantil


Guía que permite identificar posibles situacións de malos tratos e notificalas ós servizos de familia, infancia e menores das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, co obxecto de iniciar o proceso que permita verificar a existencia ou non de maltrato e, se é o caso, emprender as accións necesarias para protexer axeitadamente ós menores implicados. 

Accede facendo clic na imaxe


30/1/18

Galicia. Probas libres para a obtenciòn do título da ESO. Convocatoria 2018

Para maiores de 18 anos.

Datas de matrícula:
Convocatoria de xuño: 12 a 23 de marzo de 2018
Data proba: 25 de maio
Convocatoria de setembro: 2 a 9 de xullo de 2018
Data proba: 7 de setembro

Fai clic na imaxe para máis información



Información xeral sobre estas probas

Accede aos exames de cursos anteriores