7/2/18

Probas de acceso a ciclos formativos. Convocatoria 2018




Prazos de inscripción e datas de realización

Probas de acceso a ciclos de grao medio:
Inscripción: Do 12 ao 23 de marzo de 2018
Data de realización: 31 de maio de 2018

Probas de acceso a ciclos de grao superior:
Inscripción: Do 8 ao 23 de febreiro de 2018
Data de realización: 19 de abril de 2018

Calendario con todas as datas


Requisitos grao medio:
Ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba
Non cumprir os requisitos académicos de acceso directo aos ciclos formativos de grao medio

Lugar de matrícula:
a) calquera centro que teña ciclos de formación profesional
b) As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal  e na web http://www.edu.xunta.es/fp
c)  As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

Requisitos grao superior:
Ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba
Non cumprir os requisitos académicos de acceso directo aos ciclos formativos de grao superior

Lugar de matrícula:
a) calquera centro que teña ciclos de formación profesional
b) As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal  e na web http://www.edu.xunta.es/fp
c)  As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.


Modelos de solicitude de inscrición:
Grao superior 

Ciclos medios. Estrutura da proba
Divídese en tres partes:
a) Sociolingüística: Lingua Galega, Lingua Castelá e Ciencias Sociais
b) Matemática: Matemáticas
c) Científico-Tecnolóxica: Ciencias da Natureza e Tecnoloxía

Horario exame día 31 de maio:
Ás 9:00 horas: presentación
De 10:00 a 13:00 horas: parte matemática e sociolingüística
De 16:00 a 18.00 horas: parte científico-tecnolóxica

Ciclos superiores. Estrutura da proba
a) Parte común: Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas
b) Parte específica: 3 opcións, A, B e C en función do ciclo formativo ao que se desexa acceder. En cada opción escoller dúas materias.
-Opción A: Economía da empresa, Lingua Estranxeira e Filosofía
-Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física
-Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía

Horario exame 19 de abril:
Ás 9:00 horas: presentación
De 10 a 13:30 horas: parte común
De 16 a 18:30: parte específica



Modelos de exames:

Probas de acceso a grao medio
Probas de acceso a grao superior

Acceso á nota informativa grao medio
Acceso á nota informativa grao superior

Enlace coa web da Consellería

No hay comentarios:

Publicar un comentario