30/9/15

A elaboración de normas de clase: Actividades

Do blog da compañeira orientadora Mónica Diz Besada, comparto esta excelente compilación de recursos para elaborar as normas de aula. Material moi útil para o profesotado-titor no inicio do curso.

http://monicadizorienta.blogspot.com.es/2015/09/actividades-para-la-elaboracion-de-las.html

29/9/15

Rexistros para todos os cursos e distintas materias que poden axudarnos na avaliación inicial

No blog aulapt.org atoparás unha serie de rexistros para distintos cursos de primaria e secundaria nas materias de Inglés, Matemáticas, Lingua Castelá, Ciencias Sociais e Ciencias Naturais. De utilidade para as avaliacións iniciais. Tes, ademáis, entre outra documentación interesante, diversos modelos de ACI que se axustan á LOMCE  en Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e Lingua Castelá.


http://www.aulapt.org/2015/09/01/registros-para-todos-los-cursos-que-pueden-ayudarnos-para-las-evaluaciones-iniciales/

Crenzas e mitos sobre o alcohol: enquisa

Facendo clic na imaxe accederás a unha enquisa na que terás que responder a diversas preguntas relativas ao consumo do alchohol. 

http://orientarcos.blogspot.com.es/2015/05/cargando_75.html

Fonte: orientarcos

Probas Lingua Castelá e Matemáticas para avaliar o nivel de competencia curricular: todas as etapas

Probas para avaliar o nivel de competencia curricular en Lingua Castelá e Matemáticas nas etapas de infantil, primaria e secundaria. 

http://www.ambezar.com/pruebas_para_valorar_el_ncc.html

Fonte: Blog orientarcos

Disgrafía

Indicadores para o diagnóstico e orientacións para o tratamento da disgrafía (trastorno da escritura). A información inclúe un artigo en pdf para descargar.

http://www.orientacionandujar.es/2014/10/13/indicadores-para-el-diagnostico-y-orientaciones-de-la-disgrafia/

Recursos para a acollida do novo alumnado

O seguinte "Storify", elaborado polo orientador Alberto del Mazo, recolle todos os recursos para a acollida do novo alumnado ao inicio do curso recopilados co "hashtag" #orientaacogida en twitter. 


https://storify.com/alb_del_mazo/orientaacogida

26/9/15

Entrevista a Jurjo Torres sobre a situación da educación na actualidade

Breve entrevista a un dos grandes expertos en educación de España, Jurjo Torres, Catedrático de Universidade de Didáctica e Organización Escolar na Universidade da Coruña publicada o 24 de setembro de 2015. Por enriba do seu impresionante currículum destaca a súa enorme humanidade e o feito de ser un dos grandes activistas sociais por unha educación mellor e máis xusta. Nela aborda cuestións de grande interese sobre a educación no momento actual: a necesidade de revisar os contidos que se imparten ao alumnado, a importancia de empregar múltiples fontes de información na aula en lugar do libro de texto, o traballo por proxectos, como facer para que alumnos e alumnas se convirtan en cidadánas críticos, ... A partir do minuto 13:09 aborda a inxustiza que supón o agrupamento do alumnado en "bos" e "malos", medida que considera segregadora e contraria aos principios da convivencia democrática. Paga a pena escoitalo!!!

24/9/15

Solución aos problemas de disciplina

Neste manual editado pola Generalitat Valenciana atoparás un conxunto de ferramentas de utilidade para tratar o tema da disciplina na aula.


Fonte: La botica del orientador

Reforzo e apoio especializado: diferenzas

O pedagogo Jesús Jarque ofrece unha sinxela e clarificadora explicación das diferenzas existentes entre o reforzo educativo e o apoio especializado.

Fai clic na imaxe para acceder á información

http://www.mundoprimaria.com/pedagogia-primaria/refuerzo-educativo-y-apoyo-especializado.html

18/9/15

Guía de titoría. Cronograma de tarefas en Secundaria

Facendo clic na imaxe atoparás un calendario coa planificación das distintas tarefas da acción titorial en Educación Secundaria. 

https://dl.dropboxusercontent.com/u/118381975/G_TUTORIA/GU%C3%8DA.html

Probas avaliación inicial infantil, primaria e secundaria.

Facendo clic na imaxe accederás a unha amplia variedade de probas de avaliación inicial para infantil, primaria e secundaria. O repertorio inclúe tamén probas para o alumnado con necesidades educativas especiais e alumnado inmigrante.

http://www.orientacionandujar.es/2009/09/04/pruebas-de-evaluacion-inicial-primaria/

16/9/15

Actividades titoría todos os niveis

Facendo clic na imaxe podes acceder a unha multitude de actividades de titoría para todos os niveis, de infantil a bacharelato.

http://www.rinconmaestro.es/tutoria/actividades.html


14/9/15

Actividades titoría

Web do Departamento de Orientación do IES Bartolomé J. Gallardo adicada ás actividades de titoría. Presenta unha amplia variedade secuenciada por cursos e trimestres.

Fai clic na imaxe para acceder á web

https://orientaiesbartolome.wordpress.com/