26/9/15

Entrevista a Jurjo Torres sobre a situación da educación na actualidade

Breve entrevista a un dos grandes expertos en educación de España, Jurjo Torres, Catedrático de Universidade de Didáctica e Organización Escolar na Universidade da Coruña publicada o 24 de setembro de 2015. Por enriba do seu impresionante currículum destaca a súa enorme humanidade e o feito de ser un dos grandes activistas sociais por unha educación mellor e máis xusta. Nela aborda cuestións de grande interese sobre a educación no momento actual: a necesidade de revisar os contidos que se imparten ao alumnado, a importancia de empregar múltiples fontes de información na aula en lugar do libro de texto, o traballo por proxectos, como facer para que alumnos e alumnas se convirtan en cidadánas críticos, ... A partir do minuto 13:09 aborda a inxustiza que supón o agrupamento do alumnado en "bos" e "malos", medida que considera segregadora e contraria aos principios da convivencia democrática. Paga a pena escoitalo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario