X-IGUAL é un proxecto vencellado á igualdade de xénero, aos videoxogos e ao alumnado adolescente. As persoas destinatarias son o profesorado de Educación Secundaria, educadores de centros de educación non formal, o alumnado entre 12 e 17 anos e as súas familias. Por unha banda, quérense ofrecer aos docentes recursos (actividades, xogos, fichas, etc.). Por outra banda, a web quere ser un referente para as familias onde poidan consultar boas prácticas e claves para poder tratar o tema cos seus fillos e fillas.
A páxina creouse pensando nas TIC e, sobre todo, nos videoxogos como eixo transversal. Nela reflexiónase sobre o sexismo, a violencia de xénero, os medios de comunicación, a imaxe da muller, a corresponsabilidade, o papel da muller no mundo laboral e a situación da muller no mundo, empregando para elo as TIC e a análise de videoxogos actuales.
Compre destacar que o proxecto X-IGUAL gañou o segundo premio como mellor servizo nos Premios Expodidáctica á Innovación 2012.
Este programa educativo é unha iniciativa da Fundación Pere Tarrés e foi posible gracias á financiación do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio dentro do Plan Nacional de Investigación Cientítica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011 (Plan avanza).
Accede á web facendo clic na imaxe
Fonte: Grazas a Orienta guía en facebook por proporcionar a referencia. A información foi extraída de educ@contic
No hay comentarios:
Publicar un comentario