Educabarrié, a aportación da Fundación Barrié á Comunidade Educativa, recomenda traballar a Unidade Didáctica Ktorce18 -incluída nesta guía- o 25 de novembro, Día Internacional da violencia contra a muller. A autoría correspóndelle á Asociación Arela e o destinatario é o alumnado dos cursos superiores da ESO e Bacharelato. Nela abórdanse aspectos de tanta importancia como previr e sensibilizar sobre a violencia de xénero ou detectar situacións de risco de violencia física, psíquica e sexual. Máis concretamente, na unidade trátanse de identificar algunhas das complicacións existentes no acceso da adolescencia á sexualidade compartida perseguindo como obxectivos, ademáis dos mencionados, os seguintes:
- Axudar aos e ás adolescentes a practicar distintas formas de decir "non" ás presións para ter relacións sexuais.
- Tratar os riscos dunha relación sexual non consentida, e a influencia do alcohol e doutras substancias na vontade.
Accede á unidade facendo clic na imaxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario