3/11/14

Guía didáctica sobre educación en valores, cooperación, obxectivos do milenio, interculturalidade

Con esta publicación do 2010, o Consello da Xuventude de Extremadura pretende facilitar a tarefa dos responsables educativos no ámbito formal e non formal, proporcionando unha gran cantidade de ferramentas didácticas para traballar a educación en valores.
Os recursos incluidos no manual están divididos en dous apartados:

1. 40 fichas didácticas de actividades organizadas en catro temáticas:
  • Educación para o desenvolvemento.
  • Educación intercultural.
  • Educación nos obxectivos do milenio.
  • Educación en valores.
Cada unha destas fichas propón, dun xeito práctico, diferentes accións a realizar co alumnado (un xogo, unha actividade de dramatización, unha dinámica de grupo ou un video-forum).

2. Guía do educador, que contén unha breve aproximación teórica a cada materia, os obxectivos pedagóxicos que se pretenden conseguir, así como os contidos educativos e os seus correspondentes indicadores de avaliación. Nela inclúense tamén un conxunto de recursos didácticos (cancións, poemas, contos, textos para a reflexión, citas célebres e datos curiosos) como complemento ao traballo educativo que desexe poñer en práctica.

Guia Didactica Educacion Valores by Silvina Paricio Tato

No hay comentarios:

Publicar un comentario