1/11/14

Guía de orientación profesional coordinada

A Fundación Bertelsmann publicou, xunto cun grupo de expertos, este manual práctico que ten como obxectivo axudar a Institutos de Educación Secundaria, con ensinanzas obrigatorias e postobrigatorias, e a Centros de Formación Profesional a deseñar e aplicar o seu propio plan de orientación profesional dual con éxito.

Con esta Guía quérense poñer as bases para desenvolver un sistema de orientación profesional coordinado e de calidade, co apoio e a colaboración de axentes educativos, empresas e outras institucións. O obxectivo é desenvolver un sistema que poña en valor as cualidades o talento e a competencia de cada alumno e presente unha visión actualizada das necesidades concretas do mercado laboral.

Para acceder á publicación, fai clic na imaxe


http://www.fundacionbertelsmann.org/fundacion/data/ESP/media/OPC_Guia_completa.pdf

Fonte: injuve.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario