O 25 de novembro de cada ano celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Dende o ámbito educativo, temos que traballar a coeducación como un dos valores transversais ao currículo escolar, garantindo a educación en igualdade para rapaces e rapazas. Na rede existen diversos materiais para traballar esta temática. Facilito aquí dúas guías dirixidas ao profesorado editadas respectivamente pola Junta de Andalucía e o Principado de Asturias. As dúas inclúen un bo número de referencias a recursos como vídeos, películas, enlaces web, libros, revistas, artigos, etc.
Fai clic nas correspondentes imaxes para acceder a cada guía
COEDUCACIÓN. GUÍA DE RECURSOS
GUÍA DE RECURSOS PARA LA COEDUCACIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario