1/9/16

Os programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento. Instrucións para o curso 2016/17 Galicia

Condicións de acceso
Ter dificultades relevantes de aprendizaxe, ter sido obxecto doutras medidas de atención á diversidade, sen que estas resultasen suficientes para a recuperación das dificultades de aprendizaxe detectadas, existir expectativass razoables de que coa incorporación ao programa poderán cursar o cuarto curso pola vía ordinaria.

a) Incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento de dous anos
- Alumnado que teña cursado por primeira vez o primeiro curso da ESO, tendo repetido en Primaria, ou que cursou por segunda vez o primeiro curso nda ESO e non está en condicións de promocionar ao segundo curso da ESO; poderá incorporarse ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo dos cursos segundo e terceiro.
b) Incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento dun ano
- Alumnado que teña cursado por primeira vez o segundo curso da ESO e non está en condicións de promocionar ao terceiro curso da ESO, tendo repetido en Primaria e/ou en primeiro curso da ESO; poderá incorporarse ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo do terceiro curso.
- Alumnado que teña cursado por segunda vez o segundo curso da ESO, e non está en condicións de promocionar ao terceiro curso da ESO, poderá incorporarse ao rograma de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo do terceiro curso.
- Con carácter excepcional, alumnado que teña cursado por primeira vez o terceiro curso da ESO e non está en condicións de promocionar ao cuarto curso da ESO, sen ter repetido ou tendo repetido unha vez na etapa, poderrá incorporarse ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo do terceiro curso.

Procedemento de incorporación 
- Realizada a avaliación extraordinaria, o equipo docente realizará unha proposta razoada do alumnado que se concretará nun informe individualizado, elaborado pola persoa titora, en que constará a competencia curricular do alumno ou alumna en cada materia, as dificultades de aprendizaxe presentadas, as medidas de atención á diversidade aplicadas e os motivos polos que o equipo docente considera a conveniencia de que o alumno ou alumna se integre nun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento. Este infome trasladarase á xefatura do departamento de Orientación.
- A persoa que exerza a xefatura do departamento de Orientación realizará unha avaliación psicopedagóxica a cada un dos alumnos e das alumnas propostos/as polo equipo docente. No informe correspondente a esa avaliación deben constar, entre outros aspectos, as conclusións das reunións co profesorado titor e, se se trata de alumnaddo menor de idade, cos pais, as nais ou titores/as legais de cada alumno e alumna para lles formular a conveniencia da súa incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento.
Deixarase constancia escrita da opinión dos pais, as nais ou titores/ass legais respecto da proposta formulada.
- Posteriormente, unha comisión formada polo xefe/a de estudos, que exerce a súa presidencia, a persoa que exerza a xefatura do departamento de Orientación e o/a titor/a do alumno ou da alumna valorará os informes emitidos e a opinión, de ser o caso, do pai, a nai ou os/as titores/as legais, realizando unha proposta ao/á director/a sobre a incorporación do alumnado ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento.
- Compete ao director ou á directora do centro docente e elevar a proposta de autorización sobre a incorporación do alumnado ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento ao serizo provincial de Inspección Educativa. Á solicitude achegaráselle a relación de alumnado proposto e a relación de profesorado que vai impartir cada un dos ámbitos do programa.
- O servizo provincial da Inspección Educativa emitirá a autorización expresa para o desenvolvemento dos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento que cumpran os requisitos establecidos, e que será comunicada aos centros docentes antes do comezo do curso.
- Para a impartición dos ámbitos destes programas conformaranse grupos que non superarán o número de dez alumnos/as e non serán, con carácter xeral, menos de cinco.

Currículum
Incluirá os seguintes ámbitos:
-Ámbito lingüístico e social, que abrangue as materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Xeografía e Historia do segundo curso e do terceiro curso. 9 horas
-Ámbito científico e matemático, que abrangue as materias de Matemáticas e Física e Química do segundo curso e Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas, Bioloxía e Xeoloxia, e Física e Química do terceiro curso. 8 horas
- Ámbito de linguas estranxeiras, que abrangue os aspectos básicos do curriculo correspondente á materria de Primeira Lingua Extranxeira. 3 horas.
- Os alumnos e as alumnas que sigan un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento terán un grupo ordinario de referencia co que cursarán as materias non pertencentes aos ámbitos.

Avaliación e promoción
- A avaliación do alumnado nos ámbitos terá como referente fundamental as competencias e os obxectivos da ESO, así como os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables. Esta avaliación será continua e diferenciada, segundo os ámbitos do programa e as materias.
- O alumnado do PMAR será avaliado polo profesorado que imparte cada un dos ámbitos e materias, baixo a coordinación do profesorado titor do programa e do profesorado titor do grupo de referencia. As cualificacións dos ámbitos realizaranse nos mesmos termos que as materias.
- O alumnado que acceda  a un PMAR con materias pendentes de cursos anteriores realizará as actividades de reforzo e de apoio que lle pemitan recuperalas ao longo do desenvolvemento do programa, e a avaliación será competencia do profesorado que o imparta, coa colaboración dos departamentos implicados.
- O alumnado promocionará ao cuarto curso se supera todos os ámbitos e materias que integran o programa. Non obstante, poderá promocionar o alumnado que, tendo superados os ámbitos lingüístico e social e científico e matemático, teña avaliación negativa nunha ou dúas materias e, de maneira excepcional en tres, sempe que o equipo docente considere que o alumno ou alumna pode seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución educativa. Para estes efectos, o ámbito de linguas estranxeiras terá a consideración dunha materia.
- O alumnado poderá permanecer un ano máis no segundo curso do programa, sempre que o equipo docente considere esta medida como a máis adecuada para cursar cuarto curso da educación secundaria obrigatoria pola vía ordinaria, e obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
-  Para a recuperación das aprendizaxes non adquiridas, o alumnado que promocione a cuarto curso con materias ou co ámbito de linguas estranxeiras do PMAR pendentes, deberá seguir un programa de reforzo adaptado ás súas características e necesidades.

Referente lexislativo

No hay comentarios:

Publicar un comentario