31/1/14

Decálogo por unha ciberconvivencia positiva: animación

Co gallo da celebración cada 30 de xaneiro do Día Escolar da Non violencia e a Paz, PantallasAmigas, en colaboración con Habbo e o Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado (INTEF) e o Instituto de la Juventud (Injuve) en apoio á súa campaña No Hate Speech,  poñen a disposición da comunidade educativa un recurso didáctico en formato de animación que promove a convivencia no novo contexto dixital. É unha aportación para combater a violencia dixital, problema crecente no contorno escolar.


 

Decálogo pola ciberconvivencia positiva e contra o ciberbullying


1) Coidado dos datos alleos.

Os datos persoais dos demáis non te pertencen. Evita usalos ou publicar fotografías sen permiso.

2) Discreción.

Non reveles asuntos particulares de outras persoas aínda que penses que non lles vai importar.

3) Respecto e prudencia.

Diríxete ás demáis persoas con moito cuidado e respecto. Pode que non che entendan ben ou que teñan un mal día

4) Visión global e creativa.

Coida moito as bromas en público. Aínda que a persona implicada sepa que non é en serio, outras poden interpretalo mal.

5) Observación e empatía.

Cando entres nun lugar novo observa durante algúns días antes de actuar. Quizáis non sexa o sitio ou a xente que pensabas.

6) Xestión positiva de emociòns.

Se alguén te enfada, desconecta un rato. Pode tratarse dun malentendido ou algo non intencionado.

7) Compromiso e sensibilidade.

Cando vexas que algén comete unha imprudencia, fáillo saber de maneira discreta.

8 ) Implicación activa e constructiva.

Se pertences a unha comunidade ou rede, participa e contribúe de forma positiva

9) Tolerancia e participación.

Manifesta respecto polas opinións das demáis persoas e expresa a túa.

10) Solidariedade.

Se ves que alguén sufre trato inxusto e abuso trata de axudar evitando presuposicións e conflictos.


Adoptar o sentimento de pertenenza a unha comunidade e o compromiso coa mesma, comezando pola necesaria condición de convivencia apacible, é un exercicio preciso para lograr unha cidadanía dixital responsable. 

Fonte: Información tomada da web ciberbullying.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada