A Consellería de Educación da Xunta de Galicia elaborou, coa finalidade de establecer unhas pautas comúns de actuación, o Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia,
que ten un carácter básico e de referencia, de xeito que cada centro
educativo, dentro da súa competencia e autonomía, pode adaptalo á súa
realidade.
En consecuencia co anterior, a Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa, dentro das súas
competencias, ditou as Instrucións do 31 de xaneiro de 2014, co
propósito de trasladar o protocolo xeral e de facilitar a súa
aplicación nos centros educativos sostidos con fondos públicos da
Comunidade Autónoma de Galicia.

Para acceder ás instruccións, ao protocolo e aos seus anexos, tes que facer clic en cada unha das ligazóns
Nota: Os anexos están en formato word para facilitar a adaptación dos mesmos ao contexto do centro. As instruccións, o protocolo e a presentación están en pdf.
No hay comentarios:
Publicar un comentario