15/6/13

Estudar un ciclo de Formación Profesional (grao medio e grao superior)


Os estudos de Formación Profesional están en proceso de actualización como consecuencia da implantación da Lei 8/2013, para a mellora da calidade educativa (LOMCE) pola que se crean os novos ciclos de Formación Profesional Básica que substitúen aos Programa de Cualificación Profesional Inicial.

Nesta entrada imos ocuparnos únicamente dos ciclos de grao medio e superior. Estes ciclos están organizados en módulos con contidos teórico-prácticos que teñen como finalidade a adquisición das competencias necesarias para unha inserción laboral satisfactoria e o desempeño de diversas profesións.


1. ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

Teñen acceso a un CM os que posúan o título de ESO ou equivalente, un PCPI ou a superación da proba de acceso. 
Terase en conta a nota media acadada nos estudos que se acreditan.

2. ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR

Teñen acceso a un CS os que posúan o título de Bacharelato, equivalente ou proba de acceso superada. 
No caso de que houbera máis solicitudes que prazas, terase en conta que o alumno/a cursara una modalidade de bacharelato preferente. 
Terase en conta a nota acadada nos estudos que se acreditan.

Para a admisión debe realizarse unha solicitude:

Xuño: Prazo ordinario (se se cumpren os requisitos de acceso en xuño).

Setembro: Prazo extraordinario (se se cumpren os requisitos de acceso en setembro).

Para máis información sobre a FP de grao medio e superior en Galicia, consulta as seguintes ligazóns:


Se queres acceder a un ciclo de FP noutra Comunidade Autónoma, fai clic nas seguintes ligazóns: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario