11/2/15

Ciberacoso escolar. Guías para educadores e familias

Presento tres guías sobre o ciberacoso dirixidas, respectivamente, a profesorado, pais e pais e profesorado conxuntamente:
  1. Unha guía SOS para educadores que inclúe un protocolo de intervención para os centros escolares, así como unha guía para o traballo na acción titorial.
  2. Un decálogo de actuación para familias (sinxelo díptico).
  3. A segunda edición da guía de actuación contra o ciberacoso para pais e educadores. Nela abórdanse os aspectos educativos, preventivos e de actuación necesarios para combater o ciberacoso escolar (ciberbullying) e o ciberacoso sexual a menores (grooming).
Estas guías son froito da colaboración dun equipo de expertos desde diferentes ámbitos e experiencias que puxeron o seu coñecemento ao servizo dos contornos educativo e familiar. Están publicadas no catálogo de recursos da web chaval.es.
 

Accede ás guías facendo clic nas respectivas imaxes

http://www.chaval.es/chavales/sites/default/files/Guia_SOS_Educadores_vf_pi.pdf



http://www.chaval.es/chavales/sites/default/files/diptico_decalogo_ciberacoso_vf.pdf


http://www.chaval.es/chavales/sites/default/files/Guia_Actuaci%C3%B3n_contra_Ciberacoso_vf_pi.pdf



No hay comentarios:

Publicar un comentario