10/2/15

Rumbo ao emprego 2.0. Guía

Guía básica de introducción á busca de emprego utilizando para elo a Rede 2.0. Editada pola Universidade de Alicante, nela se analiza a marca persoal e a súa relación co emprego 2.0, así como algunhas redes sociais onde é preciso posicionarse para maximizar as oportunidades de atopar traballo. Tamén se proporciona aos candidatos na percura de emprego unha guía para coñecer en profundidade as entrevistas persoais. 

Comprende as redes sociais máis relevantes, como Facebook, Linkedin, Twitter e google +. Inclúe así mesmo unha parte dedicada á marca persoal e a como realizar entrevistas de traballo.

A guía foi elaborada por cinco profesionais do sector dos recursos humanos, a marca persoal, a formación e a orientación laboral (Sabina Serrano, Isabel Iglesias, Eduardo Moreno, Víctor Candel y Miguel Ángel Riesgo).

Fai clic na imaxe para acceder á guía

http://www.doeua.es/wp-content/uploads/2013/10/Rumbo-Al-Empleo-2.0.pdf



No hay comentarios:

Publicar un comentario