19/2/14

Guía para o desenvolvemento de habilidades sociais en adolescentes

Guía elaborada pola asociación de apendizaxe "Mind the Gap" no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente da Comisión Europea Grundtvig (2007-2013). Trátase dun documento de carácter fundamentalmente práctico que recolle intervencións realizadas con xoves adultos (entre 16 e 25 anos) cun baixo nivel de habilidades sociais. 

A finalidade do proxecto é compartir, comparar e avaliar os diferentes procedimentos e metodoloxías de ensinanza das habilidades sociais coa finalidade de mellorar a calidade da formación que se oferta. Por outra banda, espérase que a guía sexa de utilidade para os profesionais que traballan con xoves en risco de exclusión social.

A guía está composta por catro seccións relacionadas cos catro temas que foron considerados chave para a adquisición e o desenvolvemento de habilidades sociais:
  • Autoestima e autocoñecemento
  • Comunicación interpersoal e resolución de conflictos
  • Orientación laboral
  • Educación intercultural e cidadanía europea



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada