23/2/14

Abre os ollos: o amor non é cego

Material para traballar a prevención da violencia de xénero publicado polo Instituto Andaluz da Muller da Consellería para a Igualdade e Benestar Social e destinado a adolescentes, profesorado e familias. A guía está orientada á toma de conciencia respecto das formas de violencia de xénero que poden estar vivindo algunhas rapazas adolescentes e/ou xoves nas súas relacións de parella.

Entre os contidos abordados figuran os seguintes:
  • Cando o amor é violencia, como detectala?
  • Novos ámbitos nas relacións de parella: as redes sociais e Internet.
  • Como saír dunha relación que non nos gusta.
  • Outros tipos de relacións de parella son posibles.
  • Decálogo para as familias: como darnos conta? que facer?
  • Decálogo para o profesorado: como darnos conta? que facer?
A guía inclúe así mesmo un conxunto de dinámicas para traballar co alumnado e unha relación de recursos relacionados coa temática.



Fonte: Blog de Orientación Educativa y Tutoría

No hay comentarios:

Publicar un comentario