Adaptación e traducción ao español da publicación orixinal inglesa Index for Inclusion, da que son autores Tony Booth y Mel Ainscow. Texto eminentemente práctico e versátil que inclúe un conxunto de materiais para apoiar ás escolas no proceso de desenvolvemento cara unha educación máis inclusiva. O obxectivo é construir comunidades escolares que apoien o fomento de altos niveis de logro para todos os escudantes. Para elo, promóvese unha análise e reflexión a fondo sobre todo o que forma parte da vida nun centro escolar.
A guía implica unha autoavaliación das culturas, as políticas e as prácticas escolares, empregando para elo un conxunto de indicadores, cada ún asociado con preguntas concretas. A través desta exploración identifícanse as barreiras á aprendizaxe e á participación existentes no centro, determínanse as prioridades de desenvolvemento e póñense en práctica as innovacións consensuadas pola comunidade educativa.
Para acceder á publicación, fai clic na imaxe
Fonte: Blog Orientación Andújar
No hay comentarios:
Publicar un comentario