Guía editada pola CEAPA (Confederación Española de Asociaciones de padres y madres de alumnos) na que se analiza cal debe ser o papel da familia no estudo dos fillos e fillas. Os obxectivos perseguidos son os seguintes:
- Concienciar da importancia do papel dos pais e nais no rendemento escolar dos seus fillos e fillas.
- Coñecer os factores que inflúen no seu rendemento escolar e no éxito escolar.
- Proporcionar orientacións xerais e prácticas para que pais e nais poidan axudar aos seus fillos e fillas.
- Aportar ferramentas de técnicas de estudo.
- Facilitar pautas para facer fronte ás posibles dificultades que poidan xurdir.
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario